871 [= RM 14,11]
Par Deus, coraçon, [mui] mal me matades

Par Deus, coraçon, [mui] mal me matades
e prol vossa nen minha non fazedes,
e pouco, se assi for, viveredes;
e a senhor por que mi assi matades
al cuida, ca non no vosso cuidar:
mal dia foron meus olhos catar
a fremosura por que me matades!
Ava que eu moiro, con quen ficades
vós? Con ela, par Deus, non ficaredes
e, se eu moiro, migo morreredes,
ca vós noit’e dia migo ficades;
mais vosso cuidado pode chegar
u ést’a dona que ren non quer dar
por min, ca sempre comigo ficades.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscrits


B 880, V 463

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 289-290); Tavani (1993 [1963]: 116 [= LPGP 125]); Littera (2016: I, 128-129).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 170); Braga (1878: 87); Machado & Machado (1953: IV, 210-211); Fernández Pousa (1954: 28).

Variantes manuscrites


1 coraçon] coracō B   8 qw B   9 ela] ola B   10 morreredes] morredes V   11 ca] ea V   12 pode] podē V

Variantes éditoriales


1 coraçon] [ai] coraçon Nunes; [mui]] om. Nunes, Tavani, Littera   8 Ava] ora Nunes, Tavani, Littera

Paraphrase


(I) Por Deus, corazón, moi mal me matades e non facedes cousa de proveito para vós nin para min e, se así for, pouco viviredes; e a señora por quen me así matades pensa outra cousa e non no que vós pensades: en mal día os meus ollos foron catar a fermosura pola que me matades!

(II) Eis que eu morro, con quen ficades vós? Con ela non ficaredes e, se eu morro, morreredes, porque vós noite e día ficades comigo; mais o voso pensamento pode chegar a onde está a dona que non quere dar cousa por min, pois sempre ficades comigo.

Métrique


Esquema métrico: 2 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:189)

Encontros vocálicos: 4 mi‿assi

Notes


Texte
  • *

    Aínda que é frecuente o desdobramento do eu poético, de xeito que o propio corazón e os ollos do namorado actúen como entes independentes e, polo xeral, en prexuízo deste, a presente cantiga chama a atención porque a voz poética se dirixe ao corazón como interlocutor en ton invocativo e con intención persuasiva, concedéndolle un estatuto protagónico.

    Nótese, por outra banda, a repetición da palabra rimante en cada estrofa, nos vv. 1, 4 e 7 (I matades; II ficades).

  • 1

    Perante a evidente hipometría deste verso, en que falta unha sílaba, e que Tavani xustifica por razóns rítmicas (e así se mantén en Littera), Nunes propón a reintegración dunha exclamación no vocativo ([ai] coraçon), embora non se rexistre ese sintagma no corpus das cantigas (cfr. [ai] lume destes meus en 926.26).
    Canto á nosa proposta, baseáse, por unha banda, na presenza da intensificación con mui de matar mal nun íncipit de Fernan Rodriguez de Calheiros (Par Deus, senhor, mui mal me per-matou, 31.1); por outra banda, mui é un elemento que con certa frecuencia é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Cfr., ademais, outros contextos similares: ca vos quero mui melhor d’outra ren (194.4); polo meu ben / me quis e quer mui melhor d’outra ren (1154.3).

  • 8

    A lección unánime dos manuscritos transmite unha forma <aua>, que deberemos interpretar como ava; isto é, un adverbio presentativo (‘eis, velaí’), con valor interxectivo, de moi rara aparición nos textos medievais, onde só localizamos dúas ocorrencias na tradución galega da General Estoria (véxase CGPA, s.v.):

    Et diso [estonçes] Cayn anoso señor Deus: “Aua queme tu deytas da façe da terra et da tua, et eu asconder me ey ante ty, et andarey errado et fugido [perla] terra, et Pareyso aque chamarõ despoys Edom, pero nõ morarõ aly, mays ficarõ em outra terra açerca dy aque diserom despoys por nome Nod [...]”»; «Despoys que Deus catou aquela obra diso: “Aua que este he hũ pouoo, et hũa he alyngagéé de todos; et começarõ esto afazer et bem creo quese nõ partyrã de seus pensamẽtos máos ata queos cõplam por obra [...]”.

    As restantes ocorrencias medievais deste adverbio achegan outras variantes (euade, evades, ávache, ava-cha; véxase Lorenzo 1977: II, s.v. euade), todas elas procedentes do lat. habeatis, polo valor imperativo. Canto a ava, talvez existiu cruzamento con (h)ave, forma de imperativo de (h)aver que goza dunha relativa presenza nos textos medievais. Véxase tamén Corominas & Pascual 1980-1991, s.v. haber.
    En calquera caso, todas as edicións precedentes (Nunes, Tavani, Littera) interpretaron a existencia dun erro de copia por ora.

  • 8-9

    A articulación discursiva do parágrafo, coa formulación interrogativa, é formulada diferentemente nas edicións precedentes. Eis a versión xeral, tamén posíbel, estabelecida a partir de Nunes:
              Ora que eu moiro con quem ficades?
    ​​​​​​​          Vós con ela par Deus non ficaredes / ...

Rechercher
    Aucun résultat trouvé