980 [= RM 45,2]
Os meus ollos, que mia sennor

Os meus ollos, que mia sennor
foron veer a seu pesar,
mal per-foron de sí pensar,
que non poderian peor,
pois ora en logar estan
que a veer non poderán.
Sei ca non poderán dormir,
ca viron o bon semellar
da que os faz por sí chorar,
e ave-lo-an a sentir,
pois ora en l[ogar] e[stan
que a veer non poderán].
Semella que foi por seu mal
quanto prazer viron enton,
ca non jaz i se morte non
se lles Deus agora non val,
pois ora en logar estan
[que a veer non poderán].
Quando a viron, gran prazer
ouv’ende o meu coraçon;
mais direi-vos ũa razon:
non llo devi’a gradecer,
pois ora e[n] l[ogar estan
que a veer non poderán].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 287, B 978, V 565

A orde dos versos da estrofa II aparece trocada en ABV (2-1-4-3+R).

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 571-572 [= LPGP 308]); Littera (2016: I, 340-341).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 202-203); Braga (1878: 108); Carter (2007 [1941]: 168-169); Machado & Machado (1953: IV, 357-358);  Montero Santalha (2004); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 253); Souto Cabo (2017: 85).

Variantes manuscritas


1 Os] s A   5 en] eu BV   8 ca] Que B : q̅ V   9 da] Dꝯ B : dꝯ V; por] pa B   10 -an] au B   15 ca] om. BV   16 se lles] ca selhis BV; agora] ora A   17 logar] loḡr V   20 ende o] endo BV   21 direi-vos] direy uos A : diseyuos B : dyreyuos V; razon] zazon B   22 non] n̄o V

Variantes editoriales


6 poderán] poderan Michaëlis   7 poderán] poderan Michaëlis   12 poderán] poderan Michaëlis   13-16 Semella que foi por seu mal / quanto prazer viron enton, / ca non jaz i se morte non      / se lles Deus agora non val] Quanto prazer viron enton / semella que foi por seu mal / ca, se lhes Deus ora non val / non jaz i [al] se morte non Michaëlis, Littera   18 poderán] poderan Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   22 devi’a gradecer] devia gradecer Michaëlis, Littera   24 poderán] poderan Michaëlis

Paráfrasis


(I) Os meus ollos, que foron ver a miña señora a seu pesar, moi mal coidaron de si, que non poderían peor, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(II) Sei que non poderán durmir, porque viron a fermosura da que os fai chorar, e han de o lamentar, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(III) Semella que foi por mal deles canto pracer viron entón, pois non hai outra saída que a morte se Deus agora non os socorre, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.
(IV) Cando (os meus ollos) a viron, o meu corazón sentiu un gran pracer por iso; mais direivos unha cousa: non llo debía de agradecer, pois agora están nun lugar en que non a poderán ver.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:343)

Notas


Texto
  • 8

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe nesta pasaxe e noutras moitas: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 981.19 e 26, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1

  • 13-16

    Por máis que Michaëlis respectase na súa edición a orde dos versos dos códices, a métrica indica a necesidade de emendar esa ordenación, que, sen dúbida, debía estar xa no antecedente dos tres cancioneiros. Aliás, nótese como, por seguir os manuscritos, a editora xermano-portuguesa se viu obrigada a recolocar a causal ca do v. 15  no verso seguinte e, por tanto, manter a lección agora de A (v. 16), ao tempo que tivo de compensar metricamente o v. 15.

  • 22

    A interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> B (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Sin resultados