173 [= RM 125,35]
Pois contra vós non me val, mia sennor

Pois contra vós non me val, mia sennor,
de vos servir nen de vos querer ben
maior ca min, sennor, nen outra ren,
valla-me ja contra vós a maior
coita que sofro por vós das que Deus
fezo no mund’, ai lume destes meus
ollos e coita do meu coraçon!
E, se me contra vós non val, sennor,
a mui gran coita que me por vós ven,
per que perdi o dormir e o sén,
valla-me ja contra vós o pavor
que de vós ei, que nunca ousei dizer
a coita que me fazedes aver,
que neguei sempr’, á i mui gran sazon.
E, se m’esto contra vós, mia sennor,
non val, quer’eu a Deus rogar por én
que me valla, que vos en poder ten
e que vos fez das do mundo mellor
falar, sennor, e mellor parecer:
e, se m’esto contra vós non valer,
non me valra log’i se morte non.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


A 83, B 187a

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 177-178); Blasco (1984: 69 [= LPGP 829-830]); Marcenaro (2012b: 135-136); Littera (2016: II, 339-340).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 79-80); Carter (2007 [1941]: 50); Marques Braga (1945: 160-161); Machado & Machado (1949: I, 303); Fernández Pousa (1953: 5); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 173).
III. Antoloxías: Spina (1972: 320); Alvar & Beltrán (1989: 194); Diogo (1998: 82); Alvar & Talens (2009: 452).

Variantes manuscrites


1 me] mj B; val] ual (l) B   2 de vos] de uus A; de vos querer ben] de uus (ben) / querer A   3 min] mj B   4 valla-me] ualhamj B; ja] om. B   8 me] mj B   9 me] mj B   11 valla-me] ualhamj B   12 nunca ousei] nū cousei B   14 sempr’, á i] semp̃ B   17 me] mj B; que vos en poder ten] q̄ uos en poder ten A : q̄ enpoder metē B   18 vos] uos A   20 valer] naler B   21 valra] ualira B; morte] mort A

Variantes éditoriales


2 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Blasco   3 min] mi Littera   12 ei, que] ei: que Marcenaro; nunca] nunc(a) Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis : v[u]s Blasco   18 vos] vus Michaëlis, Blasco

Paraphrase


(I) Xa que contra vós non me vale, miña señora, servirvos nin amarvos máis que a min mesmo, señora, nin ningunha outra cousa, vállame xa contra vós a maior coita que eu sufro por vós das que Deus fixo no mundo, ai luz destes meus ollos e coita do meu corazón!

(II) E se contra vós non me vale, señora, o gran sufrimento que vós me causades, polo que perdín o sono e a cordura, vállame xa contra vós o pavor que de vós teño, que nunca me atrevín a expresar a coita que me facedes ter, e que ocultei sempre, desde hai moito tempo.

(III) E se isto contra vós non me vale, miña señora, quero eu a Deus rogar por iso que me socorra, xa que vos ten no seu poder e que vos fixo falar mellor que todas as mulleres do mundo, e ser máis fermosa: e, se isto non me vale contra vós, só a morte me valerá en tal situación.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10d (= RM 167:3)

Encontros vocálicos: 12 nuncaousei

Notes


Texte
  • 6-7

    A mesma invocación ai lume destes meus / ollos e coita do meu coraçon só aparece nunha cantiga de amigo de Martin de Caldas:

    Ai meu amig’e lume destes meus
    olhos e coita do meu coraçon,
    por que tardastes á mui gran sazon? (1213.1-2).

  • 17

    Tamén neste caso se percibe un cambio de perspectiva na liña discursiva da cantiga neste verso entre o texto de A (que vos en poder ten) e o de B (que en poder me ten). Cfr. nota á cantiga 170.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé