833 [= RM 120,39]
Por Deus, amig’, e que sera de mí

Por Deus, amig’, e que sera de mí,
pois me vós ides con el-rei morar?
A como me vós soedes tardar,
outro conselh’, amigo, non sei i
senon morrer, e pois non averei
a gran coita que ora por vós ei.
Ides-vos vós ora e tan grand’afan
leixades mí e[n]o meu coraçon
que mi non jaz i al se morte non,
ca bon conselho non sei i de pran
senon morrer, e pois non averei
a gran coita que ora por vós ei.
Pois me vos ides, vedes que sera,
meu amigo, des que vos eu non vir:
os meus olhos non poderán dormir
nen ben deste mundo non mi valra
senon morrer, [e pois non averei
a gran coita que ora por vos ei].
Aquesta ida tan sen meu prazer,
por Deus, amigo, sera quando for;
mais, pois vos ides, amig’e senhor,
non vos poss’eu outra guerra fazer
senon [morrer, e pois non averei
a gran coita que ora por vós ei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 836, V 422

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 221-222); Panunzio (1992 [1967]: 71-72 [= LPGP 784]); Cohen (2003: 295); Littera (2016: II, 284).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 158-159); Braga (1878: 80); Machado & Machado (1953: IV, 150-151); Fernández Pousa (1956: 806-807); Juárez Blanquer (1988: 75-76).
III. Antoloxías: Sansone (1990: 152); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 95); Arias Freixedo (2003: 709-710).

Variantes manuscritas


5 morrer] moirer B   7 afan] affamj B   8 e[n]o meu] comeu BV; coraçon] coracon B   9 jaz] iam V   10 conselho] o sselho V   11 morrer] moirer B   15-16 versos invertidos en B   16 valra] ualira B   17 morrer] moirer B   22 guerra] gueira B   23 senon] Seno B

Variantes editoriales


7 vos] vus Panunzio; afan] afã Littera   8 e[n]o] co[n o] Panunzio : com o Littera   13 vos] vus Panunzio   14 vos] vus Panunzio   15 olhos] olhus Panunzio; poderán] poderam Nunes, Panunzio   20 por] per Panunzio   21 vos] vus Panunzio   22 vos] vus Panunzio

Paráfrasis


(I) Por Deus, amigo, e que será de min, xa que co rei vos ides vivir? Conforme adoitades tardarme, non encontro outro remedio, amigo, senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(II) Ídesvos agora e tan grande afán me deixades no meu corazón que non hai outra saída para min agás a morte, porque non coñezo, en verdade, un bo remedio para iso senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(III) Xa que vos ides, vede o que pasará, meu amigo, desde que vos eu non vir: os meus ollos non poderán durmir nin ben ningún deste mundo me axudará senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

(IV) Esta partida tan contra a miña vontade, meu amigo, será cando for; mais, xa que vos ides, amigo e señor, eu non podo facer outra cousa contra vós senón morrer, e despois non terei a gran coita que agora por vós teño.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:199)

Encontros vocálicos: 7 orae

Notas


Texto
  • 8

    Perante o erro na lección dos manuscritos, parece máis económica e acaída a emenda de Nunes, que contempla a presenza da forma pronominal tónica funcionando como CD sen preposición, un uso do pronome que, por outra parte, é bastante frecuente na lírica trobadoresca: ‘Ídesvos agora e deixádesme tan grande afán no meu corazón que non me vén outra cousa máis ca morte’. Neste sentido, a proposta de Monteagudo (2019: 1113) é máis intrusiva: «Unha posibilidade alternativa sería emendar a lectura do treito, corrixindo <tã> para <cõ> e <co meu> para <e o meu>, e así quedaría: “Ídesvos ora e con grand’afan / leixades mí e o meu coraçon”» (Monteagudo 2019: 113).

  • 21

    O sintagma amig’e senhor, dirixido ao amigo, só volve aparecer nunha cantiga de Estevan Faian (400.6). Cfr., tamén, senhor e amigo nunha composición de Joan Garcia de Guilhade (1521.6).

Buscar
    Sin resultados