I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 363-364); Rodríguez (1980: 83 [= LPGP 400]); Littera (2016: I, 429).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193); Braga (1878: 102); Gassner (1933: 399); Machado & Machado (1953: IV, 318); Fernández Pousa (1959: 90).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 218); Pena (1990: 22-23); Alonso Girgado (1992: 21); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 83).
3 nen] uen B 4 morrerei] moirerey B 8 morrer] moirer B 9 Deus] des V; perdon] pardon B 11 aver] dauer BV 13 per-desasperar] pe desaꝑar B 20 por] pee V
9 perdon] pardon Rodríguez 11 atendo] atend’ Nunes, Rodríguez 13 per] de Nunes 15 Deus] Dens Nunes 17 atendo] atend’ Nunes, Rodríguez 20 por] per Nunes
(I) Aínda que teño tal coita de amor que ninguén a pode ter maior, non morro nin iso me agradaría nin morrerei, se puider, porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(II) Os que están moi coitados de amor desexan morrer; mais eu, así Deus me perdoe, querería vivir moito tempo porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(III) É un desatino que un perda a esperanza de recibir o moi gran ben da súa señora (amada), que Deus lle pode dar, e non o quero eu facer porque sempre espero ter o ben da dona que tanto amo.
(1) E quen desexa morrer por coita de amor non fai algo razoábel nin o teño eu por sensato.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8C 8C (= RM 99:49) + 8b 8c 8c
Encontros vocálicos: 11 atendo‿aver; 17 atendo‿aver
Contrariamente a Nunes, Rodríguez e Littera, mantemos a variación lingüística do refrán (I atend’aver vs. II-III atendo aver), en liña con outras variacións de maior ou menor entidade que se detectan no refrán dalgunhas cantigas. Cfr. nota a 27.4.
En B aparece a lección <pardon>, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon. Sen dúbida, tal forma é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; copista e no presente verso), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).