722 [= RM 60,10]
Par Deus, amiga, quant’eu receei

Par Deus, amiga, quant’eu receei
do meu amigo todo m’oj’aven,
ca receei de mi querer gran ben
como m’el quer polo que vos direi:
eu, pois fui nada, nunca ouv’amor
nen quig’amig’en tal razon aver,
e el filhou-m’à força por senhor
a meu pesar, e morrerá por én.
E non se pod’alongar, eu o sei,
dos que migo falan nen encobrir
que lhis eu non fale en al pera oir
en mí falar, e ja me lhi ensanhei
porque o fez, e nunca el maior
pesar oio, mais non pôd’al fazer;
mais esso pouco que el vivo for
farei-vo-lh’eu o que m’el faz sentir.
E sabe Deus o pesar que end’ei,
mais non se pode de mui gran pesar
guardar seno[n] que[n] x’én del quer guardar;
mais sempre m’eu d’atal preito guardei
o máis que pud’e non ouv’i sabor;
mais el me mata porque quer morrer
por mí de pran e, do que m’é peior,
non pod’én ja o coraçon quitar.
E á tan gran coita de me veer
que lh’averan este preit’a saber.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 707, V 308

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 126-127); Cohen (2003: 192); Víñez Sánchez (2004: 134 [= LPGP 365]); Littera (2016: I, 411-412).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 124); Braga (1878: 59); Machado & Machado (1952: III, 389-390).

Variantes manuscritas


2 amigo] amig(u)o B : amiguo V   4 quer] que V   5 eu] en V   6 quig’] quij B : quir V   8 morrerá] moirera B   10 encobrir] en cōbrir B   11 fale] falhe V   14 pôd’al] podo V   16 farei] fazey B   17 que] (q) q̅ B   20 preito] pyto V   22 morrer] moirer B   25 E á] Ca V

Variantes editoriales


7 à força] a força Víñez Sánchez   14 oio] oíu Nunes : oiu Littera; pôd’al] pod’al Littera   19 que[n]] que Cohen, Víñez Sánchez; x’én del] xe d’el Nunes : x’end’el Cohen, Víñez Sánchez : s’en del Littera

Paráfrasis


(I) Por Deus, amiga, canto eu temín do meu amigo todo me acontece hoxe, pois temín que el me amase como me ama polo que vos direi: eu, desde que nacín, nunca sentín amor nin quixen ter namorado, e el tomoume á forza por súa señora contra a miña vontade, e morrerá por iso.

(II) E non se pode afastar dos que falan comigo, seino eu, nin actuar discretamente, para que eu non lles fale doutro asunto con tal de ouvir falar de min, e xa me lle asañei porque o fixo, e el nunca ouviu nada que lle causase maior pesar, mais non puido facer outra cousa; mais ese pouco tempo que el estea vivo heille facer (sentir) o que el me fai sentir.

(III) E Deus sabe o pesar que eu sinto por iso, mais non se pode gardar dun pesar moi grande senón quen se del quere gardar; mais eu sempre me gardei de tal asunto o máis que puiden e non sentín agrado por iso; mais el mátame porque quere morrer por min, certamente, e o que aínda me parece peor, non pode apartar o seu corazón diso.

(1) E ten unha coita tan grande por me ver que lle han de descubrir este asunto.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10d 10c 10b + 10d 10d (= RM 174:1)

Encontros vocálicos: 11 faleen, perao·ir; 12 lhiensanhei; 14 o·io

Notas


Texto
  • 11

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: en ali <|ali> A, <|alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); no pronome persoal tónico de P3: eles <|elhes> B, <|elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <|elhas> BV (1205.7); elos <|elhꝯ> BV (1205.10); no verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19)...; e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.9); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 12

    Xunto co participio ensanhada (presente en Fernan Rodriguez de Calheiros, 1349.1) e coa formación desensanhar, utilizada por Afonso Paez de Bragaa (850.14), é esta a única ocorrencia da variante ensanhar (en face da maioritaria assanhar), coa presenza dun prefixo en- que talvez remite á orixe do substantivo que está na orixe de assanhar: lat. insania > sanha. Fóra destes rexistros, só achamos ensanar na Crónica de Santa Maria de Iria e ensanamento nun fragmento xurídico do século XIV, para alén de unha outra ocorrencia de ensanar na lírica galego-castelá (véxase CGPA, s.v.).

  • 14

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos (cfr. nota a 302.14). De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

  • 16

    Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:

    e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
    moveron do porto Dovra (CSM 35.115).

    e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
    logar en que o fezesse (CSM 45.37). 

    foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde vẽera (CM 55.72).

  • 19

    A fixación deste verso é problemática se atendemos á lección dos códices; en calquera caso, semella que a solución reside na interpretación x’én del a partir da secuencia <xen del> de BV, na dirección xa apuntada por Nunes (xe d’el) e, despois, Littera (s’en del), en face dunha segmentación x’end’el ofrecida por Víñez Sánchez e Cohen, que non parece encaixar no sentido da pasaxe.

  • 25

    Cohen suxire a posibilidade dunha outra segmentación da cadea textual, que non alteraría semanticamente a expresión: 
              e atan gran coit’á de me veer
              que lh’averan este preit’a saber.
    Con todo, a lección de V (co frecuente erro <Ca> por <E a>; véxase, por exemplo, nota a 1003.7) e tamén a frecuentísima lección tan gran coita ao longo do corpus (sen que xamais apareza a forma reforzada atan) inclínanos para a lectura xa estabelecida por Nunes.

Buscar
    Sin resultados