294 [= RM 141,3]
O que vos diz, senhor, que outra ren desejo

O que vos diz, senhor, que outra ren desejo
no mundo máis ca vós éste o mui sobejo
mentira[l] quen no diz, ca, u quer que eu sejo,
sen vós non me sei eu enno mundo guarida;
e, se vou u vos vej’e quand’a vós eu vejo,
vejo eu i quen trage mia mort’e mia vida.
[E] foi-vo-lo dizer o que á grand’enveja
porque vos quer’eu ben e non sabi a sobeja
coita que me vós dades, que, u quer que seja,
no coraçon me dá voss’amor tal fer[i]da,
[e] quando vos eu vejo, assi Deus me veja,
vejo eu i quen trage mia mort’e mia vida.
[E] ia-vos dizer: cousa mui desguisada
é seer outra ren no mundo desejada
de mí como vós sodes; mais vós, mesurada,
fremosa e mansa e d’outro ben comprida,
non no creades, ca, u vos [vejo], ben-talhada,
vejo eu i quen trage [mia mort’e mia vida].
De min podedes vós, senhor, seer servida
se vos pesar mia morte e vos prouguer mia vida,
se vos pesar mia morte e vos prouguer mia vida,
como en outro tempo foi d’Arec Enida.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscrits


B 334

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 825-826 [= LPGP 888]); Littera (2016: II, 434-435).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 122); Machado & Machado (1950: II, 91); Rios Milhám (2018a: II, 294).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 109-110); Piccolo (1951: 64-65); Torres (1977: 411); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 209).

Variants manuscrites


1 vos] uos B   2 vós] nes B   5 vou u vos vej’e quand’a vós] nou· u uos ue i e q̄nda uos B   6 quen] ꝙʷ B   7 o que] e que B   10 coraçon] coracon B; voss'amor] nossa moB   12 quen] ꝙʷ B  14 ren] irem B   15 como vós sodes] cōmouꝯ rod’s B; vós] n B   16 comprida] coupida B   17 vos] uos B   18 quen] ꝙʷ B   19 podedes] pode d's   20 vos] uos B; vos] uos B   22 d'Arec Enida] dare que nyda B

Variants editorials


1 vos] vos Michaëlis   2 éste] est’é Michaëlis, Littera   3 mentira[l] quen no] mentido que’-no Michaëlis : mentira[l] quen’o Littera   4 enno] eno Michaëlis, Littera   5 vos] vos Michaëlis   6 quen trage] quant’og’é Michaëlis   7 [E]] om. Michaëlis, Littera; grand’] grand[e] Littera   8 vos] vus Michaëlis; sábi’a] sab’a Michaëlis   9 que seja] que [eu] seja Michaëlis   11 [e]] om. Michaëlis : [que] Littera; vos] vus Michaëlis   12 quen trage] quant’og’é Michaëlis   13 Ía-vus dizer cousa mui desguisada: Michaëlis : [E foi] já vos dizer cousa mui desguisada Littera   17 non no] no’-no Michaëlis : non’o Littera; vos] vus Michaëlis   18 quen trage] quant’og’é Michaëlis   20 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   21 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   22 como en outro tempo foi d'Arec Enida] como en outro tempo foi, seredes servida Michaëlis, Littera

Paràfrasi


(I) O que vos di, señora, que eu outra cousa desexo no mundo máis que a vós é un moi sobexo mentiroso quen o di, porque, en calquera lugar que eu estou, sen vós non coñezo eu no mundo salvación, e, se vou a onde vos vexo e cando eu vos vexo, aí vexo eu quen trae a miña morte e a miña vida.

(II) E fóivolo dicir o que ten grande envexa porque eu vos amo, e non sabe a sobexa coita que vós me causades, pois, onde queira que me encontre, tal ferida me dá o voso amor, e cando eu vos vexo, así Deus me vexa, aí vexo eu quen trae a miña morte e a miña vida.

(III) E íavos dicir (isto): algo moi desatinado é que outra cousa no mundo sexa desexada por min como vós o sodes; mais vós, mesurada, fermosa e doce e plena de todo outro ben, non o creades, porque, cando vos vexo, ben feita, aí vexo eu quen trae a miña morte e a miña vida.

(1) Por min podedes vós, señora, ser servida se vos pesa a miña morte e vos prace a miña vida, se vos pesa a miña morte e vos prace a miña vida, como noutro tempo foi servida Enida por Erec.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 12’a 12’a 12’a 12’b 12’a 12’B + 12’b 12’b 12’b 12’b (cfr. RM 13:2)

Encontros vocálicos: 8 sa·bi’a; 17 *cre͜ades / *ca,u

Notes


Text
  • 3

    A voz mentiral ‘mentiroso’, probábel provenzalismo (véxase García-Sabell Tormo 1990: 227-228), ten escasas ocorrencias no corpus poético trobadoresco profano (véxanse 578.8, 917.13, 953.5); tamén se atesta esporadicamente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e moi raras veces na prosa (véxase CGPA, s.v. mentiral): 

    e quen nos quiser mentir peyte a outra parte C morabetinos e seya mentiral (doc. 1269).

