1237 [= RM 64,22 (= 116,25)]
Pedr’Amigo, quer’ora ũa ren

– Pedr’Amigo, quer’ora ũa ren
saber de vós se o poder saber:
do rafec’ome que vai ben querer
mui boa dona, de que nunca ben
atende ja, e o bõo, que quer
outrossi ben mui rafece molher,
pero que lh’esta queira fazer ben,
qual destes ambos é de peior sén?
– Joan Baveca, tod’ome se ten
con mui bon om’, e quero-m’eu tẽer
logo con el; mais por sen-conhocer
vos tenh’ora, que non sabedes quen
á peor sén (e, pois vo-l’eu disser,
vós vos terredes con qual m’eu tever)
e que sabedes vós que sei eu quen:
o rafec’om[e] é de peior sén.
– Pedr’Amigo, des aqui é tençon,
ca me non quer’eu convosc’outorgar:
o rafec’ome, a que Deus quer dar
entendiment’, en algũa sazon,
de querer ben a mui bõa senhor,
este non cuid’a fazer o peor;
e quen molher rafec’, á gran sazon,
quer ben non pode fazer se mal non.
– Joan Baveca, fóra da razon
sodes, que m’ante fostes preguntar,
ca mui bon ome nunca pod’errar
de fazer ben, assi Deus me perdon:
o rafec’ome que vai seu amor
empregar u desasperado for,
este faz mal, assi Deus me perdon,
e est’é sandeo e est’outro non.
– Pedr’Amigo, rafec’ome non vi
perder per mui bõa dona servir,
mais vi-lho sempre loar e gracir;
e o mui bon ome, pois ten cabo sí
molher rafec’e se non paga d’al,
e, pois el entende o ben e o mal
e por esto non na quita de sí,
quant’é melhor, tant’erra máis i.
– Joan Baveca, des quand’eu naci,
esto vi sempre e oi departir
do mui bon ome: de lh’a ben sair
sempre o que faz; mais creede per mí:
do rafec’ome que sa comunal
non quer servir e serve senhor tal
por que o tenhan por leve, por mí,
quant’ela é melhor, tant’erra máis i.
– Pedr’Amigo, esso nada non val,
ca o que ouro serv[e] e non al
diz, a[va]rento semelha des i;
e parta-s’esta tençon per aqui.
– Joan Baveca, non tenho por mal
de se partir, pois ouro serv’atal
que nunca pode valer máis per i;
e julguen-nos da tençon per aqui.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35
 
 
 
 
40
 
 
 
 
45
 
 
 
 
50
 
 
 
 
55
 

Manuscritos


B 1221, V 826

En B, a rúbrica atributiva Joham baueca aparece riscada, entre as estrofas I e II.

Ediciones


I. Edicións críticas: Marroni (1968: 280-284); Lapa (1970 [1965]: 299-301 [= LPGP 421-422]); Zilli (1977: 85-87); Lopes (2002: 205-206); Littera (2016: I, 477-478).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 284-285); Braga (1878: 155-156); Machado & Machado (1956: V, 333-335).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 187-188); Alvar & Beltrán (1989: 213-214); Jensen (1992: 384-386); Arias Freixedo (2003: 449-452); Alvar & Talens (2009: 490-492).

Variantes manuscritas


1 ren] irē B   2 poder saber] ssaber poder BV   3 rafec’ome] iraffec  ome B : rrafec ome V; vai] (na) uay B   6 rafece] iraffece B   7 lh’esta] l\h/esta V   9 Baveca] baueta BV   10 tẽer] teer B   12 vos] Vos B : uos V   14 terredes] teiredes B; tever] teu B   15 e] et V   16 rafec’om[e]] raffezome V   17 tençon] rē tom B   22 cuid’a] cnyda B   23 e] et V; rafec’, á] iraffec B : rrafez a V; gran] grã B; sazon] ssaçō V   25 Baveca] baueta B : hauete V; fóra da razon] sfora da irazō B   27 pod’errar] pode ssar BV   29 o rafec’ome] Eoira ffecome B : eorraffeçome V    30 desasperado] desa\s/ꝑa do B   32 e] et V; e est’outro] et estroutro V   33 rafec’ome] irasteçome B   34 dona] doā V   35 e] et V   36 e] et V   37 rafec’e] ira ffece B : rraffeze V   38 e] et V; o ben e] abem et V   39 e] et V; quita] q̄ta B   40 erra] eyra B   41 Baveca] baueta V   42 sempre e] ssempr e V   44 sempre o] Ssenp’ o B : ssenpro V; creede] qeede BV   45 rafec’] iraffeç B : rra ffez V   46 quer] q̃r V; e] et V   47 mí] uil BV   48 quant’ela] Quētela B; erra] eyra B   50 non] no V   51 diz, a[va]rento] Diz aren to B : diz arento V   52 e parta-s’esta tençon] et parra ssesta tenço V   53 Baveca] baueta V   54 partir] ꝑtyr BV   56 e] et V; tençon] tēcō B : tēţō V

