1045 [= RM 63,54]
O voss’amigo, que s’a cas d’el-rei

– O voss’amigo, que s’a cas d’el-rei
foi, amiga, mui cedo vos verra,
e partide as doas que vos el dara.
– Amiga, verdade ben vos direi:
fara-mi Deus ben se mi-o adusser,
e sas doas dé-as a quen quiser.
– Disseron-mi ora, se Deus mi perdon,
que vos trage dõas de Portugal,
e, amiga, non as partades mal.
– Direi-vos, amiga, meu coraçon:
fara-mi Deus [ben se mi-o adusser,
e sas doas dé-as a quen quiser].
– Dizen, amiga, que non ven o meu
amigo, mai-lo vosso cedo ven,
e partid’as dõas que trage ben.
– Direi-vos, amiga, o que dig’eu:
fara-mi Deus [ben se mi-o adusser,
e sas doas dé-as a quen quiser].
E ben sei eu [que] des que el veer
averei dõas e quant’al quiser.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1041, V 631

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 290-291); Rodríguez (1980: 252 [= LPGP 397]); Cohen (2003: 576); Littera (2016: I, 462-463).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 224); Braga (1878: 121); Machado & Machado (1956: V, 42); Fernández Pousa (1959: 264).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 54-55).

Variantes manuscritas


1 cas] eas B   2 verra] ueira B   3 as doas] bendas doas B : mais doas V   4 verdade] ueira B; ben] om. V   10 coraçon] coracon B   14 ven] nē V   20 averei] auey V

Variantes editoriales


3 e partide as doas que vos el dara] e partide ben dõas que vos el dará Nunes
e partid’as doas que vos dará Rodríguez : e partide |ben| as dõas que vos |el| dará Cohen : e partide as dõas que vos dará Littera   6 doas dé] dõas dê Nunes : dõas dé Cohen, Littera   12 doas dé] dõas dê Nunes : dõas dé Cohen, Littera   18 doas dé] dõas dê Nunes : dõas dé Cohen, Littera 

Paráfrasis


(I) –O voso amigo, que se foi para a casa do rei, amiga, moi cedo vos virá, e repartide os presentes que el vos dará.
–Amiga, direivos a verdade: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(II) –Dixéronme agora, así Deus me perdoe, que vos trae presentes de Portugal, e amiga, non os repartades mal.
–Direivos, amiga, a miña vontade: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(III) –Din, amiga, que non vén o meu amigo, mais o voso vén cedo, e repartide ben os presentes que trae. 
–Direivos, amiga, o que digo eu: Deus farame ben se mo trouxer, e os seus presentes déallos a quen quixer.

(1) E ben sei eu que, desde que el viñer, terei presentes e todo canto quixer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:90) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 2-3 verra,/‿e; 3 partide‿as; 5 mi͜-o; 7 -mi‿ora; 11 mi͜-o; 17 mi͜-o

Notas


Texto
  • 3

    Este verso foi transmitido con deficiencias no Cancioneiro da Vaticana, e  cun texto hipermétrico no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (*e partide ben das doas que vos el dara), con elementos que deben ser omitidos, tal como os diversos editores practicaron, con solucións diversas; con todo, a episinalefa co verso anterior permite evitar a expunción de el.

  • 20

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 345.6, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.8) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

Buscar
    Sin resultados