No final do texto da cantiga en V aparece a seguinte anotación: <m̃ codaz esta nō acho pōcada>.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 440 [= LPGP 618]); Lopes (1963: 60); Cohen (2003: 511); Littera (2016: II, 90).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 301); Braga (1878: 165); Machado & Machado (1956: V, 389); Monteagudo (1998b: 141); Montero Santalha (2004).
3 sa coita] assa coyta BV 5 coitado] cuydado V
1 santa] Sancta Lopes 2 o que se de mí enfinge] o que se de mi tant’enfinge Nunes : [ca] o que se de mi enfinge Cohen, Littera 3 sa coita] a sa coita Nunes, Cohen, Littera : a ssa coyta Lopes 4 Deus] Deus [dê] Nunes 5 que é] qu’é Nunes : que e Lopes 6 perjurado] [meu] perjurado Nunes
Nunca vin mellor ermida nin máis santa: do que se vangloria de min e me canta dixéronme que a súa coita se acrecenta por min –Deus, a Vós grazas– e din que está triste por min o perxuro.
Esquema métrico: 11’a 11’a 11’a 6’b 8’b 6’b
Encontros vocálicos: 1 Nunca‿eu
Esta cantiga semella fragmentaria ou incompleta. Asemade, pola ausencia de máis estrofas a métrica da composición non é segura (mesmo os tres útlimos versos poderían ser o refrán), feito que explica os intentos de nivelación que se perciben na edición de Nunes.
Por outra banda, a anotación de V (<m̄ codaz esta nō acho pōcada>) parece facer referencia á cantiga VI de Martin Codax, que non presenta notación musical no Pergamiño Vindel (véxase Gonçalves 2016 [1989]).
Cohen (e Littera) liga sintacticamente os vv. 1-2 introducindo a conxunción ca (coa conseguinte sinalefa enfinge‿e) que non é necesaria se puntuarmos de modo axeitado no final do v. 1.
A medida hendecasilábica dos tres primeiros versos aconsella omitir o artigo para restaurar a isometría, igual que acontece noutras pasaxes do corpus en que a súa presenza é claramente espuria, pois son casos de estruturas paralelísticas ou de repetición do refrán. Véxanse, por exemplo, 943.17 (V vs. B), 1081.5 (BV) ou 1298.4 (BV).
Para alén do lapso de V, a variante confirma que entre os dous apógrafos italianos a variación -oi-/-ui- en coitado/cuitado é escasa, pois, en xeral, aparece entre o Cancioneiro da Ajuda vs. Cancioneiro da Biblioteca Nacional (cfr. nota a 70.1). Na realidade, a variación -oi- B / -ui- V só se rexistra nesta voz (véxase tamén 570.9, 575.4, 1212.2). Véxase Monteagudo (2013 e 2015).