1242 [= RM 64,25]
Pesa-m’, amiga, por vos non mentir

Pesa-m’, amiga, por vos non mentir,
d’ũas novas que de mí e do meu
amig’oi, e direi-vo-las eu:
dizen que lh’entenden o grand’amor
que á comig’, e, se verdade for,
por maravilha pod’a ben sair.
E ben vos digo que des que oi
aquestas novas sempre trist’andei,
ca ben entend’e ben vej’e ben sei
o mal que nos deste preit’averra,
pois lh’entenderen, ca posto x’é ja
de morrer eu por el e el por mí,
ca, poi-lo souberen, el partid’é
de nunca ja máis viir a logar
u me veja, tanto m’an de guardar;
vede-lo morto por esta razon,
pois ben sabedes vós de mí que non
poss’eu sen el viver, per bõa fe.
Mais Deus, que sabe o gran ben que m’el quer
e eu a el, quando nos for mester,
nos guarde de mal se vir ca ben é.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manoscritti


B 1226, V 831

A repetición en B do verso 7, inicial da estrofa III, é provocada polo cambio de folio no Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 398-399); Zilli (1977: 106-107 [= LPGP 423]); Cohen (2003: 461); Littera (2016: I, 481).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 286); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 340).

Varianti manoscritte


1 Pesa-m’, amiga] Pesamhamiga V   2 d’ũas] dunas B : dunhas V   3 e] o B   4 grand’amor] g̃ra damor B   7 E bē uꝯ digo q̄ desq̄ oy // E bē uꝯ digo q̄ desq̄ oy B   10 averra] a ueira B   11 lh’entenderen] lheu tendẽm V    12 morrer] moirer B; e] et V   14 logar] logwr B : log̃r V   20 e] et V; a el] del B; nos] uꝯ B

Varianti editoriali


1 -m’] -mi Nunes, Littera : mh Cohen; vos] vus Zilli   2 ũas] unas Zilli   7 vos] vus Zilli   10 nos] nus Zilli   14 viir] vĩir Zilli   19 sabe] sab’ Nunes, Zilli   20 e ... nos] et ... nus Zilli   21 nos] nus Zilli

Parafrasi


(I) Teño pesar, amiga, en verdade, por unhas novas que ouvín sobre min e sobre o meu amigo, e diréivolas eu: din que lle saben o grande amor que ten comigo, e, se así for, só de milagre pode resultar ben.

(II) E ben vos digo que desde que escoitei estas novas andei sempre triste, porque ben entendo e ben vexo e ben sei o mal que deste asunto nos virá, após llo saberen, pois está disposto que eu morra por el e el por min, (III) porque, unha vez que o saiban, el ficará impedido para sempre de vir a lugar onde me vexa, tanto me han de vixiar; habedes de velo morto por esta razón, pois vós ben sabedes de min que eu non podo vivir sen el, abofé. 

(1) Mais Deus, que sabe o moito que el me ama, e eu a el, cando nos sexa mester, nos garde de mal se considera que (o noso amor) está ben.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10c 10a ( = RM 189:7) + 10d 10d 10a

Encontros vocálicos: 22 sabe‿o

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga, igual que UC 213, 270, 926 etc., presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas I e II (e ligazón causal nas estrofas II-III) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda atá a fiinda. Véxase nota á cantiga 74.

  • 1

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 2

    A presenza de -n- na forma manuscrita <unas> de B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ũ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que sucede noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta); así, <bona> bõa e, esporadicamente, <alguna> algũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro (2008b).

  • 6

    A expresión sair a ben equivale a ‘saír ben, resultar ben’.

  • 11

    Nótese que a crase en lh’entenderen encobre unha forma pronominal contracta lho.

  • 16

    Para a correcta interpretación do verso (vede-lo morto por esta razon) deberá terse en conta o valor de futuro do presente vedes, ao tempo que -lo é pronome, xa que morto funciona como adxectivo: ‘habedes de o ver morto por esta razón’.

Cerca
    Nessun risultato trovato