150 [= RM 97,25]
Nunca tan coitad’ome por moller

Nunca tan coitad’ome por moller
foi com’eu por ũa que me non quer
fazer ben; pero, se mi-o non fezer,
é cousa guisada
de non viver nada:
se me Deus non der
ben da ben-tallada,
nen vida longada
non mi á min mester.
Mellor me seria a min de morrer
ca sempr’, assi como vivo, viver
coitado pola que non quis dizer
a min noutro dia
o per que guarria:
perque gran prazer
ela me faria,
par Santa Maria,
non mi-o quis fazer.
E, poi-la eu vi, sempre a vi punnar
en me de seu preito e de sí quitar;
mais agora ja, por me máis coitar,
por ende me disse
que a nunca visse
en logar estar
que ll’eu non fogisse,
e que a non visse
por mí me matar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscrits


A 63, B 174

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 132-133); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 117-118 [= LPGP 986]); Littera (2016: II, 560).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 71); Carter (2007 [1941]: 39); Marques Braga (1945: 128-129); Machado & Machado (1949: I, 264-265); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 150).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 214).

Variantes manuscrites


2 foi] fuj B; me] mj B   3 mi-o] nho B   4 guisada] guissada A   6 me] mj B   7 da ben-] om. A   9 min] mj B   10 Mellor] e mellor A : Enelhor B; me] mj B   14 guarria] guaria A : guariria B   17 Santa] scā B   20 en] ca B   25 fogisse] fugisse B   27 mí me] me me A : me B

Variantes éditoriales


2 foi] fui Bertolucci Pizzorusso, Littera   6 me] mi Bertolucci Pizzorusso, Littera   7 da ben] [da ben] Michaëlis   8 vida longada] vid’alongada Bertolucci Pizzorusso, Littera   9 min] mi Bertolucci Pizzorusso   10 Mellor me] E melhor mi Bertolucci Pizzorusso : Melhor mi Littera; seria] seri(a) Michaëlis   13 noutro] ‘n outro Michaëlis   15 perque] Porque Michaëlis   19 sempre] sempr(e) Michaëlis : sempr’ Bertolucci Pizzorusso, Littera   20 preito e] preit(o) e Michaëlis   25 fogisse] fugisse Bertolucci Pizzorusso, Littera   27 mí me] [én] Michaëlis : [en] me Bertolucci Pizzorusso : m'ende Littera

Paraphrase


(I) Nunca un home foi tan coitado por unha muller como eu o fun por unha que non me quere facer ben; mais, se mo non fixer, é cousa certa que eu non viva nada: se Deus non me der ben da ben feita, nin sequera unha vida moi longa me é precisa.

(II) Mellor me sería a min morrer antes que vivir sempre coitado, tal como vivo, pola que non me quixo dicir o outro día (aquilo) polo que eu me salvaría: porque ela me faría un gran pracer, por Santa María, non mo quixo facer.

(III) E desde que eu a vin, sempre a vin esforzarse en me afastar de si e de tentar unha relación con ela; mais agora xa, para me coitar máis, por iso me dixo que, sempre que a vise estar nun lugar, que lle fuxise, e que non a vise cos meus propios ollos matarme.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 5’b 5’b 5a 5’b 5’b 5a (= RM 18:1)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o; 9 miá; 10 se·ri·aa; 18 mi-‿o; 19 semprea; 20 preitoe

Notes


Texte
  • *

    Cantiga anónima tamén atribuída, igual que a cantiga 149, a Martin Soarez e a Roi Gomez de Briteiros.

    As similitudes métricas desta cantiga cunha composición escarniña de Lopo Lias (UC 1368, A dona fremosa do Soveral) foron indicadas e estudadas en Canettieri & Pulsoni (2003: 126-133).

  • 2

    A utilización de eu como segundo termo da comparación introducida por come é levemente minoritaria, pois só volve aparecer en 150.2, 723.20, 978.8, 1074.51593.r2 e 1609.16 face á habitual construción come mi(n) (42.21, 128.27, 142.19, 218.14, 953.3, 1074.3, 1140.6 e 11), en liña co que acontece no galego moderno, onde só é posíbel coma min. De igual maneira, no corpus tamén non aparece eu como segundo termo da comparación introducido por ca, feito moi raro na lingua medieval de que achamos escasísimas mostras. Véxase, por exemplo, nun documento de 1324, de Ferreira de Pantón:

    pero si vos Domingo dos Sãõs, meu yrmao, ante morrerdes ca eu, que vos leyxedes o meu livre e quito en paz a min ou a quen eu mande (Fernández de Viana y Vieites 1994: 55).

  • 4

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <guissada> neste verso, véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21), <dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (268.2, 275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>) e <oussen> ous’én (268.3), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 8

    A opción editorial de Michaëlis (vida longada), rexeitada nas edicións posteriores, semella a correcta, a teor da diferenza semántica entre alongar (‘afastar, distanciar fundamentalmente no espazo’) e longar, que se manifesta no corpus trobadoresco coa forma longado do participio (‘prolongado, longo’) en Pero da Ponte (cfr. nota a 131.6): 

    Con est’afan tan longado
    en forte pont’eu fui nado (985.7). 

  • 9

    É frecuente que na secuencia á min se omita a preposición. Véxase nota a 117.14.

  • 10

    A copulativa inicial nos dous relatores (co espazo en branco en A, mais existente na marxe) converte en hipermétrico o verso, de modo que non debe ser incorporada, a pesar da opción de Michaëlis e Bertolucci Pizzorusso. Neste sentido, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

  • 14

    O sentido solicita unha forma verbal en pospretérito (tal como se desprende da lección de B), de modo que o <guaria> de A ben pode ser un lapso de copia con omisión de <r>. Enténdanse, pois, os v. 10-14: ‘seríame mellor morrer antes que vivir coitado sempre (tal como vivo) pola sennor que non me quixo dicir aquilo polo que eu podería sobrevivir ao seu amor’.

  • 15

    A pesar do frecuente uso de per, é rara a súa combinación con que na conxunción perque, fronte ao xeral porque, xa que só se rexistra en 39.7, 74.11, 84.4, 150.15, 263.23, 376.6, 976.18, 1440.44 e 1451.211 .

  • 25

    A copia de A mantén fronte a B a forma máis antiga de fogir. Cfr. nota a 42.14.

  • 27

    Perante o obvio erro de copia neste verso en ambos os manuscritos semella que a opción editorial máis económica e axeitada para o contexto se basea na consideración do erro <me>/<mi> (véxase o mesmo lapso en A en 202.13, para alén da omisión en B). Deste modo, a expresión por mí no contexto dos dous últimos versos, equivale a ‘cos meus propios ollos, por min mesmo’: estando lonxe, por prohibición expresa da dama –motivo fundamental da cantiga– o trobador non podería contemplar cos seus propios ollos como ela o mataba.

  1. ^

    Nas cantigas 976 e 1421 en V aparece a lección porque.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé