268 [= Tav 79,45 (= 157,40)]
Pero m’eu ei amigos, non ei niun amigo

Pero m’eu ei amigos, non ei niun amigo
con que falar ousasse a coita que comigo
ei, nen ar ei a quen ous’én máis dizer, e digo:
[d]e mui bon grado querria a un logar ir
e nunca m’end’ar viir.
Vi eu viver coitados, mas nunca tan coitado
viveu com’oj’eu vivo nen o viu ome nado
des quando fui u fui; e aque-vo-lo recado:
de mui bon grado querria a un logar ir
[e nunca m’end’ar viir].
A coita que eu prendo non sei quen atal prenda,
que me faz fazer sempre dano de mia fazenda;
tod’aquest’eu entendo, e quen máis quiser entenda:
de mui bon grado querria a un loga[r] ir
[e nunca m’end’ar viir].
De cousas me non guardo, mas pero guardar-m’-ia
de sofrer a gran coita que sofri de-lo dia
des que vi o que vi, e máis non vos én diria:
de mui bon grado querria a un logar ir
[e nunca m’end’ar viir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


A 160

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 321-322 [= LPGP 545]); Correia (2001: 253); Littera (2016: I, 596-597).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 96); Machado & Machado (1960: VII, 19-20); Arbo Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 268).
III. Antoloxías: Vasconcellos (1959: 23-24); Alvar & Beltrán (1989: 301); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 151).

Varianti manoscritte


2 ousasse] oussasse A   3 ous’én] oussen A   16 guardar-m’-ia] gʷrdar mīa A   17 vos] uus A

Varianti editoriali


4-5 de mui bom grado [me] querria ir / a um logar e nunca m’end’ar viir Littera; viir] vĩir Michaëlis   9-10 Véxanse vv. 4-5   13 entendo] entend(o) Michaëlis   14-15 Véxanse vv. 4-5   16 non] nam Littera; mas] mais Michaëlis   18 vos] vus Michaëlis   19-20 Véxanse vv. 4-5

Parafrasi


(I) Aínda que eu teño amigos, non teño ningún amigo con quen me atrevese a falar da coita que sufro, nin tampouco teño a quen me atreva a lle dicir máis sobre isto, e digo: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(II) Eu vin coitados vivir, mais nunca tan coitado viviu ninguén como hoxe eu vivo, nin ninguén o viu, desde que fun a onde fun; e velaquí tendes a información: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(III) A coita que eu sufro non coñezo quen tal sufra, porque me fai prexudicar sempre os meus intereses; todo isto eu entendo, e quen máis quixer entenda: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.

(IV) Non me protexo de nada, mais protexeríame de sufrir a gran coita que sufrín desde o día en que vin o que vin, e máis diso non vos diría: de moi bo grado querería ir a un lugar e nunca me vir de alí.
 

Metrica


Esquema métrico: 4 x 13’a 13’a 13’a 13B 7B (= Tav 16:7)

Encontros vocálicos: 13 entendo,‿e

Note


Testo
  • 2-3

    No Cancioneiro da Ajuda detéctanse algúns casos de confusión de sibilantes, probabelmente un fenómeno gráfico sen transcendencia fonolóxica. Igual que <oussasse> (v. 2) e <ouss(e)> (v. 3), véxanse outras formas como <dessamar> desamar (66.21),<dessamparado> desamparado (317.21), <oussasse> ousasse (275.4308.11, 313.8 e 346.3 <oussase>), ou as repetidas <guissa> guisa e <guissada> guisada (72.27, 137.32, 140.1, 2 e 5, 146.19, 147.3, 150.4, 259.18, 409.8, 692.7), <pessar> pesar (90.21, 214.21, 395.9, 439.4 e 10, 441.6, 12 e 18), <quissesse> quisesse (199.27, 407.10), <quisso> quiso (407.11) e <quisser> quiser (71.18, 692.13). Véxanse tamén notas a 69.7, 80.10, 88.15 e 89.2.

  • 4-5

    A tentativa de regularización métrica dos dous versos do refrán por parte de Littera foi feita contra a lección de A, con deslocamento vocabular e anulando o refrán anisométrico.

    Este refrán é citado case literalmente por Afonso X (nótese tamén o xogo co adverbio logo –do lat. loco–, homónimo de logo –do lat. locum–, sinónimo de logar):
              «De mui bon grado queria ir
              logo e nunca [m’end’ar] vïir» (465.6-7).

  • 8

    Aque é un adverbio presentativo (‘eis, velaí’) de uso limitado no corpus profano: 52.24, 244.5, 246.6, 553.4, 857.1, 1641.18. Debe ser forma oxítona, pois nas Cantigas de Santa Maria aparece en rima aguda (con fe, é, sé e ): E en pe / sse levou e diss’: «Aque / m’estou tod’aprestidado / De log’ir» (CSM 135.109); E diz un a outr’: «Aque o / angeo que ven do ceo, / que alça aquele veo / e faz no aire parar» (CSM 405.36).

  • 16

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

Cerca
    Nessun risultato trovato