I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 39-40); Lanciani (1974: 110-111 [= LPGP 137-138]); Littera (2016: I, 143-144).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 27-28); Braga (1878: 11); Machado & Machado (1950: II, 278-27); Rios Milhám (2018b: III, 426).
5 soub’eu] seubon B : seu bō V; dizia] diziam B : diziam̄ V 6 verria] ueiria BV 7 guardei] guardeu BV 11 eu] en B 14 eu] en B 17 eu] en B; qual] ꝯ̄l V
3 vos] vus Lanciani 4 vos] vus Lanciani 5 vos dizia] vus diria Lanciani 6 me] om. Nunes; por] per Lanciani 7 vos] vus Lanciani 8 vos] vus Lanciani 9 vos] vus Lanciani 11 vos] vus Lanciani; diria] dizia Nunes, Littera 12 me] om. Nunes; por] per Lanciani 13 fezestes] fazestes Lanciani 14 porque] perque Lanciani : per que Littera 15 vos ... vos] vus ... vus Lanciani 16 valh'a mí] valha-mi Nunes, Lanciani : valha-m'i Littera; porque] perque Lanciani 17 vos] vus Lanciani; diria] dizia Nunes, Littera 18 me] om. Nunes; por] per Lanciani
(I) Por Deus, señora, certamente é moi xusto que me odiedes de corazón, porque vos eu fun dicir, abofé, que vos amaba, señora, e non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría.
(II) Non evitei dicirvos pesar cando vos dixen, así Deus me perdoe, que vos amaba; mais xulgar podedes vós, se quixerdes, que non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría, (III) pois vós me fixestes perder o xuízo porque non souben eu entón evitar dicirvos que vos amaba; mais vállame (como defensa) contra vós que non me souben eu decatar de canto pesar vos dicía nin de canto mal me despois por iso viría.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10’C 10’C (= RM 99:29)
Ao erro <ou>/<eu>, presente en diversas pasaxes dos apógrafos italianos (<meuro> mouro 493.15; <crieu> B criou 1318.4; <gurdeu> V guardou 1335.8; <eutra> B outra 1458.4; <eu> V ou 1496.10; <Eu> B ou 1588.24; <eu> V ou 1681.7), hai que acrecentar o erro <ou>/<õ> en V (véxase nota a 116.2). Porén, parece globalmente un lapso en que seu bon substituiría soub’eu.
Perante a evidente variación no refrán (dizia I vs. II-III diria), os editores nivelaron sobre dizia (Nunes; Littera) ou sobre diria (Lanciani). Porén, de acordo coa unánime lección dos manuscritos, mantemos a antecitada variación temporal da forma verbal (véxase nota a 280.15; cfr. nota a 27.4). Deste modo, na primeira estrofa, en presente, o trobador non foi consciente do pesar que lle estaba a causar ao dicirlle que a amaba, e nas estrofas II e III non foi consciente do pesar que lle causaría ao dicirlle que a amaba.
Fazestes en Lanciani debe ser un erro de imprenta.
Optamos por considerar tónica a forma pronominal mí e segmentar a preposición a, confirmando o acento na 4ª sílaba e de acordo con outros contextos similares: e vall’a mí bon sén que vós avedes (146.3), nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4), nunca me vall’a min Nostro Sennor (370.4) (cfr. nota a 81.16). Véxase Monteagudo 2019: 111-113.