    E aquelle que hy nõ fosse ao dya que fosse posto, que ficasse por mentiral e fallido e que perdesse os reynos (Crónica Geral de Espanha de 1344).

    Co mesmo significado, no corpus profano achamos mentidor (1292.7) e mentireiro (1389.3), fronte ao fantasmal mentido de Michaëlis.
    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sedēre neste tempo (sedeo, sedes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> so͂o, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 4

    Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, (eno/ena) que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno/enna), anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 205.9, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).

  • 6

    Non se pode admitir a lección michaëliana do refrán, pois constitúe unha errada lectura de B.

  • 7-13

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc. Así, para alén de manter acento fixo na sexta sílaba, no v. 13 nivélase tamén a estrutura co v. 7, ao tempo que se evita a modificación de desguisada en des[a]guisada (véxase nota a 468.9).

  • 8

    A presenza de sabi (‘sabe’) como P3 de presente de indicativo de saber en 109.20 permite fixar con naturalidade o texto aducido en B. Na realidade, a (minoritaria) terminación -i, pode acharse sen regularidade, na P1 dos pretéritos fortes, e tamén en algún substantivo (sangui), nalgúns adverbios (eiri, tardi, longi) e moi raramente nalgunha outra forma verbal allea ao pretérito, como guii ‘guíe’ (1407.15). Véxase Mariño Paz (2009).

    Na produción medieval achamos a forma sabi n’A demanda do Santo Graal (cfr. CGPA):

    – Ora sabi, disse el, que eu som [S]amaliel, filho de Froila que foi rei de Gauna que rei Artur matou ante Paris.

    De todos os xeitos, a obra medieval que con maior frecuencia presenta formas verbais (imperativas) similares con -i~-y é o Tratado d’Alveitaria do Mestre Giraldo, onde podemos achar multiplicada a forma (s)saby a carón de moitas outras, como cozy ~ cozi, entendy, fiquy, inchy ~ jnchy, meixi ‘mexe’, mety, moy ‘moe’, rrety ‘derrete’, tolhy... (véxase Pereira 1909).

  • 9

    A inclusión do pronome feita por Michaëlis converte o verso en hipermétrico.

  • 11

    É necesaria a copulativa inicial do verso para a correcta contaxe métrica do verso: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

    Por outra parte, assi Deus me veja é, sen dúbida, unha frase formularia aseverativa, equivalente a moitas outras existentes no corpus, como assi Deus me perdon, se Deus me salve etc. Cfr. nota a 79.16.

  • 13-14

    Fronte á puntuación e forzada sintaxe de Michaëlis e Littera, o sentido e a coherencia expresiva aconsella a puntuación agora proposta, con cousa desguisada como atributo de é.

  • 15

    A forma <cõmo> de B, que tamén se encontra en V, mostra unha grafía latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos, mais que é moi frecuente na prosa galego-portuguesa. Véxase nota a 63.2.

  • 17

    Parece evidente a ausencia no manuscrito de vejo, mais a súa restauración levanta o problema da eventual sinalefa ca‿u, contraditoria cos usos trobadorescos; con todo, podería considerarse a posibilidade de creades computar como dúas sílabas, ou a omisión do pronome no, ou a expunción da propia conxunción ca.

  • 20-21

    A repetición do verso ben poderían ser produto dun lapso de copia, de modo que a fiinda constase só de tres versos; porén, mantemos a lección tal e como foi transmitida polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

  • 22

    A parte final do verso conclusivo da cantiga (<Como en outro tenpo foy dare que nyda>) levantou problemas diversos de interpretación a partir da hipotética existencia dun erro de copia. É por iso que Michaëlis estabeleceu unha lectura conxectural (como en outro tempo foi, [seredes servida]), seguida por Littera, que, porén, na edición electrónica suxire unha outra lectura alternativa máis recente, tamén conxectural, proposta por Rios Milhám: como em outro tempo foi, dar-m’-edes guarida.

    Non obstante, a interpretación realizada por Arias Freixedo (2023) demostra que lonxe de estar errada, a lección fiel do manuscrito fai transparecer dúas novas referencias antroponímicas da Materia de Bretaña, Erec e Enida, personaxes do máis antigo roman de Chrétien de Troyes, titulado Roman d’Erec et Enide.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat