513 [= RM 25,73]
Pero que eu mui long’estou

Pero que eu mui long’estou
da mia senhor e do seu ben,
nunca me Deus dé o seu ben,
pero m’eu [de]la long’estou,
se non é o coraçon meu
máis preto dela que o seu.
E pero long’estou d’ali
d’u agora é mia senhor,
non aja ben da mia senhor,
pero m’eu long’estou d’ali,
se non é o coraçon [meu
máis preto dela que o seu].
E pero longe do logar
esto[u], que non poss’al fazer,
Deus non mi dé o seu ben-fazer,
pero long’estou do logar,
se non é [o] coraçon meu
[máis preto dela que o seu],
c’a vezes ten en al o seu,
e sempre sigo ten o meu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 515, V 98

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 25-26 [= LPGP 210-211]); Nunes (1972 [1932]: 95-96); Littera (2016: I, 175-176).
II. Outras edicións: Moura (1847: 28-30); Monaci (1875: 44); Braga (1878: 20); Machado & Machado (1952: III, 42-43); Júdice (1997: 95); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Lapa (1976: 29-30); Gonçalves & Ramos (1983: 280); Ferreira (1988: 61-62); Ferreira (1991: 42-43); Jensen (1992: 72); Arias Freixedo (2003: 368-369); Dunne (2010: 32).

Manuscript variants


3 dé] om. V   4 long’estou] long estou lhome stou B : long estou lomhe stou V   6 preto] predo V   11 coraçon] coracō B   16 logar] logwB

Editorial variants


3 Deus dé] dê Deus Lang : Deus dê Nunes, Littera   4 [e] pero m’eu lá] pero [que] m’eu tam Lang : pero m’eu [d’e]la Nunes, Littera   15 dé] dê Lang, Nunes

Paraphrase


(I) Aínda que eu estou moi lonxe da miña señora e do seu ben, nunca Deus me dea o seu ben, aínda que eu estou alá lonxe, se non está o meu corazón máis preto dela que o seu.

(II) E aínda que estou lonxe de alí onde agora está a miña señora, non reciba o ben dela, aínda que eu estou lonxe de alí, se non está o meu corazón máis preto dela que o seu.

(III) Aínda que estou lonxe do lugar, e non podo facer nada, Deus non me dea o seu favor, aínda que estou lonxe do lugar, se non está o meu corazón máis preto dela que o seu, (1) pois ás veces ten o seu (a pensar) noutras cousas e sempre a pensar nela ten o meu.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C + 8c 8c (= RM 160:331)

Encontros vocálicos: 15 déo

Notes


Text
  • 1

    Obsérvese o artificio da repetición do verso primeiro e último de cada estrofa, chamada tradicionalmente cançon redonda, mais que, na realidade, non se corresponde coa técnica provenzal así denominada –utilizada na cantiga 430, de Bonifacio Calvo (véxase Gonçalves 2016 [2001]).

  • 4

    A construción da cantiga coa repetición paralelística dos vv. 1 e 4 de cada estrofa aconsella a restauración da preposición de para completar o verso. Deste modo, articúlase a reiteración da estrutura estar longe de e consolídase a presenza de pero: Pero que ... long’estou / da mia senhor - pero ... dela long’estou (I); E pero long’estou d’ali - pero long’estou d’ali (II); E pero longe do logar / estou - pero long’estou do logar (III).
    Por outra parte, as erradas leccións de BV reflicten un erro por repetición do tipo <long estou lonie stou> coa variación gráfica <longe>/<lonje>.

  • 7

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ (tamén no v. 13), de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 15

    A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor, constitúe unah formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media:

    Ca o escudeiro que anda con algun senhor e o senhor lhe non dá encarrego de seus feitos, como encomendando-lhe ofiçio ou mandando recadar algũas cousas, sempre seu bemfazer está en ventura (Livro de Monteria; cfr. CGPA).

    e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Fernão Lopes, Crónica de D. Fernando; Macchi 2004: 355-356).

    Milhor cousa he padecer por uerdade tormẽto que per louuaminha e per adulaçom gaanharem bemfazer (Orto do Esposo; cfr. CGPA).

    ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Livro das Confissões; Martín Pérez 2012-2013: 367).

  • 19

    Nesta pasaxe aparece a única crase da conxunción ca nos textos trobadorescos profanos que non é posíbel resolver dun modo ecdoticamente seguro, agás coa expunción de ca: a vezes ten en al o seu (véxase Ferreiro 2012b: 407-408).

Search
    No results