1162 [= RM 83,7]
Os meus olhos e o meu coraçon

– Os meus olhos e o meu coraçon
e o meu lume foi-se con el-rei.
– Quen ést’, ai filha, se Deus vos perdon?
Que mi-o digades gracir-vo-lo-ei.
– Direi-vo-l’eu, e, pois que o dis[s]er,
non vos pes, madre, quand’aqui veer.
Que coit’ouv’ora el-rei de me levar
quanto ben avia nen ei d’aver!
– Non vos ten prol, filha, de mi-o negar,
ante vo-lo terrá de mi-o dizer.
– Direi-vo-l’eu, [e, pois que o disser,
non vos pes, madre, quand’aqui veer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscripts


B 1149a, V 752

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 347-348); Cunha (1999 [1949]: 251 [= LPGP 573]); Cohen (2003: 387); Littera (2016: II, 25).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 262); Braga (1878: 142-143); Bell (1920: 60); Machado & Machado (1956: V, 238-239); Alvar (1969: 86-87).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 111); Seoane (1941: 90); Gonçalves & Ramos (1983: 307); Alonso Girgado (1992: 52); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 131).

Manuscript variants


1 Os] O V; e] om. V; coraçon] corazō V   2 e] et V   3 vos] uos BV; perdon] pardon B   4 gracir-vo-lo-ei] gracir uol ey V   5 Direi] Virey B; e] et V; dis[s]er] dizer B : diser V   6 vos] uos BV   7 coit’ouv’ora] coita uora B : coytauuora V; me] mhe V   8 avia] ama B : aiua V   9 vos] uos BV   10 terrá] teira B   11 Direi] Virey

Editorial variants


7 coit’ouv’ora] coita á ora Nunes

Paraphrase


(I) –Os meus ollos e o meu corazón e a miña luz foise co rei. 
–Quen é, ai filla, así Deus vos perdoe? Agradecereivos que mo digades. 
Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.

(II) –Que desexo tivo agora o rei de levarme canto ben tiña e terei!
–Non vos ten proveito, filla, ocultarmo, antes volo terá que mo digades. 
Diréivolo eu, e, despois de o dicir, non vos pese, miña nai, cando (el) aquí viñer.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:21)

Encontros vocálicos: 4 mi͜-o; 7 orael-; 9 mi͜-o; 10 mi͜-o

Notes


Text
  • 3

    En B aparece a lección <pardon>, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Sen dúbida, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 8

    Nótese o erro <m>/<ui> de B (<ama> avia), que na composición anterior (UC 1161), tamén de Joan Zorro, é compartido por BV: avia <ama> BV (véxase nota a 1161.15).

Search
    No results