I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 550-551 [= LPGP 987-988]); Fernández Graña (2007: 441); Littera (2016: II, 573).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 164-165); Machado & Machado (1960: VII, 61); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 444).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 14); Arias Freixedo (2003: 927-928).
8 Santaren] sc̄aren A 9 vos] uos A 13 vos] uos A
8 Santaren] Sanctaren Michaëlis 9 vos] vus Michaëlis 10 omen] ome Michaëlis 13 vos] vos Michaëlis
(I) Aínda que eu vexo aquí trobadores, señora e luz destes ollos meus, que troban de amor polas súas señoras, non vexo eu aquí un trobador, por Deus, que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.
(II) Señora, a máis fermosa de cantas viven en Santarém e a que máis desexo, quérovos (isto) dicir, así Deus me perdoe: eu non vexo un home de cantos vexo que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.
(III) Ámovos tanto e tan de corazón que xa perdín o sono, señora de min e do meu corazón: non vexo eu un home tan entendido que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.
Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 9’C 9’C (= RM 99:44)
Encontros vocálicos: 1 vejo‿aqui
A restauración de eu, que vén esixido pola métrica, apóiase na presenza do pronome no idéntico inicio dos vv. 4 e 16 (non vej’eu). Por outra parte, Michaëlis nivelou a forma omen, rara en Ajuda, en prol da forma xeral ajudiana ome (para omen en A véxase nota a 129.14).