291 [= RM 141,2]
Om’a que Deus coita quis dar

Om’a que Deus coita quis dar
d’amor nunca dev’a dormir,
ca ja u sa senhor non vir
non dormirá; e, se chegar
u a veja, esto sei ben,
non dormirá per nulha ren:
tant’á prazer de a catar!
En aquesto poss’eu falar,
ca muit’á que passa per mí,
ca des que mia senhor non vi
nunca dormi, e, se mostrar
algũa vez Nostro Senhor
mi-a quis, ouvi tan gran sabor
que nunca m’al pode nembrar.
Ja o dormir, mentr’eu durar,
[ei] perdudo, pois ést’assi
que u a non vi non dormi;
e, poi-la non vejo, provar
non o ei per ren; e, por Deus, ja,
dizede-mi: quen dormirá
con tan gran prazer ou pesar?
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 331; B 335

A cantiga aparece copiada dúas veces no Cancioneiro da Biblioteca Nacional: a primeira vez en B 331, coas dúas primeiras estrofas, mentres que B 335 xa presenta as tres estrofas completas.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 820 [= LPGP 887-888]); Littera (2016: II, 433).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 121 e 122-123); Machado & Machado (1950: II, 84); Rios Milhám (2018a: II, 291).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 259); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 208).

Variants manuscrites


2 dormir] domir B’   4 e] et B   8 en] om. B   9 muit’á] muy a B’   11 e, se mostrar] et se monstrar B   12 algũa] alguna B’; vez] ues B   14 m’al] mhal B; nembrar] membrar B’   19 o ei] uey B’   20 quen] ꝙʷ B’   21 prazer] p’zer B

Variants editorials


14 m’al pode nembrar] mi al pode nembrar Michaëlis : mi al pôde nembrar Littera   16 [ei] perdudo] perdudo [ei] Michaëlis : perdudo [hei] Littera   20 dizede-mi: quen] dizede-m’ ¿i quen… Michaëlis

Paràfrasi


(I) Aquel a quen Deus quixo dar coita de amor nunca debe durmir, porque xa non durmirá cando non vexa a súa señora; e, se chegase onde a vexa, isto sei ben, non durmirá de maneira ningunha: tanto pracer ten de a contemplar!

(II) Disto podo eu falar porque hai moito que me pasa a min, pois desde que non vin a miña señora nunca durmín, e, se algunha vez Noso Señor ma quixo mostrar, tiven tanto gozo que nunca me puiden lembrar doutra cousa.

(III) Xa o sono, mentres eu viva, teño perdido, pois acontece así que onde non a vin non durmín; e pois que a non vexo, non o tentarei por nada (durmir); e xa, por Deus, dicídeme: quen durmirá con tan gran pracer ou pesar?

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:279)

Encontros vocálicos: 13 mi-‿a; 14 mial; 19 oei

Notes


Text
  • 11

    Obsérvese a variante monstrar de B (vs. B’), talvez produto da intervención do copista, tal como mostra a análise das variantes (a)mostrar / (a)mosntrar nos códices. Véxase nota a 9.3.

  • 12

    A presenza de -n- na forma manuscrita <alguna> en B’ é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/ (confirmada neste caso pola lección de B), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 16

    A necesaria presenza da forma verbal ei, ausente no manuscrito, resolve a hipometría versal, mais a súa colocación no verso non é indiferente, pois o encontro perdudo ei resólvese sempre coa crase perdud’ei (11.3, 20.15, 110.1, 137.26, 228.7 etc.). Neste sentido, véxanse estes versos dunha composición anónima:

    Amo-vos tant’e tan de coraçon 
    que o dormir ja o ei perdudo (444.14)

  • 19

    A sinalefa oei é similar a outras existentes no corpus co pronome o e diversos elementos (verbos, nomes etc.): oEle (67.19), oei (1571.3), oer (498.10), oeu (983.24 e 25, 1215.2), oaprendestes (1430.21), oen (1433.20), ooistes (1531.17), oome (1613.12). Cfr. nota a 56.10.

  • 20

    A anomalía da segmentación de i realizada por Michaëlis evidénciase pola inexistencia de frases interrogativas cuxo primeiro elemento sexa ese adverbio.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat