502 [= RM 25,57]
Nunca Deus fez tal coita qual eu ei

Nunca Deus fez tal coita qual eu ei
con a ren do mundo que máis amei,
des que a vi, e am’e amarei:
noutro dia, quando a fui veer,
o demo lev’a ren que lh’eu falei
de quanto lh’ante cuidar’a dizer!
Mais, tanto que me d’ant’ela quitei,
do que ante cuidava me nembrei,
que nulha cousa ende non minguei;
mais quand’er quis tornar po-la veer
a lho dizer, e me ben esforcei,
de lho contar sol non ouvi poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 504, V 87

Edicions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 18 [= LPGP 203-204]); Nunes (1972 [1932]: 74); Eirín (2015: 83); Littera (2016: I, 169); Fassanelli (2021: 38).
II. Outras edicións: Moura (1847: 12-13); Monaci (1875: 40); Braga (1878: 18); Machado & Machado (1952: III, 12); Júdice (1997: 84); Montero Santalha (2004);  Rios Milhám (2018b: III, 502).

Variants manuscrites


2 mundo] mondo B   3 des] edes BV   6 ante] ance B   7 quitei] q̄rey B   10 quis] qⁱx V   11 esforcei] esforcer B

Variants editorials


3 des] e, des Nunes; e] om. Nunes   6 cuidar’a] cuidára Lang : cuydara Nunes : cuidara Eirín, LitteraFassanelli   8 cuidava] cuidára Lang   10 quis] quix Lang, NunesFassanelli

Paràfrasi


(I) Nunca Deus fixo unha coita cal a que eu padezo coa persoa do mundo que máis amei desde que a vin, e amo e amarei: o outro día cando a fun ver, leve o demo o pouco que lle falei de todo canto antes lle pensaba dicir.

(II) Mais, así que me fun de diante dela, do que antes pensaba me lembrei sen que me faltase ningunha cousa; mais cando quixen tornar para a ver e llo dicir, e ben me esforcei en facelo, non fun quen de llo contar.

Mètrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= RM 13:12)

Notes


Text
  • 3

    A hipermetría do verso indica que é necesaria a expunción da copulativa inicial, tal como xa fixo Lang, contrariamente á decisión editorial de Nunes, que preferiu omitir a conxunción que liga amei (v. 2) con am’e amarei (v. 3). Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). 

  • 5-6

    A frase desiderativa o demo lev’a ren que lh’eu falei / de quanto lh’ante cuidar’a dizer!, coa presenza da construción levar o demo (máis frecuente no xénero satírico), confire un certo carácter coloquial á composición, tal como volve acontecer noutra cantiga de Don Denis (véxase 578.7-8).
    Nótese a variación lingüística entre comendar (I-II) e acomendar (III), moi similar á producida na cantiga 169 (véxase nota a 31.5). De calquera maneira, este é o único rexistro de comendar, face a acomendar, que aparece sempre na expresión acomendar ao demo: E ao demo vou acomendar / prez deste mundo e armas e lidar (484.29), A dem’acomend’eu Amor (901.25).

  • 6

    Consideramos conveniente a segmentación de <cuydara> (a lección cuidava de Lang é errada) para a perífrase cuidar + a + infinitivo, construción maioritaria na lingua trobadoresca.

  • 10

    Para alén das formas quise (véxase nota a 56.14) e quiso (véxase nota a 53.16), quis pode presentar a variante monosilábica con palatalización da alveolar final quix (véxase nota a 74.13). Neste caso os manuscritos presentan lección diverxente (quis B, quix V), o mesmo que acontece en 135.18 (quix A vs. quis B) e 528.7 (quis B vs. quix V).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat