I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 56); Radulet (1979: 86 [= LPGP 269]); Cohen (2003: 346); Littera (2016: I, 285).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 241); Braga (1878: 130); Machado & Machado (1956: V, 125).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 363); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 51).
2 perdeu] per den V 3 quis que] quis me V; morreu] moireu B 4 eu] en B 6 e desensandece-l’-ei] he des en sandētaley B : he đs en sandentaley V 7 vos] uos BV; mia] mħa V; perdon] p̃don V 10 guarra] guaira B 15 guarria] guairia B; ca] ea V; grand’] grãd B : grande V 16 i] om. V; des] de B 17 queira] q̅rra V
3 que inda] que me inda Nunes, Cohen : que m’inda Littera 5 quera] que[i]ra Nunes, Radulet 11 quera] que[i]ra Nunes, Radulet 13 min] mi Nunes 15 grand’amor] grande amor Cohen 16 visse i; se non] visse, e se non Nunes, Cohen, Littera : viss’; e se non Radulet 17 queira] que[i]ra Nunes : quera Cohen, Littera
(I) O meu amigo, que perdeu o sentido por min, ai madre, volveuse tolo, e, pois Deus quixo que aínda non morrese e a vós vos pesa que eu o ame, para que me queira mal xa, fareime parecer fea e tornareino á cordura.
(II) Por Deus vos rogo perdón, miña nai, para que mo deixedes ver unha vez, porque lle quero dicir unha cousa que o fará sandar, se me ve, e, se non, para que me queira mal xa, fareime parecer fea e tornareino á cordura.
(III) E el perdeu a cabeza por min, que lle dei esta coita, madre e señora, e sandaría, porque me ten un amor moi grande, se me vise alí; se non, desde agora, para que me queira mal xa, fareime parecer fea e tornareino á cordura.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:46)
Encontros vocálicos: 8 mi͜-o; 14 lhi‿esta; 15 mi‿á
Neste verso tanto Nunes como Cohen (e Littera) interpretan que en B está ausente o pronome me, transmitido por V, códice en que faltaría a conxunción que; deste modo, fixan un texto (sen problemas métricos, ao consideraren a existencia de sinalefa no encontro me inda) que inclúe me: e, pois Deus quis que me inda non morreu. Porén, os datos relativos aos erros de copia dos apógrafos apuntan a que a lección <me> de V constitúe unha cativa interpretación de <que>, tal como mostran os repetidos erros <que>/<me> (a través da equivalencia <qu> → <ch> → <m>) en 944.2, 1233.7 ou 1666.5 (véxase Ferreiro 2012c: 546-547).
No que respecta á variante reducida do adverbio ainda, en xeral precedida de ca1 , atéstase por veces no corpus (67.21, 68.12, 853.3, 1099.13), a convivir coa maioritaria ainda e a esporádica einda (véxase nota a 70.9).
A secuencia do verso permite unha outra interpretación se segmentamos perdon en per don: deste modo, a conxunción que (v. 8) sería completiva en vez de final:
Por Deus vos rogo, mia madre, per don,
que mi-o leixedes ũa vez veer,
ca lhi quer’eu ũa cousa dizer
per que guarra, ...
Con todo, aténtese en que a construción habitual na lingua medieval é dar per don ou pedir per don, e que a construción rogar perdon se rexistra nas Cantigas de Santa Maria: Ai, Santa Maria, por esto perdon te rogo (CSM 253).
Todos os editores emendan sen necesidade a lección dos manuscritos, e omiten o adverbio i, testemuñado por B.
Nótese como nesta ocorrencia do refrán se introduce unha leve variante morfolóxica na P3 do presente de subxuntivo de querer, coa xeral forma queira, a contrastar con quera das estrofas I-II, forma etimolóxica minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco (cfr. nota a 73.16). Véxase nota a 27.4.
Nestes contextos a variante ainda provocaría unha sinalefa anómala coa conxunción comparativa (véxase Ferreiro 2012b).
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.