376 [= RM 9,8]
Pero eu dixe, mia senhor

Pero eu dixe, mia senhor,
que non atendia per ren
de vós ben, polo grand’amor
que vos sempr’ouvi al m’end’aven:
u vej’est’ar cuido no al
per que sempr’ouvi por vós mal,
per esso me fezestes ben
sempre levar assaz d’afan
por vós, mia sen[h]or; e por én,
pois outro ben de vós de pran
non ouve, sen[h]or, a meu sén,
sequer por quanto vos servi,
daqueste ben cuid’eu de min
que me non tolhades vós én
nada, sen[h]or, mentre eu viver;
e, se vos conveer d’alguen,
dissesse com’eu ja perder
tal ben non posso que me ven
de vós, [e] terredes, ben sei,
que non devia, poi-lo ei
per vós, a tee-l’en desden.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 408, V 19

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 23-24 [= LPGP 104-105]); Longo (2003: 80-81); Arbor Aldea (2001: 140); Littera (2016: I, 68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 509); Magne (1931: 82); Machado & Machado (1950: II, 216-217); Rios Milhám (2018b: III, 376).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 873-874).

Variants manuscrites


3-4 ben ... / ... vos] om. V   4 vos] uos B; m’end’aven] men diuem V   7 esso] esto V   8 assaz d’afan] assam diffam V   11 meu] men B   12 vos] uos BV   16 vos] nus B : uus V   19 terredes] terradB : temads̄ V

Variants editorials


8 sempre levar] Sempre levei Nunes : Sempre levar Arbor Aldea   12 vos] vós Longo   13 min] mi Nunes, Littera   15 mentre] mentr’ Nunes, Longo, Arbor Aldea, Littera   16 vos] vus Arbor Aldea, Longo; d’] qu’ Nunes, Longo   19 [e] terredes, ben sei] terredes, [eu] bem ssey Nunes : terredes, [eu] ben sei Arbor Aldea, Longo : terredes, ben’[o] sei Littera   21 per] por Nunes, Arbor Aldea, Littera

Paràfrasi


(I) Aínda que eu dixen, miña señora, que non esperaba por nada (recibir) de vós o voso ben, polo grande amor que eu sempre vos tiven, outra cousa me acontece respecto a iso: cando isto vexo penso no demais polo que sempre recibín mal de vós, por iso me fixestes ben (II) levar sempre abondo afán por vós, miña señora; e por iso, pois outro ben certamente non tiven de vós, señora, na miña opinión, sequera por canto vos servín, deste ben penso eu de min que non me privedes vós del (III) nada, señora, mentres eu viva; e, se vos conviñese por causa de alguén, diría (eu) como xa non podo perder tal ben que me vén de vós, e pensaredes, ben o sei, que non debía, xa que o teño por vós, consideralo con desdén.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:41)

Encontros vocálicos: 4 ouvial

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (tamén na edición de Longo) véxase nota á cantiga 15. Porén, en Nunes todas as cobras son indenpendentes, e na edición de Arbor Aldea só foron ligadas as estrofas II-III.

  • 6

    A pesar do frecuente uso de per, é rara a súa combinación con que na conxunción perque, fronte ao xeral porque, xa que só se rexistra en 39.7, 74.11, 84.4, 150.15, 263.23, 376.6, 976.18, 1440.44 e 1451.211 .

  • 7-8

    Coa excepción de Longo e Littera, os restantes editores isolaron sintacticamente as estrofas I e II, con dúas actuacións editoriais diferentes: ou a conservación da lección manuscrita no v. 8 de modo que se crea unha incongruencia sintáctica, xa que non existe verbo principal (Arbor Aldea), ou, alternativamente, con modificación de levar en levei (Nunes), emendando a unánime lección dos manuscritos.
    Co texto agora proposto, teremos de interpretar ben no v. 7 como adverbio dependente de levar, xa que no v. 10 a cantiga di que non lle fixo ben: ‘por iso ben me fixestes levar abondo afán por vós’; e, así, fica estabelecida a necesaria ligazón das estrofas II e II, sendo ateuda toda a cantiga.
    O uso da construción partitiva assaz de non é frecuente; con todo, rexístrase unha vez nas Cantigas de Santa Maria:

    E quatr’ anos durou, segund’ oý,
    que os monges ouveron pera si
    assaz de leite (CSM 52.27).

    Tamén se localiza na prosa tardía portuguesa, desde Fernan Lopez, na Crónica de D. Fernando até a História de Vespasiano: 

    e muitos outros cavalleiros de Ingraterra, que eram tres mill homẽes d’armas, asaz de bõos, e husados em guerra (Macchi 2004: 25).

    e fazee guardar e repartir as viãdas que asaz som de poucas pera gente que aqui estaa (Machado 2007-2013: 117).

  • 16

    Coidamos que a solución interpretativa deste verso descansa en considerar dissesse, a pesar de subxuntivo, verbo principal do período, tal como esporadicamente acontece na lingua trobadoresca; isto é: ‘e se vos conviñese por causa dalguén, diría (eu) como xa non podo perder o ben que  me vén de vós… etc.’. Este uso sintáctico atéstase por veces no corpus trobadoresco profano (237.3, 310.16-17, 311.16, 532.1, 812.9) e tamén na produción en prosa. Véxase, por exemplo:

    E hora Deus quisesse que Julyo Cesar lançasse bestas mortas e outras peçonhas nos ryos e nas fontes e leixassenos fartar d’augua! (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 123).

    E quisesse ora Deus que nós... (trad. portuguesa da Confessio Amantis; Faccon 2012: 283).

  • 19

    Neste verso xulgamos preferíbel a reintegración da copulativa do que interferir na formulación da frase formularia ben sei, presente tamén en 556.9, 607.17, 885.3, 1011.16, 1109.7, 1399.15 e 1493.11. Véxase nota a 212.14.

  1. ^

    Nas cantigas 976 e 1421 en V aparece a lección porque.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat