737 [= Tav 36,3]
Por Deus, amiga, que preguntedes

Por Deus, amiga, que preguntedes
por meu amigo que aqui non ven,
e sempre vos eu por én querrei ben,
par Deus, amiga, se o fazedes,
ca non ous’oj’eu por el preguntar
con medo de mi dizeren pesar.
Log’oj’, amiga, polo meu amor
preguntad’os que aqui chegaron
com’ou de qual guisa o leixaron,
e dizede-mi-o, por Nostro Senhor,
ca non [ous’oj’eu por el preguntar
con medo de mi dizeren pesar].
Preguntade vó-lo voss’amigo,
ca sei eu mui ben ca vo-lo dira,
se era mort’ou viv’o[u] que fara,
e, [por Deus], falade-o comigo,
ca non ous’o[j’eu por el preguntar
con medo de mi dizeren pesar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 722, V 323

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 143 [= LPGP 274]); Cohen (2003: 209); Littera (2016: I, 291).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 128); Braga (1878: 62); Machado & Machado (1953: IV, 18).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 36); Cidade (1941: 52-53).

Varianti manoscritte


3 querrei] queirey B   9 qual] q̄l V   14 eu] en V

Varianti editoriali


4 par Deus] por Deus Nunes, Cohen, Littera   7 Log’oj, amiga] Logo já, ‘miga Nunes   16 e, [por Deus], falade-o comigo] e falade-o, [amiga], comigo Nunes

Parafrasi


(I) Por Deus, amiga, (pídovos) que preguntedes por meu amigo que non vén aquí, e sempre eu vos quererei moito por iso, por Deus, amiga, se o facedes, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.

(II) Amiga, polo meu amor, preguntade logo hoxe aos que aquí chegaron, como ou en que situación o deixaron, e dicídemo, por Noso Señor, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.

(III) Preguntade vós ao voso amigo, que sei eu moi ben que volo dirá, se estaba morto ou vivo ou que vai facer, e por Deus, faládeo comigo, pois eu hoxe non ouso preguntar por el co medo a que me digan más novas.

Metrica


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I, III [= Tav 160:287]) + 10a 9’b 9’b 10a 10C 10C (II [= Tav 160:282])

Encontros vocálicos: 10 -mi͜-o

Note


Testo
  • 1-4

    A concorrencia das variantes preposicionais por e par no sintagma par Deus ~ por Deus reflíctese con clareza nestes versos, coa aparición de Por Deus no v. 1 en face de par Deus no v. 4. Esta diverxencia foi anulada nas edicións precedentes, que estabelecen por Deus en ambos os versos.

  • 16

    Cohen reintegra, con xusteza, a expresión por Deus para completar a medida decasilábica. Así, o verso mostra unha expresión paralela nos simétricos vv. 1 e 4 (por ~ par Deus) e mais 10 (por Nostro Senhor).

Cerca
    Nessun risultato trovato