289 [= RM 75,15 (= 157,38)]
Per mí sei eu o poder que Amor

Per mí sei eu o poder que Amor
á sobr’aqueles que ten en poder,
ca me faz el tan coitado viver
que muit’á i que ouvera sabor
que me matasse; mais, por me leixar
viver en coita, non me quer matar.
Porque sei eu que faz el outrossi
aos outros que en seu poder ten
com’a mí faz, por én me fora ben,
per boa fe, des que o entendi,
que me matasse; mais, por me [leixar
viver en coita, non me quer matar].
Porque sei ben que nunca prenderei
dela prazer per el nulla sazon,
por én querria, si Deus me perdon,
o que vos digo, por esto que sei:
que me matasse; mais, por me [leixar
viver en coita, non me quer matar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 182

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 359 [= LPGP 494]); Fernández Graña (2007: 179); Littera (2016: II, 562); Barberini (2017b: 328-329).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 108); Machado & Machado (1960: VII, 24-25); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 289); Gutiérrez (2023: 79).

Variantes manuscritas


16 vos] uos A

Variantes editoriales


7 outrossi] outrosi Michaëlis   10 boa] bõa Michaëlis, Littera   16 vos] vus Michaëlis

Paráfrasis


(I) Por propia experiencia coñezo o poder que Amor ten sobre aqueles que ten no seu poder, porque el me fai vivir tan coitado que xa hai moito que (eu) tivera o desexo de que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.

(II) Porque eu sei que el fai outro tanto aos outros que ten en seu poder como me fai a min, por iso me fora ben, abofé, desde que o comprendín, que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.

(III) Porque sei ben que nunca por el recibirei dela ningún pracer nunca, por iso querería, así Deus me perdoe, por isto que sei, o que vos digo: que me matase; mais, por me deixar vivir en coita, non me quere matar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:133)

Notas


Texto
  • *

    A cantiga tamén é considerada como anónima.

Buscar
    Sin resultados