693 [= RM 79,44]
Per boa fe, mui fremosa, sanhuda

Per boa fe, mui fremosa, sanhuda
sej’eu e trist’e coitada por én:
por meu amig’e meu lum’e meu ben,
que ei perdud[o], e el mi [á] perduda
porque se foi sen meu grado d’aqui.
Cuidou-s’el que mi fazia mui forte
pesar de s’ir porque lhi non falei,
pero ben sabe Deus ca non ousei;
mais seria-lh’oje melhor a morte
porque se foi [sen meu grado d’aqui].
Tan cruamente lho cuid’a vedar
que ben mil vezes no seu coraçon
rog’el a Deus que lhi dé meu perdon
ou sa morte, se lh’eu non perdoar,
porque se foi [sen meu grado d’aqui].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 678, V 280

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 102-103 [= LPGP 544]); Cohen (2003: 163); Littera (2016: I, 608-609).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 111); Braga (1878: 54); Machado & Machado (1952: III, 353).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 119); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 161).

Variantes manuscritas


2 e] om. B; por én] poreu B   3 lume] lnme B   12 mil] mal V; coraçon] coracon B   13 que lhi] q̅lhi q̅lhi BV

Variantes editoriales


1 boa] bõa Cohen; mui fremosa, sanhuda] mui fremosa sanhuda Littera   4 perdud[o], e el mi [á] perduda] perdud’e el mi [á] perduda Nunes : perdud’e el[e] mi perdud’á Cohen : perdud’e el mi [há] perduda Littera   13 dé] dê Nunes, Littera

Paráfrasis


(I) Abofé, moi fermosa, que eu estou sañuda e triste e coitada por isto: polo meu amigo e meu lume e meu ben, a quen dou por perdido, e el perdeume a min porque se foi de aquí contra a miña vontade.

(II) El pensou que ao irse me causaría un gran pesar, porque non lle falei, pero ben sabe Deus que non ousei (falarlle): mais hoxe seríalle mellor a morte porque se foi de aquí contra a miña vontade.

(III) Tan cruelmente llo penso prohibir, até que rogue el ben mil veces a Deus que lle conceda o meu perdón ou a súa morte se eu non lle perdoar, porque se foi de aquí contra a miña vontade.

Métrica


Esquema métrico: 10’a a0b 10b 10’a 10C (I-II [= RM 155:12]) + 10a 10b 10b10a 10C (III [= RM 155:7])

Encontros vocálicos: 4 mi[á]

Notas


Texto
  • 1

    A puntuación en Littera anula a consideración de mui fremosa como vocativo dirixido á confidente, e converte a amiga en mui fremosa sanhuda e trist’e coitada.

  • 1-5

    A estrofa I desta cantiga de Joan Soarez Coelho mostra certas reminiscencias coa primeira estrofa da cantiga 1220, de Pero d’Armea:

    Sej’eu fremosa con mui gran pesar
    e mui coitada no meu coraçon,
    e choro muit’e faço gran razon,
    par Deus, mia madre, de muito chorar
    por meu amig’e meu lum’e meu ben,
    que se foi d’aqui, ai madr’, e non ven.

  • 2

    A forma sejo, P1 de presente indicativo de seer, resultado da conxugación regular de sĕdēre neste tempo (sĕdĕō, sĕdes etc.), compite desvantaxosamente cos resultados de sŭm (> son) e *sono (> sõo, soo) (véxase Ferreiro 1999: §218b).

  • 3

    A construción tripartida meu amig’e meu lum’e meu ben atéstase tamén en Afons’Eanes do Coton (823.1), Joan Airas (1043.10), Juião Bolseiro (1195.20), Pedro d’Armea (1220.r1) e Lopo (1265.7).

  • 4

    A rima grave -uda descualifica a segmentación sanhud’á de Cohen, que tenta xustificar en nota editorial, nun verso que na edición de Nunes e Littera é hipométrico, pola inevitábel sinalefa mi[á].

  • 11

    Embora vedar (do lat. uetāre) sexa documentación única no corpus das cantigas profanas, era voz de uso corrente na lingua medieval (cfr. CGPA, s.v.).

Buscar
    Sin resultados