Variantes editoriales


2 poder saber] saber poder Marroni, Lapa, Zilli : saber puder Lopes, Littera   4 boa] bõa Marroni; que] quem Littera   5 o] [d]o Lopes, Littera   6 rafece] rraffece Marroni   7 pero] pera Lapa   10 tẽer] teer Lapa, Zilli, Lopes, Littera   12 vos] vós Marroni   13 á] a Zilli   14 vos] vus Marroni, Zilli   15 e] et Marroni, Zilli : é Lopes; sabedes] sabiades Lapa : sab’[r]edes Littera   16 o rafec’om[e] é] o raffeç’om[e] Marroni, Zilli : é: [o] rafeç’om’é Lapa : é: [o] rafeç’hom’é Lopes, Littera   22 cuid’a fazer] cuyda fazer Marroni, Zilli : cuida fazer Lapa, Lopes, Littera   23 e] et Marroni, Zilli; á gran sazon] a gran ssazon Marroni, Zilli : a gran sazon Lapa :  a gram sazom Lopes, Littera   29 o] e o Marroni, Zilli, Lapa, Lopes   32 e] et Marroni, Zilli; sandeo] sandeu Lopes, Littera; e] et Marroni, Zilli   35 e] et Marroni, Zilli   36 e] et Marroni, Zilli   38 e ... e] et ... et Marroni, Zilli   39 e] et Marroni; non na] nõna Lapa : nõn’a Lopes, Littera   40 quant’é] quant’[el] é Marroni, Zilli, Littera : quant[o] é Lapa : quant’é [el] Lopes   42 sempre e] sempr’e Lapa, Lopes, Littera : ssempr’e Zilli   44 sempre o] ssenpr’o Marroni : sempr’o Lapa, Lopes, Littera : ssempr’ Zilli; per] por Lopes   46 e] et Marroni, Zilli   48 é] e Zilli   50-51 ca o que ouro serv[e] e non al / diz, a[va]rento semelha des i] ca o que ouro sserv[e] e non al / dizarento * ssemelha des y Marroni : ca o que ouro serv’e non al / o avarento semelha des i Lapa : ca o que ouro sserv[e], e non al / [o] dizarento ssemelha des y Zilli : ca o que [o] ouro serv’e nom al, / o avarento semelha des i Lopes, Littera   52 e] et Marroni, Zilli   55 que] quem Lopes   56 e] et Marroni, Zilli

Paráfrasis


(I) –Pedro Amigo, quero agora saber unha cousa de vós se a puider saber: entre o home plebeo que vai amar unha dama nobre, de quen nunca espera ser correspondido, e o (home) nobre, que outrosí ama unha muller de condición plebea, cal destes dous é de peor xuízo?
(II) –Joan Baveca, todos concordan co home moi nobre e eu quero concordar logo con el; mais por ignorante vos teño agora, porque non sabedes cal ten peor siso (e, cando eu volo dixer, vós darédesme a razón) e porque sabedes que eu sei quen (é): o home plebeo é de peor xuízo.
(III) –Pedro Amigo, desde aqui é tenzón, pois non quero concordar convosco: o home plebeo a quen Deus quere dar o pensamento, nalgunha ocasión, de amar a unha dama nobre, este non coida facer o peor; e quen ama a unha muller plebea hai moito tempo non pode facer senón mal.
(IV) –Joan Baveca, saístesvos do asunto sobre o que antes me preguntastes, pois un home de moi boa condición (nobre) non pode errar en obrar ben, así Deus me perdoe: o home plebeo que vai pór o seu amor alí onde non ten ningunha esperanza, este fai mal, así Deus me perdoe, e este é louco e esoutro non.
(V) –Pedro Amigo, non vin un home plebeo perder por servir unha dama nobre, mais vin sempre louvarllo e agradecerllo; e o home nobre, desde que ten xunto de si unha muller plebea e nada máis lle agrada, e xa que el ten capacidade para entender o ben e o mal e a pesar diso non a afasta de si, canto mellor é (a súa condición) tanto máis erra nesa cuestión.
(VI) –Joan Baveca, desde que nacín sempre vin isto e ouvín razoar sobre o home moi nobre: que lle sae ben sempre o que fai; mais crédeme a min: o home plebeo que non quere servir unha muller da súa mesma condición e serve unha señora tal por que o consideren de pouco siso, para min, canto mellor é ela, tanto máis erra el niso.
(1) –Pedro Amigo, iso non quere dicir nada, pois o que serve o ouro e non di outra cousa, semella avarento; e remate esta tenzón por aqui.
(2) –Joan Baveca, non me parece mal que remate, pois o ouro serve aquel que nunca pode valer máis por servir; e xúlguennos por esta tenzón até aquí.

