Esta cantiga de cima fez Martin Soarez a Roi Gomez de [Br]ete[i]ros, que era ifançon [...] ricome porque rous[s]ou Dona Elvira Anes, filha de Don Joan Perez da Maia e de Dona Guiamar Meendiz, filha d’el-conde Meendo.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 784-785); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 112-113); Lapa (1970 [1965]: 430-431 [= LPGP 655]); Lagares (2000: 113); Lopes (2002: 303-304); Littera (2016: II, 136).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 70-71); Machado & Machado (1949: I, 262-263); Rios Milhám (2017: I, 148).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 35); Torres (1977: 481); Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 18 [rúbrica]); Gonçalves & Ramos (1983: 144); Tavares & Miranda (1987: 244); Alvar & Beltrán (1989: 118-119); Diogo (1998: 55); Arias Freixedo (2003: 624-625); Magalhães (2007: 131); Corral Díaz & Vieira (2023: 159).
Rúbrica: rous[s]ou] rrousau B; Dona] Cona B; conde] Condo B
Texto: 4 força] forca B 5 quaes me] quaaes mē B 11 chamar «mesela»] ehamar mesella B 18 e[n]tanto] e tanto B 20 natura] nacupa B 21 ante] aūt B 24 neto] ueco B; mizcrado] mi[*]crado B
Rúbrica: Soarez] Soares Littera; Gomez de [Br]ete[i]ros] Gomez de [Bri]teyros Michaëlis : Gómez de Briteiros Lapa, Lopes : Gomes de Briteiros Littera; ifançon [...] ricome] Ifançon [e depois fez lo el Rei] Ricomen Michaëlis : infançon [e tornou] ricomen Lapa : infançom [e se tornou] ric’homem Lopes, Littera; Elvira Anes] Elvira-Annes Michaëlis; Perez] Peres Littera; Guiamar] Guiomar Lapa, Lopes, Littera; Meendiz] Meéndez Lapa, Lopes : Meendes Littera.
Texto: 1 boas] bõas Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 2 nulho] nulh(o) Michaëlis : nulh’ Lopes; ome] omen Michaëlis : hom Littera; non nas] no’-nas Michaëlis : nõn’as Lopes, Littera 3 non as] nõn’as Lopes 5 me] m’eu Lapa, Lopes, Littera : m’én Michaëlis 6 quen] que Lapa 7 de conde] do Conde Littera 8 máis] mui Lapa, Lopes 9 viuvas] vyuva Bertolucci Pizzorusso 10 non na] no’-na Michaëlis : nõna Lapa : nõn’a Lopes, Littera 11 mesela] mesella Bertolucci Pizzorusso 13 ca me non an] come non mi-an Michaëlis 15 filhos] filhus Bertolucci Pizzorusso 18 tomar] tomo Lapa; e[n]tanto] atanto Bertolucci Pizzorusso 20 pararei] partirei Michaëlis 22 [d]o que end’ é de Gueda mais baixado Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso : do que é o de Gueda, mais baixado Lapa : [d]o qu’end’é [o] de Gueda, mais baixado Lopes 24 mizcrado] miscrado Lapa, Lopes, Littera
Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10’a 10b 10b 10’a 10b 10’a (= RM 84:2)
Encontros vocálicos: 2 nulho‿ome; 5 me‿escolher; 8 a·co·o·mia·das; 9 viu·vas
Roussar é ‘raptar (con violencia)’. É voz rara, pois para alén da citación de Maria Roussada en dúas crónicas portuguesas do século XV, só achamos rousso e roussador nalgúns forais, en especial no corpo lexislativo Dos Costumes de Santarém (1340-60), onde existe un capítulo Do furto ou do Rousso e outro intitulado Da molh(e)r forçada, onde se explicita a equivalencia forçador / roussador e o castigo previsto: Toda molher q(ue) for forçada & ela diz q(ue) nõ foy forçada. ent(re)guẽ-na a seu padre. & tenha-a p(er) tãto tempo q(uan)to a teue o forçador em tal maneira q(ue) a nõ feira nẽ lhy faça mal. & des q(ue) a teuer tanto tempo come o forçador tenha-a a justiça & leue-a. p(er)a sa casa & tenha-a p(er) ix dias. & des hu a teu(er) p(er) ix dias leue-a a justiça ao concelho & se sse outorgar con seu padre & (com) sa madre. ou (com) seu linhagẽ façam justiça no roussador (cfr. CGPA, s.v. rousso, roussador).
Nótese, ademais, a rara aparición do artigo el-, propio de el-rei, co nome conde, tal como se rexistra tamén nas Cantigas de Santa Maria a carón de o conde.
Sátira contra Roi Gomez de Briteiros (trobador e partidario do futuro rei D. Afonso III o Boloñés), que protagonizou, sendo infanzón, un rápido ascenso social mediante o rapto de D. Elvira Anes da Maia, da nobre e poderosa familia dos Sousa. A cantiga critica «a perda de hábitos consuetudinarios que garantían a estabilidade social: as liñaxes, nin sequera as xineas máis nobres, xa non vingan as afrontas cometidas sobre as súas mulleres» (Airas Freixedo 2003: 626).
A composición de Martin Soarez é un contrafactum da considerada primeira cantiga galego-portuguesa Ora faz ost’o senhor de Navarra, de Joan Soarez de Pavia (UC 1348), pois “reproduce a estrutura formal, as mesmas rimas e, incluso, a colocación e certos lexemas na mesma posición do seu modelo” (González 2012e: 2025).
Resulta sorprendente a ausencia de crase en nulho ome, pois nas innúmeras ocorrencias deste sintagma (‘ningún home, ninguén’) sempre presenta a forma nulh’ome.
O participio quedado, de quedar equivale a ‘quieto, tranquilo’.
A lección <me͂> debe estar errada, pois é necesaria a sinalefa con escolher, dun modo similar a algunhas leccións <omen> ou <ome͂> ofrecidas por B que se revelan incorrectas en vez de <ome> (cfr. nota a 82.14).
A variante vengar, sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra moi limidamente (265.15, 272.6, 842.5, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17.
O uso de acoomiar (‘vingarse, castigar, censurar’) está limitado no corpus da poesía profana a esta ocorrencia e mais a 1189.15 (O que dissestes, se vos eu ar vir / por mí coitado, como vos vi ja, / vedes, fals’, acoomiar-xi-vos-á).
O adxectivo mesela ‘triste, coitada, desgrazada’, do dim. mĭsĕllam, de misera (véxanse tamén 11.14, 148.11 e 920.7, 1451.11), semella voz case exclusiva do rexistro poético, pois practicamente só a achamos nas Cantigas de Santa Maria:
o que nos fez Paraiso cobrar
que perdemos per Eva a mesela (CSM 180.39).
Ai, mesela,
se perez este minỹo, que é cousa atan bela,
querria eu mil vegadas ante ca ele morrer (CSM 345.77).
Fóra da poesía, só se atesta nunha ocasión na Crónica Troiana:
andauã donas et donzelas, chamándose meselas et desanparadas (Lorenzo 1985: 455).
Nótese, finalmente, a grafía <ll>, que, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).
Carpir ‘facer pranto, prantear’ é documentación única na poesía trobadoresca profana.
Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 359.4, 468.27, 576.10, 959.9.
Desfiar ‘desafiar’ (tamén no v. 19) só volve aparecer en 874.1 e 4, xunto con desafiar en 968.11.
A forma verbal an é plural por concordar con linhagen, que funciona como nome colectivo e concordancia plural, como pode acontecer con outros nomes, cales gente ou poboo.
A linhagen mostra como o sufixo galo-románico -age (véxase menage, parage, message, salvage etc.) adquiriu, co paso dos anos, unha nasal final que, modernamente, se consolidou en portugués. Na Idade Media conviven os dous resultados, o mesmo que nas cantigas profanas, onde achamos linhage (924.2, 983.16 e 17, 1234.17, 1346.16) fronte a linhagen, que só comparece nesta cantiga (vv. 14 e 21) e mais en UC 123 (vv. 2, 5, 9, 17). E o mesmo acontece con (cfr. peage e peagen, variantes que conviven no seo de UC 1410, a única cantiga que atesta este termo: peagen, vv. 11, 13, 19, 21; peage, vv. 3, 7, 14.
Após o rousso, os fillos do raptor serán netos de Gueda, un importante devanceiro de diversas familias nobres de Portugal, e repartirán propiedades herdadas en Sousela, na zona do Porto, dominio da familia dos Sousa.
Michaëlis considerou o erro <a>/<ti> (véxase nota a 349.16) e estabelece a lectura partirei (v. 20), mais resulta desnecesario porque a interpretación parece clara: ‘non farei (pararei) de modo que sexa peor a miña condición (natura); polo contrario, mellorarei a miña liñaxe, que é máis baixa que a de Gueda’. En calquera caso, ningún dos editores precedentes consideran parentético o v. 22, de modo que reinterpretan a lección do manuscrito para estabelecer unha estrutura comparativa melhor [d]o que (vv. 21-22) en vez de máis ... de, cos termos da comparación invertidos, ao tempo que len mais como conxunción adversativa.
Mizcrado equivale neste contexto, o mesmo que en 1633.12, a ‘mesturado’. En xeral, mizcrar (de mĭsculāre, relacionado co lat. cl. mĭscēre ‘mesturar’) é usado co valor de ‘intrigar, malquistar’ (212.7, 1043.2, 1419.26, 1423.9); concorre con mezcrar (216.21) e mais con miscrar (938.1, 1597.9); as dúas primeiras formas presentan africada sonora implosiva, de modo similar a mezquinho (370.3, 1672.17), que tamén concorre no corpus profano con mesquinho (1579.11) e misquinho (1440.7).