697 [= Tav 79,41]
Oje quer’eu meu amigo veer

Oje quer’eu meu amigo veer
porque mi diz que o non ousarei
veer mia madr’, e de pran vee-lo-ei
e quero tod’en ventura meter,
e des i saia per u Deus quiser.
Por én, qual coita mi mia madre ten
que o non veja? No meu coraçon
ei oj’eu posto, se Deus mi perdon,
que o veja e que lhi faça ben,
e des i saia [per u Deus quiser].
Pero mi-o ela non quer outorgar,
i-lo-ei veer ali u m’el mandou,
e por quanta coita por mí levou
farei-lh’eu est’e quanto m’al rogar,
e de[s i saia per u Deus quiser],
ca diz o vervo ca non semeou
milho quen passarinhas receou.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 

Manuscritos


B 682, V 284

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 106 [= LPGP 543]); Cohen (2003: 167); Littera (2016: I, 610-611).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 113); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 356-357).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 85); Torres (1977: 179); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 164); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 123); Arias Freixedo (2003: 536-537).

Variantes manuscritas


1 quer’eu] (q̅ue) q̅reu B; veer] ucer V   2 ousarei] usarey V   7 coraçon] coracon B   9 faça] faca B   13 levou] lenou   14 rogar] roguar BV   16 vervo] uerno B

Variantes editoriais


3 madr’, e] madre Nunes, Cohen, Littera   6-7 Por en qual coita mi mia madre / ten que o non veja, no meu coraçon Nunes, Cohen : Por em qual coita mi mia madre / tem que o nom veja, no meu coraçom Littera   13 por] per Nunes 

Paráfrase


(I) Hoxe quero eu ir ver o meu amigo porque me di miña nai que non o ousarei ver, e por suposto que o verei e quero arriscalo todo, e despois que sexa o que Deus queira.

(II) Así, por que se empeña miña nai en que eu non o vexa? Decidín hoxe, así Deus me perdoe, que o verei e lle farei ben, e despois que sexa o que Deus queira.

(III) Aínda que ela non mo permite, hei de ir velo alí a onde el me mandou, e por canta coita que por min levou fareille eu isto e canto el me pida, e despois que sexa o que Deus queira, (1) pois di o refrán que non sementou millo quen tiña medo dos paxariños.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C + 10b 10b (= Tav 155:6)

Encontros vocálicos: 3 ve·e-lo͜-ei; 5 sa·ia; 10 sa·ia; 11 mi͜-o; 12 -lo͜-ei; 15 sa·ia

Notas


Texto
  • 3

    Mia madre é o suxeito de diz (v. 2): «Oje quer’eu meu amigo veer / porque mia madr(e) mi diz que o non ousarei / veer ...».

  • 6-7

    A puntuación nas precedentes edicións (Nunes, Cohen, Littera) vén condicionada por unha interpretación extremadamente forzada (nótese que en todos <en> é lido como a preposición en/em), pois, tal como Nunes indica e Cohen recolle en nota, ambos editores explicitan que o texto debería ser entendido como «Por (a) coita en (a) qual mia madre mi ten ...». Contrariamente,  o carácter interrogativo que propomos permite integrar os versos no conxunto da cantiga, cunha pregunta que a propia amiga responde a seguir: ‘Por iso, que coita causa á miña nai por eu velo? Decidín velo e facerlle ben...’. 

  • 16

    O texto da fiinda corresponde, sen dúbida, a un verbo antigo (véxase a 633.1).

  • 17

    O milho da cantiga é, obviamente, o millo miúdo ou paínzo, pois o millo americano aínda non chegara a Europa.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado