52 [= Tav 151,12]
Par Deus, senhor, ja eu ben sei

Par Deus, senhor, ja eu ben sei
ca, entanto com’eu viver,
ca nunca de vós ei d’aver,
mal pecado, se coita non;
mais, por end’, ora que farei,
que non sei eu est’en sazon
de por én conselh’i poer?
Que nunca eu ja poderei
por vós tanta coita prender
que m’eu por én possa creer
se[m]pre voss’om’e quite non;
e poi-lo eu desta guisa ei,
por Deus, meted’o coraçon,
se poderdes, en vos prazer.
E, mia senhor, al vos direi
que mi devedes a creer:
se o non quiserdes fazer,
non tenh’eu i se morte no[n];
e, senhor, preguntar-vos-ei:
dizede, se Deus vos perdon,
sera ben d’eu assi morrer?
E nunca vos eu ja irei
de mia fazenda máis dizer;
mais aque-m’en vosso poder,
per bõa fe, que d’outra non;
e por mí non vos falarei,
ca, se vos ren fiz sen razon,
dereit’é de m’eu padecer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 79

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 713-714 [= LPGP 942-943]); Littera (2016: II, 523).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 26); Machado & Machado (1949: I, 104-105); Rios Milhám (2017: I, 52).

Variantes manuscritas


3 vós] u B   11 quite] qⁱce B   13 meted’o] mecedo B   14 vos] uos B   18 se morte no[n]] semorce no B   19 preguntar-vos-ei] ꝑʼgūcaru ei   25 bõa] bona B

Variantes editoriais


6 eu est’en] eu esta Michaëlis : est’em Littera   7 poer] põer Michaëlis   10-11 que m’eu por én [non] possa creer / sempre voss’omen’ e al non Michaëlis : que m’eu por en possa creer / sempre voss’homem quite, nom Littera   12 guisa ei] guis(a) ei Michaëlis : guis’ei Littera   14 vos] vos vos Michaëlis   15 vos] vos Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   26 por ... vos] per ... vus Michaëlis : per ... vos Littera   27 vos] vus Michaëlis

Paráfrase


(I) Por Deus, señora, xa eu ben sei que, en todo o tempo que eu viva, nunca hei recibir de vós, infelizmente, outra cousa que coita; mais, por iso, que farei agora, que non sei isto en tempo de poder achar unha solución?

(II) Porque eu nunca poderei recibir por vós tanta coita que por esa causa non me poida crer sempre o voso vasalo e non libre; e xa que así me acontece, por Deus, ponde toda a vontade, se puiderdes, en que vos praza.

(III) E, miña señora, outra cousa vos direi que me debedes crer: se o non quixerdes facer, non teño eu máis saída que a morte; e preguntareivos, señora: dicide, así Deus vos perdoe, será ben que eu morra así?

(IV) E nunca vos eu irei falar xa máis dos meus sentimentos; mais velaquí me tendes no voso poder, abofé, que non doutra; e non vos falarei na miña defensa, xa que, se algunha cousa vos fixen sen razón, xusto é que eu padeza.
 

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8a 8c 8b (= Tav 184:2)
Encontros vocálicos: 12 poi-lo‿eu

Notas


Texto
  • 2-3

    Obsérvese a repetición da conxunción completiva ca (noutras ocasión é que) tras unha frase parentética, como medio de recoller de novo o discurso: Par Deus, senhor, ja eu ben sei / ca, entanto com’eu viver, / ca nunca de vós ei d’aver, / mal pecado, se coita non. Véxase nota a 53.17-18.

  • 10-11

    O texto de Michaëlis (que m’eu por én [non] possa creer / sempre voss’omen’ e al non) practica unha emenda no v. 10 que acrecenta o adverbio non e, deste xeito, altera a medida octosilábica do verso, para alén de ser desnecesaria do punto de vista semántico; resulta, así mesmo, incomprensíbel a interpretación da mesma editora no v. 11, cunha nova e desnecesaria emenda da lección manuscrita. Por súa parte, o texto de Littera, sendo máis fiel ao manuscrito, presenta unha artificiosa e forzada interpretación para o v. 11.

  • 12

    Son razóns rítmicas as que aconsellan a sinalefa poi-loeu en vez de guisaei.

  • 24

    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 244.5, 246.6, 268.8, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).

  • 25

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado