553 [= RM 25,58]
Nunca vos ousei a dizer

Nunca vos ousei a dizer
o gran ben que vos sei querer,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de que vos praz de mi fazer.
Nunca vos dixi nulha ren
de quanto mal mi por vós ven,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de mi fazerdes mal ou ben.
Nunca vos ousei a contar
mal que mi fazedes levar,
senhor deste meu coraçon;
mais aque-m’en vossa prison,
de me guarir ou me matar.
E, senhor, coita e al non
me forçou de vos ir falar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manoscritti


B 536, V 139

Edizioni


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 52-53 [= LPGP 204]); Nunes (1972 [1932]: 170-171); Littera (2016: I, 200).
II. Outras edicións: Moura (1847: 89-90); Monaci (1875: 58); Braga (1878: 28); Machado & Machado (1952: III, 134); Júdice (1997: 132); Montero Santalha (2004).

Varianti manoscritte


3 meu] meo B   5 de] do B; praz] prax B; fazer] faxer B   10 fazerdes] faxer des B   14 vossa] nossa B   15 ou] o B

Varianti editoriali


En Lang o refrán está constituído polos vv. 4-5 de cada estrofa, mentres Nunes fala en nota dun refrán constituído por un único verso (v. 4).

5 de que] do que Littera

Parafrasi


(I) Nunca vos ousei dicir o moito que vos sei amar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, tal como vos prace terme.

(II) Nunca vos dixen nada de canto mal me vén por causa de vós, señora deste meu corazón, mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me facerdes ben ou mal.

(III) Nunca me atrevín a contarvos o mal que me facedes levar, señora deste meu corazón; mais velaquí estou na vosa prisión, (á espera) de me salvardes ou me matardes.

(1) E, señora, a coita e non outra cousa me forzou a vos ir falar.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8a 8B 8B 8a + 8b 8a (= RM 38:2)

Note


Testo
  • 1

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (tamén no v. 11). Véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 448.8, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 4

    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 246.6, 268.8, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ):

                  ... E en pe
    sse levou e diss’: «Aque
    m’estou tod’aprestidado
    De log’ir»
    (CSM 135.109).

    E diz un a outr’: «Aque o
    angeo que ven do ceo,
    que alça aquele veo
    e faz no aire parar»
    (CSM 405.36).

  • 12

    Nótese a omisión do artigo («unca vos ousei a contar / [o] mal que mi fazedes levar») que por veces se manifesta no corpus. Eis algunhas pasaxes:

    E, ja que vos comecei a dizer 
    ben que vos quero, quero-vos rogar 
    que vos non pes... (237.16); 

    ca, de pran, est’é oje máis de ben 
    que ei (242.15); 

    Nunca vos ousei a contar 
    mal que mi fazedes levar (553.11-12); 

    tornade-vos máis cedo que poderdes (832.3) etc. 

Cerca
    Nessun risultato trovato