454 [= RM 18,32]
Penhoremos o daian

Penhoremos o daian
na cadela, polo can.
Pois que me foi el furtar
meu podeng’e mi-o negar,
e, quant’é a meu cuidar,
estes penhos pesar-lh’-an,
ca o quer’eu penhorar
na cadela, polo can.
Penhoremos o daian
[na cadela, polo can].
Mandou-m’el furtar a ‘lvor
o meu podengo melhor
que avia, e sabor
de penhorá-lh’ei, de pran,
e filhar-lh’-ei a maior
sa cadela, polo can.
Penhoremos o daian
[na cadela, polo can].
Pero querrei-mi avĩir
con el se [o] consentir;
mais, se o el non comprir,
os seus penhos ficar-mi-an,
e querrei-me ben servir
da cadela, polo can.
Penhoremos o daian
na cadela, polo can.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscritos


B 459

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 54-55 [= LPGP 156-157]); Paredesa (2001: 107); Lopes (2002: 48); Paredesb (2010a: 90); Littera (2016: I, 80).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 149-150); Machado & Machado (1950: II, 302-303); Paredes (2010b: 72-75); Paredes (2010c: 56-57); Rios Milhám (2018b: III, 454).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 59-60); Tavares & Miranda (1987: 125); Pena (1990: 253-254); Corral Díaz & Vieira (2023: 147).

Variantes manuscritas


2 can] tam B   6 estes penhos] Destes renhos B   8 can] tam B   9 o daian] edayam B   12 podengo] pedengo B   16 cadela, polo can] cadelo polo tam B   17 o daian] e dayam B   19 querrei] queirey B   20 consentir] conssent̃m B   23 querrei] queirey B

Variantes editoriales


11 a ‘lvor] alvor Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesa, Littera   12-14 o meu podengo melhor, / que avia en sabor; / e penhorar-lh’-ei de pran Lapa, Paredesa, Paredesa : o meu podengo melhor / que avia em sabor, / e penhorar-lh’-ei, de pram Lopes, Littera   19 avĩir] avir Lopes, Littera   20 el se [o]] el[e], se Lapa, Paredesa, Paredesb

Paráfrasis


Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.

(I) Xa que el me furtou o meu podengo e o negou, eu penso que estes peñores lle han pesar, porque lle quero coller en peñor a cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.

(II) Mandou el que á alba me furtasen o mellor podengo que eu tiña, e teño desexo de peñoralo, e heille pillar a súa maior cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.

(III) Mais quererei chegar a un acordo con el, se así o quixer; mais se el non cumprir o acordado, os seus peñores ficarán para min, e aproveitareime ben da cadela, polo can. Peñorémoslle ao deán a cadela, polo can.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7a 7a 7a 7b 7a 7b 7B 7B (= RM 14:1)

Encontros vocálicos: 4 mi-‿o; 19 -miavi͂ir; 22 -mi-‿an

Notas


Texto
  • *

    O daian desta cantiga pode ser o mesmo que o daian de Calez (cantiga nº 491, tamén de Afonso X) e mais o daian aludido na derradeira cantiga do corpus, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1683).

  • 1

    A voz penhorar (‘empeñar ou peñorar, tomar en prenda ou peñor’), do lat. pĭgnorāre, só volve aparecer unha ocasión no corpus das cantigas: dé-mi meu aver e gracir-lho-ei, / [e], se mi-o non der, penhora-la-ei (1368.14).
    Por súa parte, o termo daian aparece tamén noutras dúas cantigas (491.1, 1683.5): o daian de Calez noutra cantiga tamén de Afonso X (nº 491) e mais o daian aludido na derradeira cantiga do corpus, de Pedr’Amigo de Sevilha (nº 1683). Non obstante, daian, única forma utilizada no corpus das cantigas profanas, é variante minoritaria face ao xeral dean da documentación prosística (do lat. decānum, a través do francés; véxase García-Sabell Tormo 1990: 109-110). Para alén das cantigas, só achamos a variante daian en dous documentos galegos a que se deberá acrecentar tres ocorrencias de daiam en textos portugueses (CGPA, s.v. daian, daiam): 

    Et demays mandamos logo por esta presente carta a Roy Vaasques de Sonar clerigo de don Fernan Aras daian de Lugo (doc. 1334).

    Os sobreditos daián e cabídoo arrendaron a Johán de Leyra, concheiro, des o primeiro día de setenbro primeiro que passou ata dous anos, os tres soldos que o dito cabídoo há ẽna portajee antiga (doc. 1334).

  • 2

    Téñase en conta que cadela, ademais de ‘femia do can’ significa tamén ‘barragá’.

  • 5

    A copulativa inicial do verso é expletiva. No que respecta a quant’é a meu cuidar, é unha fórmula única no corpus, produto da xunción de quant’é (‘no relativo a isto’), que só aparece en 843.17, e a común expresión a meu cuidar (véxase nota a 228.8).

  • 6

    A voz penho (‘peñor’) só se rexistra nesta composición (tamén no v. 22), e é voz rara no período medieval, fronte a penhor (e penhora), tamén presente nas cantigas (81.19, 1473.2 e 1541.7).

  • 11

    A representación gráfica da crase vocálica na expresión adverbial temporal a alvor (‘no amañecer’)1 só pode ser a ‘lvor (sobre esta crase fonética véxase nota a 73.19). Esta expresión adverbial, sen artigo, pode verse, por exemplo, na Crónica Geral de Espanha de 1344:

    E, hũũ dia, quando a alvor queria cobrar, armaronsse en Sevilha mil homẽẽs a cavallo e ouveron consselho que fossem feryr ẽna hoste e que fezessem quanto podessem ante que os da hoste se podessem acorrer nẽ acolherensse a suas armas (cfr. CGPA, s.v.).

  • 12-15

    Os restantes editores emendaron a lección de B (e > en, v. 13; de > e, v. 14) sen necesidade, pois unha sintaxe e puntuación alternativa leva consigo tamén unha interpretación que non levanta problemas: deste xeito, sabor debe ser ligado a ei (aver sabor de penhorar-lho) e a copulativa inicial do v. 15 liga ei sabor... con filharei.

  • 14

    A asimilación (e absorción) da vibrante final do infinitivo á lateral palatal inicial do pronome lhe ~ lhi ([ɾʎ] > [ʎ]) prodúcese ocasionalmente, en especial nos cancioneiros apógrafos italianos (véxase nota a 21.3). Nótese, ademais, que a crase en lh’ei encobre unha forma pronominal contracta lho.

  • 15

    A maior / sa cadela pode ser a sa cadela maior, mais tamén pode constituír unha referencia á soldadeira de Maior Garcia. Cfr. 1683.1-5, onde se alude a un daian en relación a esta personaxe (véxase Mettmann 1966: 318):

    Maior Garcia vi tan pobr’ogano
    que nunca tan pobr’outra molher vi,
    que, se non foss[e] o arcediano,
    non avia que deitar sobre sí;
    ar cobrou pois sobr’ela o daian.
     

  • 20

    A presenza do pronome no v. 21 e a hipometría versal aconsellan a súa restauración neste verso (véxase 1224.17 para un caso similar indubitábel), antes do recurso a ele que Lapa e Paredes prefiren.

  1. ^

    Carolina Michaëlis suxire que Alvor podería ser o nome do podengo do dean (véxase Paredes, nota ao v. 11).

Buscar
    Sin resultados