[last revised: 24/04/2023]Print

731 [= Tav 101,6]
Pois que vos eu quero mui gran ben

Pois que vos eu quero mui gran ben,
amig’, e quero por vós fazer
quanto me vós rogades, dizer
vos quer’eu e rogar ũa ren:
que nunca vós, amig’, ajades
amig’a que o digades,
nen eu non quer’aver amiga,
meu amig’, a que o diga.
Quanto me vós quiserdes mandar
que por vós faça, ben sabede
que o farei, e vós fazede
por mí o que vos quero rogar:
que nunca [vós, amig’, ajades
amig’a que o digades,
nen eu non quer’aver amiga,
meu amig’, a que o diga].
Pois vos eu faço tan grand’amor
que non quero ao meu catar,
quero-vos ante muito rogar,
meu amigo, por Nostro Senhor,
que nunca [vós, amig’, ajades
amig’a que o digades,
nen eu non quer’aver amiga,
meu amig’, a que o diga].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 716, V 317

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 137-138 [= LPGP 668-669]); Cohen (2003: 203); Littera (2016: II, 155).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 127); Braga (1878: 61); Machado & Machado (1953: IV, 11).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 35).

Manuscript variants


17 faço] fazo V   19 rogar] roguar BV   20 Nostro Senhor] nr̄o (h) senhr B

Editorial variants


6 amig’a] amiga [a] Nunes   8 amig’] amig[o] Nunes   14 amig’a] amiga [a] Nunes   16 amig’] amig[o] Nunes   22 amig’a] amiga [a] Nunes   24 amig’] amig[o] Nunes

Paraphrase


(I) Xa que vos eu moito amo, amigo, e quero por vós facer canto me vós rogades, quero eu dicirvos e rogarvos unha cousa: que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.

(II) Canto vós me quixerdes mandar que eu faga por vós, sabede ben que o farei, e vós facede por min o que vos quero rogar: que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.

(III) Xa que eu vos dou unha mostra tran grande de amor que non quero mirar polo meu proveito, quérovos antes rogar moito, meu amigo, por Noso Señor, que nunca vós, amigo, teñades un amigo a quen llo digades, nin eu quero ter unha amiga, meu amigo, a quen llo diga.

Metrics


Esquema métrico: 9a 9’b 9b 9a 8’C 7’C 8’D 7’D (I, III [= Tav 168:4]) + 9a 8’b 8’b 9a 8’C 7’C 8’D 7’D (II [= Tav 168:5])

Encontros vocálicos: 18 a·o

Notes


Text
  • *

    A edición de Nunes tentou nivelar metricamente esta cantiga, que presenta propositadamente unha combinación métrica comparábel á que achamos na cantiga 732, do mesmo trobador.

  • 6

    Obsérvese o erro interpretativo de Nunes, que o levou a converter o amigo encuberto no segundo verso do refrán (amig’a que o digades) nunha hipotética amiga. O refrán indica ben claramente a petición da amiga: que nunca el fale do seu amor con ningún amigo del, do mesmo modo que ela se compromete a non llo comunicar a ningunha amiga dela.

Search
    No results