Métrica


Esquema métrico: 6 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a 10a (= RM 162:1) + 2 x 10c 10c 10a 10a

Encontros vocálicos: 38 entende‿o; 40 má·is; 42 sempre‿e; 44 sempre‿o; 48 ela‿é

Notas


Texto
  • *

    Conforme indica Corral (2012), esta tençon e mais UC 1664 (–Don Garcia Martiiz, saber, de Pero da Ponte e Garcia Martiiz) constituiría, un dos dous únicos representantes do partimen ou joc partit na lírica profana galego-portuguesa. Pedr’Amigo e Joan Baveca elaboraron «un texto con habilidad y virtuosismo, en una vertebración unitaria y bien ensamblada, siguiendo los parámetros del partimen, sobre todo a nivel estructural y argumentativo (estrategia de oposiciones, contraste dilemático, expresión adversativa, orientación evaluativa y procedimientos lingüísticos en clave negativa, uso de sentencias), incluso en su forma (extensión)» (cfr. Corral 2012: 312).

    Ao longo de toda a tenzón prodúcese unha coidadosa repetición da palabra (ou sintagma) rimante do último verso de cada cobra por pares de estrofas e mais nas fiindas: é de peior sén (I-II), non (III-IV), tant’erra máis i (V-VI), tençon per aqui (F1-F2). E tamén se repite o rimante (dobre en rima) nos versos 4º e 7º de cada estrofa: I ben, II quen, III sazon, IV perdon, V , VI .

  • 2

    Nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 383.12, 421.18, 590.1, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.). Neste caso a grafía encobre a obviedade do erro de copia, xa que poder /po’dɛɾ/ (P3 de futuro de subxuntivo) non pode rimar con querer /ke’ɾeɾ/ (infinitivo), ao contrario de saber /sa’beɾ/; na tençon, os vv. 2-3 de cada estrofa riman entre si, con mudanza de rima por pares de estrofas: [er], estrofas I-II (saber : querer, tẽer : sen-conhocer), [aɾ], estrofas III-IV (outorgar : dar, preguntar : errar), [iɾ], estrofas V-VI (servir : gracir, departir : sair).

  • 3

    O arabismo rafece ‘barato; vil ordinario’ é voz case exclusiva das Cantigas de Santa Maria e mais das cantigas profanas, reitérase nesta cantiga (vv. 3, 6, 16, 19, 23, 29, 33, 37, 45) e aparece tamén en cinco cantigas máis, ás veces coas variantes rafez e refece (véxase UC/Glosario, s.v.).

  • 8

    Na lingua medieval é posíbel o sintagma estes ambos ~ estas ambas, isto é, o uso do demostrativo de P1 con ambos/as, tal como se rexistra neste verso e en diversos textos antigos, con prolongación até o século XVI incluído (véxase CGPA, s.v.).

  • 11

    Só achamos a lexicalización sen-conhocer na lírica profana (tamén 1036.7, 1442.7, 1443.19, 1672.14), onde é formación sinónima de ‘parvo, desasisado’, similar a outras formacións, como sen-razon, sen-saber ou sen-verdade (véxase Glosario, s.v.). Porén, un uso próximo, sen lexicalización pode verse na tradución da Crónica de España e da Crónica de Castilla (cfr. nota a 115.13):

    Et tu me semellas a dona sem piedade et sem boo conocer, et tees grã poder de fazer bẽ et mal (cfr. CGPA, s.v.).

  • 13-16

    A pasaxe levanta problemas de articulación sintáctica na edición de Marroni pola continuidade dos vv. 14-15:

                ... e, poys vo-l’eu disser,
    vós vus terredes con qual m’eu tever
    et que sabedes vós que ssey eu quen:
    o raffeç'om[e] é de peyor ssem.

    Por outra banda, a proposta textual de Lapa e de Lopes e mais Littera para os vv. 15-16 é tamén problemática, pola diferente modulación sintáctica e a problemática interpretación de diversos elementos. Eis a versión de Lapa:

    e que sabiades vós que sei eu quen
    é: [o] rafeç’om’é de peior sen.

    Repárese tamén na proposta de Lopes:

    é que –sabedes vós?– que sei eu quem
    [é]: o rafeç’hom’é de peior sem.

    E Littera (nótese a incomprensíbel forma sab’[r]edes):

    e que sab’[r]edes vós que sei eu quem
    [é]: o rafeç’hom’é de peior sem.

  • 22

    Como acontece coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén segmentar a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo (cuid’a fazer), dado que esta é, ademais, a construción maioritaria na lingua trobadoresca, por máis que ningún dos editores precedentes tivese realizado tal segmentación.

