492 [= Tav 18,30]
O que foi passar a serra

O que foi passar a serra
e non quis servir a terra
é ora, entrant’a guerra,
que faroneja?
Pois el agora tan muito erra,
maldito seja!
O que levou os dinheiros
e non troux’os cavaleiros
é por non ir nos primeiros
que faroneja?
Pois que ven con nos prostumeiros,
maldito seja!
O que filhou gran soldada
e nunca fez cavalgada
é por non ir a Graada
que faroneja?
Se é ricome ou á mesnada,
maldito seja!
O que meteu na taleiga
pouc’aver e muito meiga
é por non entrar na Veiga
que faroneja?
Pois chus mol[e] é que manteiga,
maldito seja!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 494, V 77

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 44-45 [= LPGP 155]); Paredesa (2001: 301); Lopes (2002: 86); Paredesb (2010a: 273); Littera (2016: I, 103).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 36); Braga (1878: 16); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 182-183); Machado & Machado (1950: II, 374-375); Paredes (2010b: 192-195); Paredes (2010c: 135-136); Rios Milhám (2018b: III, 492).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 133-134); De la Iglesia (1886: II, 239-240); López-Aydillo (1914: 33); Pellegrini (1928: 20); Seoane (1941: 58-59); Nemésio (1961 [1949]: 99); Oliveira & Machado (1959: 139-140); Fonseca (1971: 97-98); Landeira Yrago (1975: 248-249); Torres (1977: 52); Correia (1978: 192); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 54); Gonçalves & Ramos (1983: 199); Deluy (1987: 162); Dobarro Paz et alii (1987: 111); Tavares & Miranda (1987: 30-31); Montoya (1988: 299-300); Alvar & Beltrán (1989: 187-188); Pena (1990: 251-252); Sansone (1990: 216); Jensen (1992: 44); Alonso Girgado (1992: 17, 20); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 67); Magalhães (2007: 124); Alvar & Talens (2009: 444).

Variantes manuscritas


2 servir] (sƥeur) sƥmr B : ffuir V   5 muito] inujto B   6 maldito] mal dc̄o B : mal dicto V   8 troux’os] trouxes B   9 e] o V; primeiros] p’m’es B   11 ven] ueo BV   12 maldito] mal dico BV   16 faroneja] faraneia BV   17 ricome] rricomē B : rrcomē V; mesnada] mesirada B   18 maldito] mal dc̄o B : mal dcō V   19 meteu na taleiga] meten na caleiga B   21 na] ana B   22 faroneja] faroueia B   23: chus] ehus V; manteiga] mantey qa V   24 maldito] mal dc̄o B : mal dicto V

Variantes editoriais


3 é] e Paredesa, Paredesb   9 é] e Paredesa, Paredesb   11 con nos prostumeiros] cõnos prestumeiros : cõn’os postumeiros Lopes : conos prostumeiros Paredesa, Paredesb : cõn’os prostumeiros Littera   15 é] e Paredesa, Paredesb   17 ricome] ric’omen Lapa, Paredesa, Paredesb : ric’homen Lopes, Littera   20 muito] muita Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   21 é] e Paredesa, Paredesb   23 chus mol[e] é] [el] chus mol é Paredesa, Lopes, Paredesb : chus mol é [el] Littera

Paráfrase


(I) O que foi pasar a serra e non quixo servir a terra, é agora, que vai comezar a guerra, que anda a osmar? Pois el tanto erra agora, maldito sexa!

(II) O que levou os diñeiros e non trouxo os cabaleiros, é para non ir entre os primeiros que anda a osmar? Xa que vén cos derradeiros, maldito sexa!

(III) O que levou unha grande paga mais nunca participou nunha cabalgada, é para non ir á guerra de Granada que anda a osmar? Se é ricome ou ten mesnada, maldito sexa!

(IV) O que meteu no saco pouco diñeiro mais enfeitiza moito, é para non entrar no campo de batalla da Veiga de Granada que anda a osmar? Pois é máis mol que a manteiga, maldito sexa!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7’a 7’a 4’B 7’a 4’B (cfr. Tav 13:72)

