76 [= RM 151,13]
Par Deus, senhor, sei eu mui ben

Par Deus, senhor, sei eu mui ben
ca vos faço mui gran pesar
de que vos sei tan muit’amar;
mais, se o sei, non ar sei ren
por que end’al possa fazer
enquant’eu no mundo viver.
E pesa-vos porque non ei
eu poder no meu coraçon
d’amar, mia senhor, se vós non;
mais, pero vos pesa, non sei
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
Porque vos quer’eu [mui] melhor
d’outra ren, viv’en grand’afan
e sei que faço-vos, de pran,
pesar; pero non sei, senhor,
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
E, mia senhor, se vos prouguer,
ben me devedes a parcir
ben que vos quer’, e consentir,
pois que mi Deus guisar non quer
por que end’al possa fazer
[enquant’eu no mundo viver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 13, B 103

En A só están copiados os vv. 1-10; probabelmente faltan folios no manuscrito, que hoxe ofrece un talón moderno a seguir, engadido durante a súa restauración (cfr. Arbor Aldea 2009c).

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 28-29 [= LPGP 943]); Littera (2016: II, 541-542).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 37); Carter (2007 [1941]: 9); Marques Braga (1945: 31-32); Machado & Machado (1949: I, 143); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 76).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 1-2).

Variantes manuscritas


2 vos] uus A   3 vos] uus A   5 por que end’al] Per qu endal A   7 vos] uus A   21 quer’, e consentir] q̄ra ꝯsentir B

Variantes editoriales


2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   5 por] Per Michaëlis, per Littera   7 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   11 por] Per Michaëlis, per Littera   13 vos] vus Michaëlis   15 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis; quer', e consentir] queira consentir Michaëlis

Paráfrasis


(I) Por Deus, señora, eu sei moi ben que vos causo moito pesar por vos amar tanto; mais, se o sei, tamén non sei nada polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo

(II) E pésavos porque eu non teño poder no meu corazón para amar a ninguén, miña señora, agás a vós; mais, aínda que vos pesa, non sei (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo

(III) Porque vos amo eu moito mellor que a calquera outra cousa, vivo con grande ansiedade e sei que vos causo pesar, sen dúbida; pero non sei, señora, (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo

(IV) E, miña señora, se vos prouguer, ben me debedes perdoar e permitir que vos ame, porque Deus non me quere dispoñer (nada) polo que nisto poida facer outra cousa en canto eu viva no mundo.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:387)

Notas


Texto
  • 5

    A pesar da presenza de per en A, damos preferencia a B polo feito de a cantiga aparecer fragmentaria no Cancioneiro da Ajuda (só foron copiados dez versos) e, por tanto, faltar en A o refrán da segunda e da terceira estrofas.

  • 9

    O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 10

    O paralelismo construtivo co v. 4 aconsella independizar mais e pero para evitar a locución mais pero (véxase nota a 11.5).

  • 13

    A introdución da copulativa a inicio do verso, que resolvería a súa hipometría, impide, por én, o acento na cuarta sílaba; é por isto que parece preferíbel integrar mui, elemento que con certa frecuencia é esquecido no proceso de copia, como mostran algunhas pasaxes en que os testemuños son diverxentes (A vs. BV: 400.13, 421.19; B vs. A: 194.4; BV vs. A: 421.13; B vs. V: 1184.3). Cfr., ademais, outros contextos similares: ca vos quero mui melhor d’outra ren (194.4); polo meu ben / me quis e quer mui melhor d’outra ren (1154.3).

  • 15

    Nótese a posposición do clítico nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal:

    ca en tal ora nado
    foi que, mao pecado,
    amo-a endoado (22.r6-7)

    que m’ei a queixar, se quiser-
    -lle pedir alg’ou a veer (123.24-25)

    E rogo-ll’eu que, se lha El prouguer,
    mostre-mi-a ced’... (314.19-20)

    Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que (véxase nota a 216.3), que se poden achar esporadicamente na prosa:

    et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (General Estoria; Martínez López 1963: 190); 

    E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1990: IV, 442). 

  • 20

    O verbo parcir ‘perdoar’ (< parcere ‘aforrar, economizar; deixar de, omitir; perdoar etc.’), semella unha voz rara e propia do rexistro poético, pois presenta só cinco atestacións na poesía profana (752.8, 827.8 e 10, 843.7) e outros seis rexistros nas Cantigas de Santa Maria (véxanse CSM 28.33, 115.168, 145.57, 174.25, 175.91 e 272.52), sen ocorrencias na produción prosística medieval. Non se recollen ocorrencias desta voz na produción prosística medieval.

  • 20-21

    Na súa primeira aparición ben é adverbio que modifica devedes, fronte ao segundo ben sen artigo, tal como esporadicamente se rexistra no corpus da lírica profana (véxase nota a 11.23), a formar parte da expresión (det.) + ben que + pron. pers. + querer. Porén, conforme o texto de B, o período presenta dificultades de comprensión, que se resolve cunha mínima emenda a > e, xa indicada en Nobiling (2007 [1907b]: 188) e efectuada en Littera. 

Buscar
    Sin resultados