786 [= RM 81,14]
O meu amigo, que sempr[e] amei

O meu amigo, que sempr[e] amei
d[e-l]o primeiro dia que o vi,
ouv’el un dia queixume de mí,
non sei por que; mais logo lh’eu guisei
que lhi fiz de mí queixume perder:
sei-m’eu com’e non o quero dizer.
Porque ouv’el [de mí] queixume, os meus
olhos choraron muito con pesar
que eu ouv’én, poi-lo vi assanhar
escontra mí; mais guisei eu, par Deus,
que lhi fiz de mí [queixume perder:
sei-m’eu com’e non o quero dizer].
Ouv’el de mí queixum’e ũa ren
vos direi que mi avẽo des enton:
ouv’én tal coita no meu coraçon
que nunca dormi e guisei por én
que lhi fiz de mí [queixume perder:
sei-m’eu com’e non o quero dizer].
E quen esto non souber entender
nunca én máis per mí pode saber.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 789, V 373

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 182-183 [= LPGP 556]); Cohen (2003: 257); Fregonese (2007: 99); Littera (2016: II, 13-14).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 142); Braga (1878: 70-71); Machado & Machado (1953: IV, 88).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 63-64); Piccolo (1951: 158-159); Nunes (1959: 324-325); Landeira Yrago (1975: 270); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 128); Arias Freixedo (2003: 556-557); Magalhães (2007: 96).

Variantes manuscritas


13 queixum’e] qixume B

Variantes editoriais


1 sempr[e] amei] [eu] sempr’amei Nunes, Cohen, Littera   7 ouv’] ouv[e] Nunes, Fregonese; [de mí]] om. Nunes   15 én] en Nunes

Paráfrase


(I) O meu amigo, que sempre amei desde o primeiro día que o vin, tivo el un día queixa de min, non sei por que; mais logo eu dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(II) Porque el tivo queixa de min, os meus ollos choraron moito co pesar que iso me causou, pois vino asañarse contra min; mais eu, por Deus, dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(III) El tivo queixume de min e direivos unha cousa que me acontece desde entón: tiven tal coita no meu corazón que non durmín máis e por iso dispuxen de tal xeito que lle fixen perder o queixume de min: eu sei ben como e non o quero dicir.

(1) E quen isto non souber entender nunca de min poderá saber máis sobre iso.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:153)

Encontros vocálicos: 7 queixume,os; 14 miavẽo

Notas


Texto
  • 1

    A reposición da vogal final de sempre é máis económica do que a reintegración do pronome eu efectuada por Nunes, Cohen e Littera. Téñase en conta que a dialefa de sempre coa voz seguinte é relativamente frecuente no corpus: sempre | atendi (1.27), sempre | a (67.14, 162.6, 166.9) etc.

  • 4

    Nótese que a crase en lh’eu encobre unha forma pronominal contracta lho.

  • 7

    A hipometría neste verso é facilmente sanada a partir do seu paralelismo cos vv. 3 e 14, que solicitan a introdución de de mí, ao tempo que persiste a crase ouv’el, alterada nas edicións de Nunes e Fregonese.

              ouv’el un dia queixume de mí (v. 3)

              Porque ouv’el [de mí] queixume, os meus (v. 7)

              Ouv’el de mí queixum’e ũa ren (v. 14)

Procurar
    Não foram encontrados resultados