1274 [= RM 51,6]
Por Deus, amiga, que pode seer

– Por Deus, amiga, que pode seer
de voss’amigo, que morre d’amor
e de morrer á ja mui gran sabor,
pois que non pode vosso ben aver?
– Non o avera enquant’eu viver,
ca ja lhi diss’eu que se partiss’én
e, se á coita, que a sofra ben.
– Tenh’eu, amiga, que prol non vos á
d’o voss’amigo ja morrer assi,
ante tenho que o perdedes i
se per ventura vosso ben non á.
– Par Deus, amiga, non o avera,
ca ja lhi diss’eu que se [partiss’én
e, se á coita, que a sofra ben].
– Ben sodes desmesurada molher
se voss’amor non pod’aver de pran,
e ben sei que por mal vo-lo terran,
amiga, se vosso ben non ouver.
– Nunca o avera, se Deus quiser,
ca ja lhi diss’eu [que se partiss’én
e, se á coita, que a sofra ben].
– Par Deus, amiga, mui guisado ten
de sofrer coita, ou quer morrer por én.
– Se morrer, moira, ca non dou eu ren
d’assi morrer, ante mi praz muit’én.
– Por ess’, amiga, venha mal a quen
vos amar, pois tal preito per vós ven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 

Manuscritos


B 1258, V 863

En B as tres fiindas foron numeradas por Angelo Colocci.

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 424-425 [= LPGP 342]); Cohen (2003: 492); Littera (2016: I, 385-386).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 295-296); Braga (1878: 162); Machado & Machado (1956: V, 371-372).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 71-72); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 69).

Variantes manuscritas


2 voss’amigo, que morre] nossamigo q̅ moire B   3 morrer] moirer B; gran] grã B   5 avera] aura V   6 ca] ea V   9 morrer] moirer B   10 perdedes] perdes V   11 ventura] ueueta B   12 Deus] des V; avera] aũya V   13 diss’eu] disseron B : disƥon V   15 desmesurada] desmesurata V   16 pran] prã B   17 terran] teirā B   19 o] uꝯ B; Deus] des V   20 diss’eu] disseron B : disƥon V   22 Deus] des V   23 ou quer] pouq̄r BV; morrer] moirer B   24 morrer] moirer B   25 (Ant e mi praz muytē) / Dassy moirer / Ante mi praz muyt ē B

Variantes editoriales


5 Non o avera enquant’eu viver] Non o averá †en quant’ eu viver† Cohen   9 d’o] de Nunes : do Cohen, Littera   23 coita, ou quer] coit’e quer Nunes : coita, e quer Cohen, Littera

Paráfrasis


(I) –Por Deus, amiga, que vai ser do voso amigo, que de amor morre e de morrer ten gran desexo, porque non pode conseguir o voso ben?
–Non o terá mentres eu viva, pois xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben. 

(II) –Paréceme, amiga, que non é de proveito para vós que morra así o voso amigo, antes coido que o perdedes aí se por ventura non recibe o voso ben. 
–Por Deus, amiga, non o terá, pois xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben.

(III) –Sodes muller sen mesura se non pode ter o voso amor, abofé, e ben sei que volo considerarán un erro, amiga, se non ten o voso ben. 
–Nunca o terá, se Deus quixer, pois xa lle dixen que se esquecese diso, e, se ten coita, que a sufra ben.

(1) –Por Deus, amiga, ben disposto está a sufrir coita, ou (se non) morrer por iso. 

(2) –Se morre, que morra, que non dou eu nada por (el) morrer así, antes me prace moito iso.

(3) –Por iso, amiga, mal lle veña a quen vos amar, pois así son as cousas convosco.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:3) + 3 x 10c 10c

Encontros vocálicos: 23 coitaou

Notas


Texto
  • 5

    Cohen considera erradamente que a rima -er [er] de viver (futuro de subxuntivo) cos infinitivos seer (v. 1) e aver (v. 4) é anómala por supor que a vogal do futuro de subxuntivo nos verbos regulares tamén é aberta (ɛr), como acontece nos verbos irregulares (véxase tamén 798.13 e 820.13).

  • 6

    Nótese a rara variante disse para a P1 do pretérito de indicativo de dizer, en face da forma común dixe ~ dixi.

  • 9

    Para alén do errado de de Nunes (coa supresión do artigo), non parece axeitada a forma gráfica do que Cohen e Littera fornecen para o encontro entre a preposición de e o artigo do sintagma que constitúe o suxeito (o voss’amigo) debido ao hipérbato («Tenh’eu, amiga, que prol non vos á / de ja morrer assi o voss’amigo»), que aconsella unha grafía d’o.

  • 13

    Nesta ocorrencia do refrán, así como no v. 20, percíbese o obvio erro de BV coa forma disseron a substituír a lección correcta diss’eu, xa estabelecida na primeira estrofa.

  • 23

    En face da consideración dun erro *<pou>/<e>, xulgamos que do punto de vista paleográfico é moito máis factíbel o erro <pou>/<ou>, que tamén condí co sentido da pasaxe: ‘Por Deus, amiga, moi apropiado considera sofrer coita, ou (senón) quere morrer por ela’.

Buscar
    Sin resultados