Encontros vocálicos: 5 muito‿erra; 17 ricome‿ou

Notas


Texto
  • 3

    O elemento <e> inicial do v. 3 (e, sucesivamente, dos vv. 9, 15, 21) foi interpretado como conxunción copulativa en Paredes. No entanto, tal lectura levanta un problema de incomodidade sintáctica pola acumulación de cláusulas copulativas iniciais antes da interrogativa que faroneja? (vv. 4, 10, 16, 22). Na nosa opinión, e seguindo Lapa, resulta máis natural unha edición coa forma verbal é, que explica por que faroneja a figura do cabaleiro covarde escarnida por Afonso X: ‘o que pasou a serra e non serviu a terra é agora, cando vai comezar a guerra, que se pon a osmar (onde está o perigo)? (I);  ‘O que levou os diñeiros e non trouxo os cavaleiros é para non ir na vangarda que se pon a osmar (onde poderá ter mellor sitio sen perigo)? (II) etc.
    A construción é ora que, infrecuente aínda nos textos medievais, pode verse nas Cantigas de Santa Maria:
              “E demais que trages agua bẽeita e es maldito,
              a per poucas non m’é ora que os ollos non te brito” (CSM 343.31).

    Por outra parte, entrante é un dos escasos exemplos da pervivencia do participio activo latino con función verbal, equivalente a un xerundio1 .

  • 4

    Faronejar, hapax no corpus poético galego-portugués, é ‘sentir ou percibir polo faro’, isto é, ‘olfactar no vento, osmar’.

  • 11

    Os prostumeiros son os derradeiros, aludindo á covardía dos cabaleiros na guerra de Granada. Este adxectivo, modificado desnecesariamente en Lapa (prestumeiros) e Lopes (postumeiros) presenta moitas variantes na lingua medieval a partir do lat. *postremarium, derivado de postremus: postremeiro, postrimeiro, postromeiro, postrumeiro, pustrimeiro, pustrumeiro, postumeiro, pestrumeiro etc.

  • 15

    O topónimo Graada presenta a normal evolución fonética sempre que aparece nas cantigas de escarnio (véxase tamén 1465.11 e 1610.13), face a Granada, con manutención de -n- intervocálico nas cantigas de amigo (1175.3, 1176.6). Véxase nota a 582.3.

  • 17

    Como acontece noutros casos (véxase nota a 82.14), a lectura mecánica de <ricomẽ> B, <rrcomẽ> V, con consoante nasal abreviada a partir dunha forma anterior omẽe, impediría a necesaria sinalefa ricome‿ou para a correcta contaxe métrica.

  • 19

    A taleiga (‘saco, alforxa’) é un arabismo, que deu lugar tamén a formas como teeiga ou teega, entre outras variantes tamén presentes na produción medieval.

  • 20

    Todos os editores desta cantiga estabelecen o hapax galego-portugués meiga, que significaría ‘artimaña, impostura’, o cal obriga, asemade, á emenda de <muyto> en prol de muita, para acomodar xenericamente o sintagma. Porén, preferimos interpretar meiga como P3 do presente indicativo de meigar (‘moito ameiga ou afaga, moito enfeitiza con palabras’)2 , verbo que ten a súa continuidade en ameigar, rexistrado con este significado por diversos lexicógrafos portugueses antigos: Jerónimo Cardoso, Dictionarium Latinolusitanicum, 1569-1570; Bento Pereira, Thesouro da Lingua Portugueza, 1697; Rafael Bluteau, Vocabulario Portuguez e Latino, 1712-1728 (véxase CLP, s.v. ameigar).
    No galego moderno, meigar é atestado desde o século XIX na obra Saudades Gallegas (1880) de Valentín Lamas Carvajal (falar polas fadas inventado pra meigar curazós), así como en diversos textos de xornais galegos decimonónicos como O tío Marcos d’a Portela ou Fuliada; no século XX localízase tamén nuns poucos textos literarios (véxase TILG, s.v).

  • 23

    O adverbio chus, procedente do lat. plūs, entrou en competencia con máis (< magĭs) e xa mostra o seu carácter regresivo na lingua trobadoresca, pois só se atesta, para alén desta cantiga, noutras cinco composicións (6.7, 13 e 15, 123.16, 770.1, 1400.20, 1439.10).

    Canto a mole, nótese o lapso de copia coa omisión da vogal final por contigüidade coa forma verbal é: a súa ausencia provocaría hipometría, agora corrixida coa restauración dunha vogal conservada no período medieval por ir precedida, na base latina, de consoante dupla: mŏllem > mole (igual que vallem > med. vale, fŏllem > med. fole ou ĭlle > med. ele).

  1. ^

    Véxase tamén, por exemplo, estante nos documentos do mosteiro da Batalha (Gomes 2002: I, 41, 274...).

  2. ^

    Tamén existiu o substantivo meigamento, que rexistramos na tradución portuguesa da Confessio Amantis (Faccon 2012: 296).

Procurar
    Não foram encontrados resultados