198 [= RM 125,32]
Ora vej’eu que fiz mui gran folia

Ora vej’eu que fiz mui gran folia
e que perdi ali todo meu sén
porque dixe ca queria gran ben
Joan’ou Sancha, que dix’, ou Maria,
ca, por aquesto que eu dixe ali,
me soube log’ũa dona des i,
daquestas tres, que por ela dizia.
E por quant’eu esto dixe, devia
mort’a prender, per bõa fe, por én,
porque dixe ca queria gran ben
Joan’ou Sancha, que dixe, ou Maria,
ca, por aquesto que eu fui dizer,
mi ouv’o gran ben que lle quero a saber
esta dona que ante non sabia,
ca non soubera que lle ben queria
esta dona senon por meu mal sén,
porque dixe que queria gran ben
Joan’ou Sancha, que dixe, ou Maria;
e, des que soub’esta dona por mí
ca lle queria ben, sempre des i
me quis gran mal, maior non poderia,
por mui gran ben que lle quis toda via
des que a vi, que me soube por én,
porque dixe ca queria gran ben
Joan’ou Sancha, que dixe, ou Maria;
e, des que ouv’esta dona poder
d’o mui gran ben que ll’eu quero saber,
nunca mi ar quis veer des aquel dia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 105, B 213

Os vv. 1-3 foron reescritos na marxe polo revisor do códice do Cancioneiro da Ajuda.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 217-218); Blasco (1984: 179-180 [= LPGP 828]); Marcenaro (2012b: 273-274); Littera (2016: II, 358-359).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 92); Carter (2007 [1941]: 63-64); Marques Braga (1945: 202-203); Machado & Machado (1949: I, 348-349); Fernández Pousa (1953: 22); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 198).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 102-103); Torres (1977: 118-119); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 192).

Variants manuscrites


2 om. B   3 dixe] dixi B; ca] ca nō A   4 Joan’] ioan(a) A : Joana B;  dix’] dix(e) A : dixi B   5 dixe ali] dixaly B   6 me] mho B   8 dixe] dixi B   10 dixe] dixi B   11 Joan’] Johana B; dixe, ou] dixou B   12 fui] foy B   13 mi ouv’o] mouue o B; lle quero a] lheu q̄ra B   14 dona que] dona (se nō pr) q̄ B   15 lle] lhi B   17 dixe] dixi B   18 Joan’] Joana B; dixe, ou] dixou B   20 lle] lhi B; sempre des i] (de)senpre desi A   22 lle] lhi B   24 dixe] dixi B   25 Joan’] Joana B; dixe, ou] dixou B   28 mi ar] mar B

Variants editorials


5 dixe] dix(e) Michaëlis   11 dixe] dix’ Michaëlis, Littera   13 quero] quer(o) Michaëlis   18 dixe] dix’ Michaëlis, Littera   25 dixe] dix’ Michaëlis, Littera   27 d’o] do Michaëlis, Blasco, Marcenaro; saber] [a] saber Marcenaro

Paràfrasi


(I) Agora vexo que fixen moi gran loucura e que perdín alí toda a miña cordura, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María, pois, por isto que eu dixen alí, desde aquela logo me soubo unha dona, destas tres, que falaba dela.

(II) E por todo isto que eu dixen, debía morrer, abofé, por iso, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María, pois, por isto que dixen, foime saber o moito que a quería esta dona que antes non o sabía, (III) pois non sabería esta dona que a amaba a non ser polo meu escaso sentido, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María; e, desde que por min soubo esta dona que a amaba, sempre desde aquela me quixo moi mal, non podería quererme peor, (IV) polo moito que a amei sempre desde que a vin, que mo soubo por iso, porque dixen que amaba a Joana ou a Sancha, de quen falei, ou a María; e, desde que esta dona tivo poder de saber o moito que eu a amo, nunca máis me quixo ver desde aquel día.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10B 10’A 10c 10c 10’a (= RM 161:169)

Encontros vocálicos: 5 dixeali; 13 miouv(e); queroa; 28 miar

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga forma parte do grupo de composicións que presenta unicamente un refrán intercalar (cfr. Eirín 2012).

  • 1

    A voz folia é un provenzalismo que alterna no corpus co minoritario loucura (117.9, 360.5, 772.15, 1326.21, 1410.17, 1451.13, 1575.24).

  • 4

    Nótese a leve variación lingüística do refrán en dix’ (I) vs. dixe (II-IV), neste caso vacilando entre crase vocálica e sinalefa, que volverá aparecer no refrán doutras cantigas ao longo do corpus. Cfr. nota a 27.4.
    Joana, Sancha e Maria, como posíbeis nomes da senhor (a súa enunciación constitúe unha ruptura da norma do código cortés e do segredo trobadoresco) volverán aparecer nas cantigas 179, 197 e 199, tamén de Pero Garcia Burgales.

  • 27

    Non parece axeitada a representación gráfica do que Blasco fixa para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o CD pola deslocación sintáctica de elementos («poder de saber o mui gran...»), que aconsella unha grafía d’o. Por outra parte, o razoamento de Marcenaro sobre a necesidade de reintegrar unha preposición a «per ragioni sintattiche, giacché il soggetto del verbo saber è la signora e non il pronome pers. eu» non é convincente, pois non hai necesidade de reintegración. Véxase a orde recta: ‘e, des que ouv’esta dona poder de saber o mui gran ben que lh’eu quero, nunca mi ar quis veer des aquel dia’.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat