[last revised: 21/11/2024]Print

114 [= RM 97,28]
Pero non fui a Ultramar

Esta cantiga fez Martin Soares a un cavaleiro que era chufador, que dezia que viinha d’Outramar.

Pero non fui a Ultramar,
muito sei eu a terra ben
per Soeir’Eanes que én ven,
segundo lh’eu oi contar:
diz que Marselha jaz alen
do mar, e Acre jaz aquen,
e Somportes log’i a par.
E as jornadas sei eu ben
como lhi eiri oi falar:
diz que pod’ir quen ben andar
de Belfurad’a Santaren,
se noutro dia madurgar,
e ir a Nogueirol jantar
e maer a Jerusalen.
E diz que vio ũu judeu
que vio prender Nostro Senhor;
averedes i gran sabor
se vo-lo contar, cuido-m’eu:
diz que é [un] judeu pastor,
natural de Rocamador
e que á nom[e] Don Andreu.
Do sepulcro vos ar direi
per u andou, ca lho oi
a Don Soeiro; ben as[s]i
como m’el dis[s]e vos direi:
de Santaren tres legoas é,
e quatro ou cinco de Loule,
e Belfurado jaz log’i.
Per i andou Nostro Sen[h]or,
d’ali diz el que foi romeu;
e, depois que lh’o Soldan deu
o perdon, ouve gran sabor
de se tornar, e foi-lhi greu
d’andar Coira e Galisteu
con torquis do emperador.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 
35

Manuscripts


B 143

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 777-778); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 45-46); Lagares (2000: 111 [rúbrica]); Lapa (1970 [1965]: 428-429 [= LPGP 653]); Lopes (2002: 301-302); Littera (2016: II, 133-134).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 55); Machado & Machado (1949: I, 204-205); Callón (2017: II, 13-14); Rios Milhám (2017: I, 114).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 42-43); Gonçalves & Ramos (1983: 141-142); Tavares & Miranda (1987: 156-157); Jensen (1992: 228-230); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 165-166); Marcenaro (2006: 146-148); Mongelli (2009: 219-220).

Manuscript variants


Rúbrica. chufador] chiofa dᵉ B; viinha d’Outramar] mjħa donc̄ Mar

Texto. 2 eu]cu B   3 Eanes] eanēs B; que] qȝ B   5 Marselha] marcelha B   7 Somportes log’i a par] pom ror tes loguy arar B   10 ben] vem B   12 se noutro] Ten outº B   13 jantar] iā car B   14 Jerusalen] jhrl̄m B   16 vio] nyo B   17 averedes] eaueredes B; sabor] savor B   19 é] ħ B   21 á] ħ B   22 vos ar] uꝯ̃ B   26 é] ħ B   27 cinco] āto B   28 Belfurado] belsselffurad’o B

Editorial variants


Rúbrica: chufador, que] chufador e que Littera; viinha] vinha Lapa, Lopes, Littera; d’Outramar] d’alen mar Michaëlis : d’Ultramar Lopes

Texto: 3 Soeir’Eanes] Soeireannes Michaëlis : Soeyr’Eannes Bertolucci Pizzorusso : Sueir’Eanes Littera   5 Marselha] Marcelha Bertolucci Pizzorusso   7 Somportes] Pomrortes(?) Michaëlis : Pomrortes Bertolucci Pizzorusso   9 eiri oi] oj’oí Michaëlis   12 se noutro] e’n outro Michaëlis; madurgar] madrugar Lapa   14 maer] mãer Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   15 viu] vio Lopes, Littera; ũu] [i] un Michaëlis : uu Littera   17 averedes] E averedes Michaëlis, Lapa, Lopes, Littera : e avredes Bertolucci Pizzorusso; i] om. Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso; ar] eu Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : [er] Lapa, Lopes, Littera   24 Soeiro] Sueiro Littera   25 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso   27 quatro ou cinco] outro tanto Michaëlis : quatr’ou cinco Lapa, Lopes, Littera   29 i] u Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso, Lopes, Littera

Metrics


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8b 8b 8a (I-III, V [= RM 152:3]) + 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (IV [= RM 163:31])

Encontros vocálicos: 3 *queén; 9 lhieiri; 15 vi͜o; 16 vi͜o; 26 le·goas; 27 quatroou

Notes


Rubric
  • As voces da familia de chufar (chufa, chufador) só aparecen nas cantigas escarniñas (véxase nota a 782.21).

    A forma disimilada dezia tamén se rexistra no corpus lírico (1.12, 517.12 e 1197.24; cfr. desdezidores en 1444.3): é produto da disimilación relativamente frecuente no copretérito de dizer, tal como se pode comprobar no CGPA, s.v. dezia, dezian, deziam, deziã etc. Cfr. nota a 521.3.
    Por outra banda, obsérvese o posíbel xogo con Outramar, eventual evolución de Ultramar mais tamén interpretábel como outr’amar (a propósito desta e doutras alusións “maliciosas” sobre Soeir’Eanes ao longo da cantiga, véxase Martínez Pereiro 1999: 160-167).

Text
  • *

    A cantiga ten como obxecto o escarnio de Sueiro Eanes a propósito da suposta viaxe a Ultramar, isto é, á Terra Santa. Nótese como a falsidade da viaxe se suxire a través da deslocada posición xeográfica dos diversos topónimos que aparecen na cantiga, para alén doutras afirmacións carentes de lóxica espacial e/ou temporal.
    O xograr Sueir’Eanes (ou Soeir'Eanes) aglutina varias cantigas e trobadores de modo que constitúe un pequeno ciclo satírico no conxunto das cantigas de escarnio e de maldizer: xunto coa cantiga de Martin Soarez, interveñen Afons’Eanes do Coton (nº 1595), Pero da Ponte (nº 1648, 1657 e 1662).

  • 5-7

    Marsella, a cidade francesa, non está «alen do mar», do mesmo xeito que Acre, o porto mediterránico de Siria, non «jaz aquen», nin Somport e o paso dos Pireneos está situado «a par».

  • 9

    A forma eiri é variante gráfico-fonética de eire ‘onte’ (do lat. hĕri), voz escasamente documentada na poesía profana galego-portuguesas (1183.1, 7 e 13, 1493.1, 1585.5). Sobre o -i final véxase nota a 33.6. De calquera xeito, eire debía ser a forma dominante para indicar ‘día anterior a hoxe’, polo menos na poesía, pois oonte só se atesta en 1403.6 e eire ~ eiri non se rexistra na prosa.

  • 10

    A lección <vem> debe ser interpretada como ben, isto é, quen ben andar (‘quen andar lixeiro’), interpretación que procede de Michaëlis, seguida por todos os editores, que acae ben ao sentido e está xustificada desde o punto de vista paleográfico, dado que este copista comete numerosas confusións de grafías, entre elas a de <b/v>, como pode verse no v. 17 desta mesma cantiga: <savor> sabor. Este erro <u>~<v>/<b> pode rastrexarse ao longo dos cancioneiros italianos noutras pasaxes: <vẽ> B ben (205.2), <aceui> BV acebi (482.28) <uen> V ben (884.3), <traualhe> V trabalh’e (1348.19), <ueeyro> V Beeito (1484.1), <ueeyto> V Beeito (1484.3), <velpelho> V Belpelho (1489.1) etc.

  • 11-14

    Talvez Belfurado sexa Belorado, poboación de Burgos (España), ben distante da cidade de Santarém, en Portugal (Nogueirol é un topónimo non localizado), mais todos eles tan distantes de Jerusalen que sería absolutamente imposíbel xantar na Península e maer ‘permanecer, pernoitar’ (<manere) na capital da Terra Santa. Este mesmo Belfurado aparece repetidamente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (véxase, por exemplo, Lorenzo 1975: I, 310, 681).

  • 14

    A aparición da preposición a só se explica considerando elíptico o verbo ir (v. 13); isto é, «e ir a Nogueirol jantar / e (ir) maer a Jerusalen».

  • 15

    Debemos supor que u͂u funciona como bisilábico neste verso, aínda que en xeral esta forma arcaica do indefinido é unisilábica, mostrando como na realidade a pronuncia xa tiña evoluído, tal como acontece coas formas do tipo veerei, que poden ser uni- ou bisilábicas. Véxase nota a 47.20.

  • 15-16

    A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación (cfr. vio) oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

  • 17

    A presenza da copulativa inicial confire máis unha sílaba ao verso que só se pode regularizar a partir da súa expunción ou, alternativamente, coa expunción de i (opción de Michaëlis). A forma avredes de Bertolucci non responde á lección manuscrita nin existe no corpus. Optamos, pois, pola omisión da copulativa, a partir da existencia de diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 e 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 e 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 18

    Cuido-m’eu ~ coido-m'eu constitúe unha frase formularia aseverativa que é utilizada con bastante frecuencia no corpus (36.10, 115.17, 219.4, 1019.18, 1368.11, 1611.19 e 1626.5), converténdose así nunha alternativa a expresións como a meu cuidar, segundo meu sén etc.

  • 20

    Nomear Rocamador (Rocamadour, en Francia), onde había unha importante romaría de Santa María (véxanse CSM 8, 147, 153, 157-59, 331, 343, para alén doutras referencias), como lugar de orixe dun xudeu acrecenta a grande mentira da viaxe de Sueiro Eanes á Terra Santa.

  • 21

    A forma verbal á, seguramente por erro de copia, comparte abreviatura con é (vv. 19, 26), pois as tres formas verbais aparecen en B como <>.

  • 22

    A partícula ar é produto do desenvolvemento da abreviatura correspondente en <uꝯ>, que pasou inadvertida aos editores, vista a presenza de eu en Michaëlis e Bertoluci, e de [er] en Lapa e Lopes. Unha situación practicamente igual pode verse en 620.10.

  • 26

    Legoa conta sempre como bisilábico na poesía trobadoresca profana galego-portuguesa (véxase 461.3, 962.26, 1366.7).

  • 26-28

    Obviamente, o sepulcro de Xesús Cristo está a moitas leguas de Santarém, Loulé (cidade algarvía) e Belfurado (véxase v. 11).

  • 27

    O erro <ã>/<cin> en <ãto> cinco en B explícase a partir do comprobado erro <a>/<ti> (e <a>/<ci> nos apógrafos italianos: <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

  • 31-35

    O Soldan ‘Sultán’ (islámico) non pode conceder perdón a ningún cristián, ao tempo que dificilmente os torquis ‘turcos’ (ocorrencia única no corpus) non andaron por Coira (a poboación de Coria, na Estremadura española) e Galisteu (localidade cacereña, tamén na mesma rexión española).

  • 33

    Nótese a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

Search
    No results