1014 [= RM 63,46]
O meu amigo non pod’aver ben

O meu amigo non pod’aver ben
de mí, amiga, vedes por que non:
el non mi-o diz, assi Deus mi perdon,
nen lho dig’eu, e assi nos aven:
el con pavor non mi-o ousa mentar,
eu, amiga, non o posso rogar.
E gran sazon á ja, per bõa fe,
que el[e] meu ben podera aver
e ja máis nunca mi-o ousou dizer;
e o preito direi-vos eu com’é:
el con [pavor non mi-o ousa mentar,
eu, amiga, non o posso rogar].
E gran temp’á que lh[o] eu entendi,
que mi-o disseron, mais ouv’i pavor
de mi pesar e, par Nostro Senhor,
p[ro]uguera-m’end’, e [e]stamos assi:
el con pavor non mi-o ousa mentar,
[eu, amiga, non o posso rogar].
E o preito guisad’en se chegar
era, mais non á quen i o começar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


V 600

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 261-262); Rodríguez (1980: 163 [= LPGP 393]); Cohen (2003: 544); Littera (2016: I, 444).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 214); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 234); Machado & Machado (1960: VII, 87-88).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 32); Alvar & Beltrán (1989: 291-292).

Manuscript variants


2 amiga] amigas V   5 el] ci V   6 rogar] roguar V   10 preito] piuo V   15 p[ro]uguera] pugnera V   20 começar] comezar V

Editorial variants


2 amiga] amigas Nunes   5 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera   8 el[e]] el [o] Nunes   11 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera   13 que lh[o] eu] [já] que lh’eu Nunes   14 que] ca Cohen; ouv’i] houvi Littera   17 ousa mentar] ous’a mentar Nunes : ousa ‘mentar Cohen, Littera   20 non á quen i o] non o quiso Nunes : non á quen o Cohen : nom há quen’o Littera

Paraphrase


(I) O meu amigo non pode recibir ben de min, amiga, vede por que non: el non mo di, así Deus me perdoe, nin llo digo eu a el, e así nos acontece: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.

(II) E xa hai moito tempo, abofé, que el puidera gozar do meu ben e nunca xamais mo ousou dicir; e o asunto direivos como é: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.

(III) E hai moito tempo que eu llo entendín, porque mo dixeron, mais el tivo moito medo alí de me causar pesar e, por Noso Señor, agradaríame moito iso, e así estamos: el con pavor non mo ousa mentar; eu, amiga, non llo podo rogar.

(1) E o asunto estaba disposto para se consumar, mais non hai quen o comece.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:87) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 20 io

Notes


Text
  • 2

    O refrán da cantiga, coa interpelación a unha amiga, parece confirmar que a lección <amigas> sería un erro de V por <amiga>.

    Non obstante, tamén se podería considerar que o plural amigas fose unha interpelación ás amigas, mentres que no refrán amiga sería unha referencia a si mesma, que si se sente amiga (disposta a corresponderlle e a fazer ben ao amigo) e como tal non pode ser ela quen tome a iniciativa de rogar ao amigo.

  • 5

    O texto de V permite a segmentación da preposición a para a construción ousar + a + infinitivo, que Nunes propón na súa edición. Con todo, no corpus trobadoresco profano prevalece a ausencia da preposición neste complexo verbal (véxase nota a 167.11).

    No relativo a mentar, esta variante xa presenta a aférese inicial de e- que se consolidou na lingua moderna e de que achamos unha ocorrencia antiga na obra Menina e Moça de Bernardim Ribeiro (a mediados do século XVI): Mas, ao mentar do cavaleiro que ela fez, ouvio ele como per sonhos (cfr. CGPA, s.v.). Talvez por isto Cohen (e Littera) suxire unha crase a través de ‘mentar.

  • 20

    Para alén da inxustificada refacción textual de Nunes, a sinalefa io fai prescindíbel a expunción de i que Cohen (e Littera) propón (cfr., por exemplo, iaviltar, 7.10; iora (1334.13). Neste sentido, non é necesaria a emenda proposta por Gonçalves (1983: 109) para converter o adverbio pronominal i no pronome de interese xi: ...mais non á quen [x]i-o começar.

Search
    No results