34 [= RM 47,17]
O gran cuidad’e o afan sobejo

O gran cuidad’e o afan sobejo
que mi a mí faz a mia senhor levar,
se a eu ora mui cedo non vejo,
ja o eu non poderei endurar;
e non o digo por me lhi queixar,
mais por[que] cuid’a morrer con desejo.
Por [e]sto, ca [non] por al, sofre-lo-ia
quanto xe m’ela quisesse fazer
mentr’eu vivesse; mais non poderia,
se a non visse mui cedo, viver,
nen a min non me devia a prazer,
ca, sen vee-la, que prol mi terria?
Por eu viver como vivo, coitado,
des quando m’eu parti de mia senhor,
de tal vida non poss’eu aver grado,
da que me faz viver tan sen sabor
como quen ten a morte por melhor
e seria dela mui máis pagado.
Pero ben vos digo que, se podesse
d’algũa guisa mia senhor veer,
u lh’eu meu mal e mia coita dissesse,
no[n] á ren per que quisesse mor[r]er,
sol que eu viss’o seu bon parecer,
nen á no mundo coita que ouvesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 60

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 684-685 [= LPGP 320-321]); Littera (2016: I, 355).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 20); Machado & Machado (1949: I, 79-80); Rios Milhám (2017: I, 34).

Variantes manuscritas


6 morrer] moirer B   7 Por [e]sto] Por [  ]sto B   24 nen] nō B

Variantes editoriais


7 [non]] om. Michaëlis, Littera   11 devia a prazer] devi(a) a prazer Michaëlis : devia aprazer Littera   19 vos] vos Michaëlis   24 nen] nom Littera

Paráfrase


(I) A gran coita e o excesivo afán que a min me fai levar a miña señora, se agora a eu non vexo moi cedo, xa eu non o poderei soportar; e non o digo por me lle queixar (sen causa), senón porque penso que vou morrer de desexo. 

(II) Por isto, e non por outra razón, sufriría canto ela me quixese facer mentres eu vivise; mais non podería vivir se a non vise moi cedo, nin me debería agradar (a vida), porque, sen a ver, que proveito me tería? 

(III) Por eu vivir como vivo, coitado, desde que me separei da miña señora, de tal vida eu non podo sentir agrado: da que me fai vivir tan sen gusto como aquel que considera que a morte é mellor e se sentiría por ela máis recompensado. 

(IV) Mais ben vos digo que, se puidese dalgún modo ver a miña señora, onde lle eu puidese falar do meu mal e da miña coita, non hai ren polo que quixese morrer con só que eu vise a súa bela figura, nin existe no mundo sufrimento que eu sentise.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a (= RM 79:6)

Encontros vocálicos: 2 mia; 7 -lo-‿i·a; 11 de·vi·aa

Notas


Texto
  • 7

    É necesaria a presenza do adverbio de negación, que fai parte da repetida expresión ca non por al (167.18, 188.20, 246.4 e 1083.16), que, por súa vez, concorre con ca non por outra ren (103.18, 199.10 e 926.5). En consecuencia, é precisa a sinalefa en sofre-lo͜͜͜-ia. Téñase en conta que a omisión dun elemento de escaso corpo fónico como este adverbio é relativamente frecuente ao longo dos cancioneiros, nomeadamente dos apógrafos italianos: 63.12, 380.13, 494.31, 590.13, 783.12 etc.

  • 11

    A perífrase dever + a + infinitivo é esmagadoramente maioritaria fronte á construción sen preposición, feito que aconsella o mantemento da segmentación gráfica presente en B; para alén disto, a variante aprazer no corpus profano só se rexistra na frase se vos aprouguer (véxase Glosario: s.v. prazer1). Véxase tamén 54.10 e 73.18.

Procurar
    Não foram encontrados resultados