483 [= RM 18,33]
Pero da Pont’á feito gran pecado

Pero da Pont’á feito gran pecado
de seus cantares, que el foi furtar
a Coton, que, quanto el lazerado
ouve gran tempo, el xos quer lograr,
e d’outros muitos que non sei contar,
por que oj’anda vistido e onrado.
E por én foi Coton mal dia nado,
pois Pero da Ponte erda seu trobar;
e mui máis lhi valera que trobado
nunca ouvess’el, assi Deus m’ampar,
pois que se de quant’el foi lazerar
serve Don Pedro e non lhi dá én grado.
E con dereito seer enforcado
deve Don Pedro porque foi filhar
a Coton, pois-lo ouve soterrado,
seus cantares, e non quis ende dar
ũu s[ol]do pera sa alma quitar
sequer do que lhi avia emprestado.
E por end’é gran traedor provado,
de que se ja nunca pode salvar,
come quen a seu amigo jurado,
bevendo con ele, o foi matar,
todo po-los cantares del levar:
come é que oj’anda arrufado?
E, pois non á quen no por én retar
queira, seera oimais por min retado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manoscritti


B 485, V 68

Edizioni


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 25-26 [= LPGP 157]); Paredesa (2001: 243); Lopes (2002: 73-74); Paredesb (2010a: 220); Littera (2016: I, 95-96).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 32); Braga (1878: 14); Machado & Machado (1950: II, 352-353); Paredes (2010b: 160-163); Paredes (2010c: 112); Rios Milhám (2018b: III, 483).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 22); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 41-40); Filgueira Valverde (1980: 82-83); Gonçalves & Ramos (1983: 197); Tavares & Miranda (1987: 175-176); Pena (1990: 247-248); Jensen (1992: 54); Alonso Girgado (1992: 18); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 59); Arias Freixedo (2003: 343-344); Fidalgo (2009a: 208).

Varianti manoscritte


3 Coton] cōta BV; quanto] q̄nto V; lazerado] lazerando BV   5 muitos] muytes BV   6 anda] ando BV   7 Coton] cōto V   11 lazerar] lazedo B : la/erado V   13 enforcado] em fforcado B : em fforçado V   16 cantares] cantaj̄s V; ende] ēn B : en̄ V   17 s[ol]do] ssco B : ssdo V   19 por end’é] ꝑ urende   20 se] rre V; nunca] uūca B   23 todo] tado B : trid V; polos] poles BV   25 retar] rrecar V

Varianti editoriali


4 ouve] houv’e[m] Lopes   15 pois] poi Lopes   16 ende] en[de] Lapa, Lopes   17 ũu] um Lopes, Littera   22 ele] el Lopes   24 come o que] con os quaes Lapa, Paredesa, Paredesb : com os quaes Lopes, Littera   25 quen no] quen'o Littera

Parafrasi


(I) Pero da Ponte cometeu un gran pecado polos cantares seus que lle foi roubar a Afonso Eanes do Cotón, de xeito que todo canto el (Cotón) por eles malviviu durante moito tempo, el (Pero da Ponte) quéreos aproveitar, e outros moitos que non se poden contar, grazas aos cales anda hoxe ben vestido e ben considerado.

(II) E por iso tivo moi má sorte Afonso do Cotón, xa que Pero da Ponte herda as súas trobas; e máis lle valera que nunca trobase, así Deus me axude, xa que de todo canto el malviviu sérvese Don Pedro e non llo agradece.

(III) E con xustiza debe ser enforcado Don Pedro, por lle ir roubar a Cotón os seus cantares, despois de que o foi soterrar, e non quixo dar nin un soldo para salvación da súa alma nin sequera do que el lle emprestara.

(IV) E por iso é un gran traidor probado, algo do que nunca vai poder xustificarse, como o que matou ao seu mellor amigo mentres estaba bebendo con el, e todo por lle levar os cantares: como pode andar tan fachendoso?

(1) Pois xa que non hai quen queira retalo por ese feito, de agora en diante será retado por min.

Metrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a + 10b 10’a (= RM 79:4)

Encontros vocálicos: 6 vistidoe; 8 Ponteerda; 12 Pedroe; 17 u͂͜u; 18 lhiavia; 26 se͜e·ra

Note


Testo
  • *

    A acusación de Afonso X contra Pero da Ponte polo asasinato de Afonso Eanes do Coton para lle roubar as súas composicións debe ser entendida como un xogo xocoso no ambiente cortesán.

    Graça Videira Lopes relaciona a presenza de  lazerado (v. 3) e lazerar  (v. 13) nesta composición co incipit da cantiga 973 (A gran dereito lazerei), atribuída a Afons’Eanes do Cotón e a Airas Engeitado, xa que podería «ser un indício de que o rei estará, na verdade, a citar irónica e jocosamente a única cantiga de amor de Cotom (a única que nos chegou), cujo incipit é exactamente “A gram dereito lazerei”» (Lopes 2012).

  • 3

    Coton é, obviamente, o trobador Afonso Eanes do Coton.

  • 6

    A harmonización vocálica nos verbos coa estrutura e...ir (> i...ir) é moi frecuente nos textos medievais, provocando a concorrencia de formas como pedir ~ pidir ou vestir ~ vistir. O mesmo acontece en voces relacionadas con estas, coa terminación -ido~-ida (midida, vistido). Cfr. nota a 42.14.

  • 12

    Don Pedro (tamén no v. 14) refírese a Pero da Ponte.

  • 15

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con pois e mais con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 16

    As reprentacións <ēn> e <en̄> son formas gráficas abreviadas de ende que aparecen esporadicamente nos códices da lírica profana. Cfr. nota a 32.10-11.

  • 17

    O indefinido u͂u (e tamén algu͂u e neu͂u) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 24

    A lección unánime de B e V resulta pertinente no contexto, sen que se perciban as razóns para unha desnecesaria emenda dos manuscritos (iniciada por Lapa e seguida polos restantes editores): a chave para propor unha interpretación conforme á lección dos códices reside na formulación interrogativa do derradeiro verso da estrofa, de modo que a fiinda responde á pregunta: el o retará pois non hai quen o rete.
    Arrufado é utilizado nesta ocasión (e mais en 1473.1) co sentido de ‘rufo, animoso, fachendoso’, aínda que tamén pode significar ‘furioso’, tal como acontece nas Cantigas de Santa Maria (véxase CSM 88.52). Cfr. nota a 1613.18.

Cerca
    Nessun risultato trovato