220 [= RM 43,8]
Om’a que Deus ben quer fazer

Om’a que Deus ben quer fazer
non lle faz tal sennor amar
a que non ouse ren dizer
con gran pavor de lle pesar,
nen o ar faz longe morar
d’u ela é, sen seu prazer,
com’agor’a min faz viver,
que me non sei consell’achar
con tan gran coita de sofrer,
en qual m’eu ora vej’andar,
com’aver sempr’a desejar
máis d’outra ren de a veer.
Mais non pod’aquesto saber
senon a quen Deus quiser dar
a coita que El fez aver
a min, des que me foi mostrar
a que El fez mellor falar
do mundo e mellor parecer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


A 120, B 236

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 249); Spampinato Beretta (1987: 100-101 [= LPGP 293]); Littera (2016: I, 321).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 101); Carter (2007 [1941]: 73); Marques Braga (1945: 231-232); Machado & Machado (1949: I, 383-384); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 220).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 78); Diogo (1998: 106).

Variants manuscrites


2 lle] lhi B   4 lle] lhi B   5 o] om. B; faz longe] fez longi B   14 a quen Deus quiser] aq̄no deꝯ q̄r B   18 mundo e] mū de de B

Variants editorials


7 agor’a] agora Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera   14 senon a quen Deus quiser] senon o a quen Deus quer Spampinato Beretta   18 mundo] mund(o) Michaëlis : mund' Littera

Paràfrasi


(I) Aquel a quen Deus quere favorecer non lle fai amar unha señora tal a quen non se atreva a lle dicir nada con gran pavor de lle causar pesar, nin tampouco o fai morar lonxe de onde ela está, contra a súa vontade, (II) como agora me fai a min vivir, que non sei que facer por causa da gran coita difícil de sufrir en que agora me vexo andar, como (é) ter que desexar por sempre, máis que calquera outra cousa, poder vela.

(III) Mais non pode saber (o que é) isto senón aquel a quen Deus quixer dar a coita que El me fixo ter a min, desde que me foi mostrar a que El fixo mellor falar no mundo e máis bela ser.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8b 8a (= RM 79:17)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas atá a fiinda, cunha ligazón adversativa coa derradeira estrofa neste caso, véxase nota á cantiga 92.

  • 7

    É tamén posíbel e correcta a manutención da integridade de agora, de modo que min funcione como CD tónico sen preposición (cfr. nota a 10.1).

  • 11

    A conxunción como cumpre neste verso a función de introducir un infinivo explicativo, facéndoo equivaler a ‘isto é’ (só se rexistra en 42.4, 87.8, 119.17, 167.11, 196.13, 220.11, 547.13, 638.3 e 861.13).

  • 14

    Spampinato Beretta segue a lección de B, coa presenza, forzada e anómala (con reconversión, forzada pola métrica, de quiser en quer), do pronome o, pois sería de esperar unha forma de complemento indirecto lhi, xa que o CD é a coita (v. 15).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat