16 [= RM 111,6]
Par Deus, fremosa mia senhor

Par Deus, fremosa mia senhor,
macar me fazedes pesar,
ei-vos ja sempr’a desejar
enos dias que vivo for,
ca m’ar poderedes fazer,
quando ar quiserdes, pr[azer].
 
 
 
 
5
 

Manuscrits


B 42

A situación deste texto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, copiado a seguir da cantiga 17 (B 43), foi modificada por Colocci a través da numeración que lle atribuíu.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 656 [= LPGP 706]); Miranda (2004: 164); Cohen (2010b: 24); Marcenaro (2012a: 92); Littera (2016: II, 207).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13); Cotarelo Valledor (1933: 25); Machado & Machado (1949: I, 58); Rios Milhám (2017: I, 16).

Variants manuscrites


4 enos] euꝯ B; que] en que B   6 quiserdes, pr[azer]] quiserdes pi B

Variants editorials


3 vos] vus Michaëlis   4 enos dias que] nos dias en que Michaëlis : enos dias en que Marcenaro : nos dias em que Littera

Paràfrasi


(I) Por Deus, fermosa miña señora, aínda que me causades pesar, xa por sempre vos hei desexar nos días en que estiver vivo, pois tamén me poderedes conceder, cando vós quixerdes, pracer.

Mètrica


Cantiga de amor (fragmento). A estrofa, a única que conservamos, consta de seis octosílabos agudos.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c

Notes


Text
  • 2

    A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.

  • 4

    Perante a hipermetría do verso parece pertinente omitir a preposición en á vista dos contextos similares que se rexistran no corpus: nos dias que viver (24.3, 1656.8), enos dias que eu viver (67.24), enos dias que viver (68.19), [e]nos dias que vivo for (973.16).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat