1209 [= RM 92,6]
Per quaes novas oj’eu aprendi

Per quaes novas oj’eu aprendi,
cras me verra meu amigo veer
e oje cuida quanto mi á dizer;
mais do que cuida non sera assi,
ca lhi cuid’eu a parecer tan ben
que lhe non nembre, do que cuida, ren.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1193, V 798

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 380 [= LPGP 615]); Cohen (2003: 426); Littera (2016: II, 83).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 274); Braga (1878: 150); Machado & Machado (1956: V, 298); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 157).

Variantes manuscritas


2 verra] veira B   3 e] et V   4 assi] asy V   5 ben] beni B   6 ren] irē B

Variantes editoriales


5 lhi] lh’i Cohen

Paráfrasis


(I) Polas novas que eu hoxe souben, mañá virame ver o meu amigo e hoxe pensa todo o que me ha de dicir; mais non será así como el pensa, xa que coido mostrarme para el tan fermosa que non lle lembrará nada do que pensa.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= RM 160:170)

Encontros vocálicos: 3 miá

Notas


Texto
  • 2

    O adverbio temporal cras, igual que eire, aínda ten certo uso nas cantigas (1478.19, 1500.19, 1588.6, 1596.6, 1649.14 e 1674.18); ambos adverbios axiña foron substituídos por, respectivamente, mañá e onte.

  • 5

    A segmentación lh’i realizada por Cohen é ecdoticamente posíbel desde o punto de vista editorial.

Buscar
    Sin resultados