  • 23

    A presentación gráfica de á gran sazon como a gran sazon en todos os editores suxire que a expresión co verbo aver foi considerada unha (inexistente) frase adverbial temporal coa preposición a.

  • 28

    Nótese a grafía do ditongo final de sandeu, caso único de representación gráfica desta terminación, comparábel con -eo como desinencia (gráfica) de P3 de pretérito indicativo da segunda conxugación (véxase nota a 302.14).

  • 29

    En todas as edicións precedentes é conservada a copulativa inicial do verso, feito que obrigaría a unha sinalefa *eo, que vai contra os hábitos trobadorescos. É por isto que se debe expunxir a copulativa (e repuntuar a pasaxe, por medio dos dous puntos finais no v. 28). Existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16)B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 31-32

    Nestes dous versos percíbese con clareza o matiz diferenciador entre o demostrativo simple este e o reforzado est’outro (tamén en 1347.2, e aquest’outro en 1348.10):
              este faz mal, assi Deus me perdon,
              e est’é sandeo e est’outro non.

    De calquera maneira, véxanse exemplos diversos da utilización das formas reforzadas do demostrativo, ás veces con contracción ou aglutinación coas preposicións de e en, até fins o século XVI, no Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA, s.v.).

  • 34

    É certamente inusual a grafía <dōa> de V (por <dona>), onde o til de nasalidade representa unha nasal explosiva (/n/ ou /m/). Na realidade, ao longo do corpus rexístrase un limitado número de exemplos deste tipo: se mi-a <sēha> B vs. <se mia> A (225.2), se mi ar <ssēhar> B vs. <ssemhar> V (337.6=r2), com’estes <cō estes> V vs. <com estes> B (925.7), descomunal <descōunal> B vs. <descomunal> V (497.9), e meu <ē eu> B vs. <e meu> V (1176.16), Estava-m’en <Estauā en> B vs. <Estauam eu> V (1219.1), dona <doā> V vs. <dona> B (1237.34), com’eu <cō eu> B vs. <com eu> V (1593.6 [= r2]), dona <do a> B, <dō a> V (1664.3). É máis frecuente o proceso inverso: o -n- como unha marca de nasalidade vocálica (<bona> bõa, por exemplo) (véxase Ferreiro 2008).

  • 36

    O verso é hipermétrico conforme o texto transmitido por BV, agás que se practique a expunción da copulativa inicial.

  • 40

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as diversas emendas dos editores neste verso (quant[o] en Lapa, integración de el en Marroni, Zilli, Lopes e Littera, sen dúbida polo parelismo co v. 48), todas inducidas polo (aparente) problema de hipometría.

  • 43

    A expresión sair a ben equivale a ‘saír ben, resultar ben’.

  • 47

    A rima delata o erro de transmisión en BV, que levaría a un texto *por que o tenhan por lev’e por vil, semanticamente aceptábel mais imposíbel pola necesaria rima en -i co v. 44: isto leva consiga unha emenda <uil>/<mí>, necesaria, ademais, pola repetición do rimante nos versos 4º e 7º de todas as estrofas.

  • 49-51

    Estes versos constitúen un importante locus criticus, con diversas propostas editoriais. Para alén do hapax dizarento (traducido como «chiachierone» por Marroni, e como «impostore» por Zilli), é de subliñar a proposta de Elsa Gonçalves, que suxire unha diferente e innovadora lectura para esta pasaxe (Gonçalves (2016 [2006]: 427-431):
              –Pedr’Amigo, esso nada non val,
              ca o que ouro serv[e] e non al,
              fiz arento semelha des i.

    Ou sexa: «o que ama uma dama nobre (o ouro) e não outra dona qualquer torna-se por esse motivo semelhante à prata de lei (fiz arento)»; e esta lectura explicaría a resposta de Pedr’Amigo: ouro serv’atal / que nunca pode valer máis per i (vv. 54-55). En palabras de Gonçalves: «o vilão (atal) que “serve” dona de alta linhagem (ouro) nunca poderá, por esse facto, valer mais do que vale (= torna-se valioso como a prata de lei)».

    Esta proposta asenta, pois, na emenda de diz para fiz, que sería o mesmo que o provenzalismo fis (véxase nota a 20.9), tendo en conta que ás veces presenta a grafía <-z>, e no estabelecemento de arento ‘prata’ (do lat. argentum), con documentacións diversas na Idade Media (cfr. argen ~ argente, CSM 35.61, 244.38, 255.40; arento ~ arente, CSM 75.39, 369.49; véxase Mettmann 1972: IV, s.v.). Non obstante, e para alén da introdución dun hapax nas cantigas profanas que suporía a forma arento, o problema fundamental, do noso punto de vista, asenta en que o verso fica hipométrico.

Buscar
    Sin resultados