1010 [= RM 63,56]
Par Deus, mia madr’, o que mi gran ben quer

Par Deus, mia madr’, o que mi gran ben quer
diz que deseja comig’a falar
máis d’outra ren que omen pod’osmar;
e ũa vez, se a vós aprouguer,
fale migo, pois end’atal prazer
é, saberemo-lo que quer dizer.
De falar migo non perç’eu bon prez,
ca de sa prol i ren non falarei,
e el dira e eu ascuitarei;
e, ante que moira ja, ũa vez
fale migo, [pois end’atal prazer
é, saberemo-lo que quer dizer].
Se vos prouguer, venha falar aqui
con mig’, ai madre, pois én sabor á,
e direi-vos pois quanto m’el dira;
e ũa vez, ante que moir’assi,
fale [migo, pois end’atal prazer
é, saberemo-lo que quer dizer].
Quiça quer-mi ora tal cousa dizer
que lha poss’eu sen meu dano fazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


V 596

Esta composición correspóndese cunha lacuna no Cancioneiro da Biblioteca Nacional; porén, fican os restos do folio rachado de modo que se pode ler o inicio dos versos que corresponden á derradeira estrofa (Seuꝯ p / Cōmi / E d / E / Fal) e fiinda do texto que tería o número 1006; no caso da fiinda, para alén da raia vertical de Colocci que sinala a súa existencia, só se aprecia parte da letra inicial <Q> dos dous versos.

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 257-258); Rodríguez (1980: 151 [= LPGP 398]); Cohen (2003: 540); Littera (2016: I, 441-442).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 213); Braga (1878: 114); Fernández Pousa (1959: 112); Machado & Machado (1960: VII, 84).

Variants manuscrites


1 gran ben quer] gram \bē/ quer V   5 fale] tale V   7 perç’eu] perzeu V   11 fale] tale V   13 falar] falhar V   17 fale] tale V   19 Quiça] Quiza V   20 sen] seu V

Variants editorials


4-6 e ũa vez, se a vós aprouguer, / fale migo, pois end’atal prazer / é, saberemo-lo que quer dizer] e ũa vez, se a vós aprouguer, / fale migo, pois end’á tal prazer, / e saberemo-lo que quer dizer Nunes, Rodríguez, Cohen : e ũa vez, se a vós aprouguer, / fale migo, pois end’há tal prazer, / e saberemo’lo que quer dizer Littera   10-12 Véxanse vv. 4-6   16 moir’assi] moira assi Rodríguez : moira ‘ssi Cohen   16-18 Véxanse vv. 4-6

Paràfrasi


(I) Por Deus, miña nai, o que moito me ama di que desexa falar comigo máis que calquera outra cousa que un pode imaxinar; e, se vos prouguer, unha vez fale comigo, pois niso tanto pracer ten, saberemos o que me quere dicir.

(II) Por el falar comigo non perdo eu a boa fama, pois do seu proveito eu alí non falarei nada, e el dirá e eu escoitarei; e antes de que morra xa, unha vez fale comigo, pois niso tanto pracer ten, saberemos o que me quere dicir.

(III) Se vos prouguer, veña aquí falar comigo, ai madre, pois ten desexo diso, e despois direivos canto el me dirá; e unha vez, antes de que morra así, fale comigo, pois niso tanto pracer ten, saberemos o que me quere dicir.

(1) Quizais agora me quere dicir unha cousa tal que eu lle podo conceder sen dano para min.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:92) + 10c 10c

Encontros vocálicos: 19 -mi‿ora

Notes


Text
  • 2

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 635.6, 754.6, 899.10, 952.8, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 4-6

    A reinterpretación de <e> inicial do v. 6 como forma verbal é e a conseguinte adecuación da puntuación evita unha incoherencia sintáctica cun e expletivo que todas as edicións precedentes presentan desde a primeira edición crítica desta composición. Eis o texto de Cohen:
              e ũa vez, se a vós aprouguer,
              fale migo, pois end’ á tal prazer,
              e saberemo-lo que quer dizer.

  • 10

    A puntuación de Littera no verso é diverxente de todas as edicións: e, ante que moira, ja ũa vez / fale...

  • 13

    Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos apógrafos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas flexións: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e no substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.

  • 14

    A forma medieval migo, con algunhas variantes (véxase nota a 10.18), xa convivía na altura cronolóxica das cantigas con comigo, que aínda pode presentar a forma analítica con migo (11.24, 584.14, 585.8, 773.8, 846.r1, 856.1, 928.8, 939.13, 1039.10 e 26, 1099.19, 1234.20, 1303.8), fórmula concorrente coa arcaizante con mego (469.6 e 9).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat