183 [= RM 125,36]
Pola verdade que digo, sennor

Pola verdade que digo, sennor,
me queren mal os máis dos que eu sei,
porque digo que sodes a mellor
dona do mund’; e verdade direi:
ja m’eles sempre mal poden querer
por aquesto; mais, enquant’eu viver,
nunca lles tal verdade negarei,
e, mia sennor, enquant’eu vivo for,
se non perder aqueste sén que ei,
mal pecado, de que non ei pavor
de o perder, e o non perderei,
ca perderia pe-lo sén perder
gran coita que me fazedes aver,
sennor fremosa, des que vos amei.
E, mia sen[n]or, quen vos nunca viu ten
que vos lo’eu por vos prazentear;
e Deus Sen[n]or non me dé [de] vós ben,
nen outro ben que me podia dar,
se vos lo’eu sobr’aquesto, sen[n]or;
mais, por quanto sodes vós a millor
dona do mund’, esto vos faz loar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manoscritti


A 93, B 197

A terceira estrofa só aparece copiada en B.

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 196-197); Blasco (1984: 117 [= LPGP 830]); Marcenaro (2012b: 192); Littera (2016: II, 347-348).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 84-85); Carter (2007 [1941]: 56-57); Marques Braga (1945: 179-180); Machado & Machado (1949: I, 321-322); Fernández Pousa (1953: 12); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 183).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 100-101).

Varianti manoscritte


2 me] mj B   4 direi] uos direi A   7 lles tal] lhis eu B   8 e] om. B   10 pecado] pccādo B   11 perder] nō ꝑder AB; e o non] e nō B   13 me] mj B   16 vos] uos B   17 vós] uꝯ B   19 lo’eu] loon B   20 quanto sodes vós] qᵉnto sodes uꝯ B

Varianti editoriali


Marcenaro e Littera son os únicos editores que non ligan sintáctica e conceptualmente as estrofas I e II.

2 dos] de Marcenaro   4 mund’] mundo Marcenaro   11 de o perder] de o non perder Michaëlis, Blasco, Marcenaro; e o non] e non’o Littera   14 vos] vus Michaëlis, Blasco   15 vos] vus Michaëlis, Blasco   16 vos] vus Michaëlis : v[u]s Blasco; lo’eu] loei Michaëlis, Marcenaro : louv’eu Littera; vos] vus Michaëlis, Blasco   17 Deus Sen[h]or] Deus, sen[h]or Blasco; dé [de] vós ben] [dê] de vos ben Michaëlis : dé v[osso] ben Blasco : dê vos[so] bem Littera   19 vos lo’eu] vus loei Michaëlis : vos loei Marcenaro : lôo ‘n Littera   21 vos] vus Michaëlis, Blasco

Parafrasi


(I) Pola verdade que digo, señora, me queren mal a maioría dos que eu coñezo: porque digo que sodes a mellor dona do mundo; e a verdade direi: xa me poden querer eles mal por isto, mais, mentres viva, nunca lles negarei tal verdade, (II) e (nunca a negarei), miña señora, mentres viva, se non perdo a cordura, que, infelizmente, non teño medo de a perder, e non a perderei, porque por perder a cordura perdería a gran coita que me facedes sufrir, fermosa señora, desde que vos amei.

(III) E, miña señora, aquel que nunca vos viu considera que vos louvo eu por vos lisonxear; e que Deus Señor non me conceda ben de vós, nin calquera outro ben que me podería dar, se vos louvo eu por isto, señora; antes ben, por canto vós sodes a mellor dona do mundo, por iso sodes louvada.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:20)

Note


Testo
  • 2

    O uso de os/as máis como sintagma indefinido cuantitativo é escaso no corpus, pois só se encontra, para alén deste contexto, noutras dúas cantigas:

    a todo escudeiro que pede don
    as máis das gentes lhe chaman «segrel» (971.21)

    e outra tal desonra recebeu
    dos máis que á no reino d’Aragon (1607.19).

  • 4

    A copia de B corrixe a hipermetría de A por mor da presenza no Cancioneiro de Ajuda do pronome na frase verdade vos direi, repetida en numerosos contextos ao longo do corpus.

  • 7-8

    A sintaxe do texto obriga á ligazón entre as estrofas I e II, xa que na segunda non existe ningún verbo que cumpra a función de verbo principal; deste modo, deberemos sobreentender o mesmo sintagma do v. 7 no inicio da estrofa segunda: ‘e (nunca a negarei), señora, mentres for vivo...’.

  • 11

    Tal como suxire Nobiling (2007 [1907b]: 193), a única posibilidade de que o verso teña sentido deriva da omisión de non (<> AB), mantido en todas as edicións agás en Littera (que realiza outra emenda), cuxa presenza debe ser produto dun lapso dos copistas, levados por non ei pavor no verso anterior. Por outra parte, a métrica confirma a necesidade de expunción, pois no moi frecuente encontro da preposición de co pronome o ou a é de regra a dialefa (con unha única excepción segura en 232.16). Ademais, algunha vez, existe diverxencia na transmisión dos manuscritos: A vs. B (198.r1, na estrofa I); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido: 801.13, 808.101144.8, 1229.18, 1261.15, 1492.9, 1495.15.

  • 16

    A voz prazentear ‘lisonxear’ só volve aparecer noutras dúas cantigas de Pero Garcia Burgales (ca non vos [vou] prazentear, 184.11; nen ar digo por vos prazentear, 194.25) e, como substantivo, en Martin Moxa (888.30).
    Neste verso, como no v. 19, aparece a crase lo’eu (= loo eu), emendada en loei tanto en Michaëlis como en Marcenaro.

  • 17

    A puntuación e a ausencia de maiúscula en Sen[h]or parece indicar na edición de Blasco que se refire á dona e non a Deus; o mesmo acontece na edición de Marcenaro, que acrecenta a tradución («signora»). Véxase nota a 259.17.
    Por outra parte, unha similar ausencia, por haploloxía, de de pode verse tamén en 19.3.

  • 19

    Michaëlis e Marcenaro emendan desnecesariamente a lección do manuscrito, mentres que Littera opta por unha lectura mecánica loo’n, que resulta moi forzada.

  • 20

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

Cerca
    Nessun risultato trovato