444 [= RM 157,39]
Pero eu vejo aqui trobadores

Pero eu vejo aqui trobadores,
sennor e lume destes ollos meus,
que troban d’amor por sas sennores,
non vej’eu aqui trobador, par Deus,
que m’oj’entenda o por que digo
al é Alfanx’e al Seserigo.
Sennor, fremosa máis de quantas son
en Santaren e que máis desejo,
dizer-vos quero, se Deus me perdon:
non vej’[eu] omen de quantos vejo
que m’oj’entenda o por que digo
[al é Alfanx’e al Seserigo].
Amo-vos tant’e tan de coraçon
que o dormir ja o ei perdudo,
sennor de mí e do meu coraçon:
non vej’eu ome tan entendudo
que m’oj’entenda o p[or] q[ue] d[igo
al é Alfanx’e al Seserigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 279

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 550-551 [= LPGP 987-988]); Fernández Graña (2007: 441); Littera (2016: II, 573).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 164-165); Machado & Machado (1960: VII, 61); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 444).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 14); Arias Freixedo (2003: 927-928).

Variantes manuscritas


8 Santaren] sc̄aren A   9 vos] uos A   13 vos] uos A

Variantes editoriais


8 Santaren] Sanctaren Michaëlis   9 vos] vus Michaëlis   10 omen] ome Michaëlis   13 vos] vos Michaëlis

Paráfrase


(I) Aínda que eu vexo aquí trobadores, señora e luz destes ollos meus, que troban de amor polas súas señoras, non vexo eu aquí un trobador, por Deus, que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.

(II) Señora, a máis fermosa de cantas viven en Santarém e a que máis desexo, quérovos (isto) dicir, así Deus me perdoe: eu non vexo un home de cantos vexo que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.

(III) Ámovos tanto e tan de corazón que xa perdín o sono, señora de min e do meu corazón: non vexo eu un home tan entendido que hoxe entenda por que digo que unha cousa é Alfanxe e outra é Seserigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 9’a 10b 9’a 10b 9’C 9’C (= RM 99:44)

Encontros vocálicos: 1 vejoaqui

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de amor forma conxunto coas cantigas 443 e 445, que moi probabelmente son da autoría do mesmo trobador (descoñecido), talvez da zona de Santarém (Portugal). Sobre a hipotética identificación deste trobador véxase Gonçalves (2016: 605-612).

  • 5-6

    O trobador utiliza nesta composición un refrán moi similar ao da cantiga anterior (nº 443), xa que a única diferenza reside en que agora o primeiro verso do estribillo é o último verso da estrofa derradeira (443.16), con mundanza no  xénero do pronome. Véxase nota a 443.5-6.

  • 10

    A restauración de eu, que vén esixido pola métrica, apóiase na presenza do pronome no idéntico inicio dos vv. 4 e 16 (non vej’eu). Por outra parte, Michaëlis nivelou a forma omen, rara en Ajuda, en prol da forma xeral ajudiana ome (para omen en A véxase nota a 129.14).

  • 15

    Esta fórmula de invocación, sennor de mí e do meu coraçon, aparece tamén en 276.9 (Joan Soarez Coelho), 328.1 (Rodrig’Eanes de Vasconcelos) e 416.14 (Fernan Velho). Cfr. nota a 276.9.

Procurar
    Não foram encontrados resultados