614 [= Tav 25,82]
Por Deus, punhade de veerdes meu

Por Deus, punhade de veerdes meu
amig’, amiga, que aqui chegou,
e dizede-lhi, pero me foi greu
o que m’el ja muitas vezes rogou,
que lhi faria end’eu o prazer,
mais tolhe-m’ende mia madr’o poder.
De o veerdes, gradecer-vo-lo-ei,
ca sabedes quant’á que me serviu,
e dizede-lhi, pero lh’estranhei
o que m’el rogou cada que me vio,
que lhi faria end’eu o prazer,
[mais tolhe-m’ende mia madr’o poder].
De o veerdes, gran prazer ei i,
pois do meu ben desasperad’está;
por end’, amiga, dizede-lh’assi:
que o que m’el per vezes rogou ja,
que lhi faria end’eu o prazer,
[mais tolhe-m’ende mia madr’o poder].
E por aquesto non ei eu poder
de fazer a min nen a el prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 597, V 200

Edições


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 95-96 [= LPGP 214-215]); Nunes (1973 [1928]: 48-49); Cohen (2003: 634); Littera (2016: I, 238-239).
II. Outras edicións: Moura (1847: 185-186); Monaci (1875: 78-79); Braga (1878: 40); Machado & Machado (1952: III, 233-234); Júdice (1997: 52); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscritas


2 aqui chegou] aqui (q) chegou B   5 faria] fīa BV; end’] and B   9 lh’estranhei] lestranhei B   10 vio] ueio BV   13 gran] g̃ra B   16 rogou] rogu V

Variantes editoriais


10 vio] viu Lang, Nunes, Cohen, Littera   15 lh’] lhi Lang, Nunes

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C + 10c 10c (= Tav 99:6)

Encontros vocálicos: 7 -lo-‿ei; 10 vi͜o

Notas


Texto
  • 3

    Nótese a presenza do provenzalismo greu, que coa forma xeral grave concorre na lingua trobadoresca, sempre en posición de rima.

  • 3-7

    Nunes propón unha edición para este período que supón unha diferente interpretación, pois isola sintacticamente unha cláusula pero me foi greu (e pero lh’estranhei), feito que dificulta a semántica:
              e dizede-lhi, pero me foi greu,
              o que m’el já muitas vezes rogou:
              que lhi faria end’eu o prazer,
              mais tolhe-m’ende mia madr’o poder.

  • 9-12

    Nesta estrofa Nunes volve isolar coa puntuación pero lh’estranhei no v. 9, en paralelo á proposta editorial para os vv. 3-4:
              e dizede-lhi, pero lh’estranhei,
              o que m’el rogou cada que me viu:
              que lhi faria end’eu o prazer,
              [mais tolhe-m’ende mia madr’o poder].

  • 10

    A rima obriga á emenda vio sobre a lección errada de BV, neste caso coa desinencia gráfica -io da P3 de pretérito de terceira conxugación. A representación gráfica da desinencia da P3 de pretérito indicativo dos verbos da terceira conxugación oscila entre a esmagadoramente maioritaria -iu e a esporádica -io, mostra dunha vacilación inicial que aínda se conserva nalgúns territorios galegos. Cfr. nota a 302.14. De calquera xeito, ambas as representacións implican unha mesma realidade fonolóxica e métrica, como mostran os casos de rimas entre -io e -iu (véxase, por exemplo, 614.1-8), ou aqueloutras situacións en que se produce variación desta desinencia en estruturas paralelísticas (véxase 583.8) ou no refrán (véxanse 592.r1, 1336.r, 1361.r2-r3).

Procurar
    Não foram encontrados resultados