1069 [= RM 22,11]
Pero me vós dizedes, mia senhor

Pero me vós dizedes, mia senhor,
que nunca per vós perderei
a mui gran coita que eu por vós ei
entanto com’eu vivo for,
al cuid’eu de vós e d’Amor:
que mi averedes mui ced’a tolher
quanta coita me fazedes aver.
E, mia senhor, ũa ren vos direi,
e vou estar de vós melhor:
quant’eu ouver por vós coita maior,
tanto me máis aficarei
[............................... -ei]
que mi averedes [mui ced’a tolher
quanta coita me fazedes aver].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscripts


B 1067, V 658

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 424-425); Indini (1978: 117 [= LPGP 168]); Littera (2016: I, 152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 232-233); Braga (1878: 126); Machado & Machado (1956: V, 84); Camargo et alii (1992: 30).
III. Antoloxías: Sansone (1990: 78).

Manuscript variants


1 me] om. B   5 e] om. V   8 vos direi] uudir V   9 e vou estar] om. B : enon estar V   10 quant’eu] q̄nteu V   11 tanto] Atanto B : a tanto V

Editorial variants


8 vos] vus Indini   9 e vou estar] e non est’ al Nunes : e non est ar Indini : [por] nom estar Littera   11 tanto] atanto Nunes   12 [e esto cuid’e cuidarei:] Nunes : [en al cuydar; e cuydarey] Indini

Paraphrase


(I) Aínda que vós me dicides, miña señora, que nunca por vós (pola vosa intervención) perderei a moi gran coita que eu sufro por vós en canto eu estiver vivo, outra cousa penso eu de vós e de Amor: que moi axiña me habedes de librar de canta coita me facedes sufrir.
(II) E, miña señora, direivos unha cousa, e vós teredes unha mellor opinión de min: canto maior coita eu tiver por vós, tanto máis empeño porei [...] que moi axiña me habedes de librar de canta coita me facedes sufrir.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 10a 8b 10b 8a 8a 10C 10C (= RM 139:14)

Encontros vocálicos: 6 mi‿averedes; 13 mi‿averedes

Notes


Text
  • *

    Cantiga lacunosa (v. 12), talvez incompleta.

  • 9

    A interpretación da lección transmitida por V para o inicio do verso (nótese a lacuna de B) carece de sentido en Nunes, Indini e Littera. Na procura dunha interpretación acaída da secuencia, propomos a consideración do erro <non>/<uou>, de evidente explicación paleográfica, que pode acharse noutras pasaxes do corpus (295.15, 974.26, 978.22, 1012.20 ou 1322.5). Deste modo, o sentido é o seguinte: ‘e vou ficar mellor na vosa opinión sobre min’.

  • 11

    A presenza da variante atanto dos manuscritos convertería o verso en hipermétrico: é por isto que, con Indini (e Littera), emendamos a lección de BV en prol da variante tanto, con frecuentes intercambios no corpus (cfr. nota a 305.6).

Search
    No results