969 [= RM 63,58]
Pelo souto de Crexente

Pelo souto de Crexente
ũa pastor vi andar
muit’alongada de gente,
alçando voz a cantar,
apertando-se na saia,
quando saía la raia
do sol nas ribas do Sar.
E as aves que voavan
quando saía l’alvor,
todas d’amores cantavan
pelos ramos d’arredor;
mais non sei tal que ‘stevesse
que en al cuidar podesse
senon todo en amor.
Ali ‘stivi eu mui quedo,
quis falar e non ousei,
empero dix’a gran medo:
– Mia senhor, falar-vos-ei
un pouco se mi ascuitardes
e ir-m’-ei quando mandardes,
máis aqui non ‘starei.
– Senhor, por Santa Maria,
non estedes máis aqui,
mais ide-vos vossa via:
faredes mesura i,
ca os que aqui chegaren,
pois que vos aqui acharen,
ben diran que máis ouv’i.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 967, V 554

En B só foron copiados os 4 vv. iniciais e o inicio do v. 5 (Apertandosse)

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 254-255); Rodríguez (1980: 137 [= LPGP 399]); Cohen (2003: 585); Littera (2016: I, 439-440).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 198); Braga (1878: 105-106); Machado & Machado (1953: IV, 340-341); Fernández Pousa (1959: 106); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 60-61).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 21-23); De la Iglesia (1886: II, 141-142); Cidade (1941: 9-10); Seoane (1941: 77-78); Nemésio (1961 [1949]: 154-155); Fernández Pousa (1951: 108); Bernárdez (1952: 82-84); Varela Jácome (1953: 19-20); Nunes (1959: 334); Oliveira & Machado (1959: 47); Filgueira Valverde (1969: 22); Spina (1972: 361-362); Álvarez Blázquez (1975: 29-30); Landeira Yrago (1975: 154-155); Torres (1977: 452-453); Correia (1978: 232-234); Reckert & Macedo (1980: 176-177); Fiúza (1981: 67-70); Gonçalves & Ramos (1983: 224); Dobarro Paz et alii (1987: 32); Ferreira (1988: 72-73); Alvar & Beltrán (1989: 288-289); Pena (1990: 311-312); Ferreira (1991: 106-107); Jensen (1992: 142); Alonso Girgado (1992: 22); Pena (1993: 161-162); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 265); Diogo (1998: 226); Vieira (1996: 31-32); Vallín (1999: 43-44); Morán (1999: 40-41); [Morán] (2001: 42-43); Alvar & Talens (2009: 540-542); Fidalgo (2009: 216): Mongelli (2009: 172); Souto Cabo (2017: 110); Gutiérrez (2023: 149).

Variantes manuscritas


3 de] om. B   4 alçando] Filcando B : alzan/do V; cantar] tantar V   6-28 om. B   9 saia l’alvor] (saya laluor) / saya laluor V   12 que] qi V   14 en] eu V   20 quando] q̄ndo V

Variantes editoriais


1 Crexente] Crecente Rodríguez   3 de] da Nunes, Littera   12 que ‘stevesse] qu’i ‘stevesse Nunes, Rodríguez, Littera : qu<e> i ‘stevesse Cohen   15 quedo] queda Nunes   21 ‘starei] [e]starei Rodríguez, Cohen, Littera

Paráfrase


(I) Polo souto de Crecente vin andar unha pastora moi afastada da xente, cantando en alta voz e apertando contra si o vestido, cando raiaba o sol nas ribeiras do Sar.
(II) E as aves que voaban cando saía a alborada, todas de amores cantaban polas ramas de arredor; mais non sei de ninguén que se (alí) estivese puidese pensar noutra cousa agás no amor.
(III) Alí estiven moi quedo, quixen falar e non me atrevín, aínda que dixen con moito temor: –Miña señora, falareivos un pouco se me escoitardes e ireime cando me mandedes, máis aquí non ficarei.
(IV) –Señor, por Santa María, non fiquedes máis aquí, mais seguide o voso camiño: obraredes así con cortesía, porque os que aquí cheguen, ao vos acharen aquí, dirán que houbo algo máis (que unha conversa).

Métrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7’a 7b 7’c 7’c 7b (= RM 101:65)

Encontros vocálicos: 5 sa·ia; 5 ra·ia; 19 miascuitardes; 21 má·is

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga pertence a un reducido grupo de sete composicións de carácter híbrido que combinan en graos diferentes elementos propios das cantigas de amigo –mais tamén das cantigas de amor e mesmo das de escarnio– con elementos temáticos e léxicos propios do xénero da pastorela. Era esta unha modalidade poética bastante cultivada nas tradicións literarias oitánica e occitánica, en que un cabaleiro encontra soa e require de amores a unha moza pastora. As outras cantigas deste grupo son: Ũa pastor se queixava (UC 517), Ũa pastor ben-talhada (UC 551) e Vi oj’eu cantar d’amor (UC 564), de Don Denis; Cavalgava noutro dia, de Joan Perez d’Avoin (UC 691); Oi oj’eu ũa pastor cantar, de Airas Nunes (UC 864); e, finalmente, Quand’eu un dia fui en Compostela, de Pedr’Amigo de Sevilha (UC 1100). Sobre esta cuestión véxase Tavani (1986: 217-223).

  • 1

    A aparición da variante Crexente do topónimo compostelán Crecente confirma e reafirma a súa presenza en 962.6 (véxase nota).

  • 4

    Repárese na coincidencia expresiva deste verso con Martin Soarez: jura que alçará voz a cantar (1282.20).

  • 6

    A manutención de /l/ nunha forma do artigo en posición posvocálica (saía la raia; cfr. tamén lo en l’alvor, v. 9) mostra a procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo ou similares (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras cantigas (587, 609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 7

    O Sar é o principal río de Santiago de Compostela.

  • 12

    A imposíbel crase de que (véxase Ferreiro 2009) –e a pesar da pertinencia do adverbio i– lévanos á emenda de <qi>, coa consideración dun erro <i>/<e>, que se acha en numerosas pasaxes. Véxase, por exemplo, se  <sse> BV, <li> V’ (879.18); e <i> BV (882.25); se <se> B, <si> V (1216.6); é <hi> BV (1220.16); que <qui> B, <q̄> V (1255.14, 1345.7); de <di> BV (1450.15); aquela <aquila> B, <aq̄la> V (1468.9) etc.
    É por isto que, sen ser imprescindíbel a referencia espacial cun eventual adverbio i (cfr. qu’i ‘stevesse en Nunes, Rodríguez, Littera; qu<e> i ‘stevesse en Cohen), estabelecemos que ‘stevesse. A forma aferética ‘star debe ser posta en relación coa tendencia á perda da vogal inicial e- cando seguido da secuencia consonántica /st/ en fonética sintáctica após vogal ou /n/, e que afecta en especial a este verbo estar, aínda que se rexistra tamén noutras voces: estar (ora ‘stou, 396.3; ali ‘stivi, 969.15; non ‘starei, 969.21; que ‘stava, 1445.6; quando ‘sté, 1588.21); estorcer (a ‘storcer, 1505.4); estrãiar (ela ‘strãiasse, 358.21); Estremadura (en ‘Stremadura, 1324.10). Véxase nota a 6.4, 18.16, 51.1, 73.19, 878.1.

  • 21

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), é desnecesaria a restauración vocálica en [e]starei (Rodríguez, Cohen), sobre todo tendo en conta as formas ‘stevesse e ‘stivi nos vv. 12 e 15 da cantiga.

Procurar
    Não foram encontrados resultados