1307 [= RM 67,5]
Pois vós, filha, queredes mui gran ben

Pois vós, filha, queredes mui gran ben
voss’amigo, mando-vo-l’ir veer,
pero fazede por mí ũa ren
que aja sempre que vos gradecer:
non vos entendan, per ren que seja,
que vos eu mand’ir u vos el veja.
Mando-vos eu ir a Far’un dia,
filha fremosa, fazer oraçon,
u fale vosco como soia
o voss’amig’, e, se Deus vos perdon,
non vos enten[dan, per ren que seja,
que vos eu mand’ir u vos el veja].
E, pois lhi vós [mui] gran ben queredes,
direi-vos, filha, como façades:
ide, vos mand’, e ve[e]-lo-edes;
mais, por quanto vós comig’amades,
non vos en[tendan, per ren que seja,
que vos eu mand’ir u vos el veja].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1291, V 896

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 448-449 [= LPGP 434]); Cohen (2003: 525); Littera (2016: I, 501-502).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 305); Braga (1878: 167); Machado & Machado (1958: VI, 13); García (2001: 54); Montero Santalha (2004); Vázquez García (2016: 168-169).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 122-123); Nunes (1959: 310-311); Oliveira & Machado (1959: 127-128); Álvarez Blázquez (1975: 149); Ferreira (1988: 92); Arias Freixedo (2003: 464-465).

Variantes manuscritas


3 fazede] façede V   8 fremosa] fremoso V; oraçon] oracō B   10 o] E B : e V; perdon] pardon B   13 gran] grã B   15 ide, vos mand’, e] Hydeuꝯ madre B : hi deuꝯ madre V

Variantes editoriais


12 eu] om. Nunes   15 ide, vos mand’, e ve[e]-lo-edes] irei convosqu’e vee-lo edes Nunes : ide vos a Far’ e ve-lo edes Cohen : ide-vos a Far'e vê-lo-edes Littera   16 por] per Littera; amades] andades Nunes   18 eu mand’ir] mand’ir Nunes : mand’eu ir Cohen

Paráfrase


(I) Pois vós, filla, moito amades o voso amigo, mándovolo ir ver, mais facede unha cousa por min, que teña sempre que vos agradecer: non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.

(II) Mándovos ir eu a Faro un día, filla fermosa, orar, onde o voso amigo fale convosco como adoitaba, e, así Deus vos perdoe, non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.

(III) E xa que vós tanto o amades, direivos, filla, o que faredes: ide, mándovolo (eu), e verédelo; mais, por todo o que eu e vós amamos, que non vos entendan, por cousa ningunha, que vos eu mando ir a onde vos el vexa.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10a 10b 9’C 9’C (I [= RM 99:35]) + 9’a 10b 9’a 10b 9’C 9’C (II [= RM 99:42]) + 9’a 9’b 9’a 9’b 9’C 9’C (III [= RM 99:45])

Encontros vocálicos: so·i·a

Notas


Texto
  • 5

    A unidade fraseolóxica per ren que seja ‘de ningunha maneira’ só aparece en Pero de Veer (1134.5), Joan Servando (1153.10) e Joan de Requeixo (tamén en 1308.16). Fóra da lírica profana non conseguimos localizar tal expresión.

  • 7

    Faro refírese á ermida de Santa María do Faro, en Chantada, Lugo.

  • 10

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85). Non por acaso, das case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 15

    Perante o erro dos manuscritos, a nosa emenda procura minimizar a intromisión no texto (madre > mand’e). Debe considerarse, ademais, a forma veer como bisilábica (cfr. ve-lo-edes en Cohen e Littera), como é habitual na lingua trobadoresca.

Procurar
    Não foram encontrados resultados