1259 [= RM 95,10]
Por Deus, que vos non pes

Por Deus, que vos non pes,
mia madr’e mia senhor,
d’ir a San Salvador,
ca, se oje i van tres
fremosas, eu serei
a ũa, ben o sei.
Por fazer oraçon
quer’oj’eu ala ir,
e, por vos non mentir,
se oj’i duas son
fremosas, eu serei
a ũa, ben o sei.
I é meu amig’, ai
madr’, e i-lo-ei veer
por lhi fazer prazer!
Se oj’i ũa vai
fremosa, eu serei
a ũa, ben o sei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 1243, V 848

A estrofa III só foi copiada no Cancioneiro da Vaticana.

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 413-414 [= LPGP 635-636]); Fernández Graña (1994: 84); Fernández Graña (1998: 255); Cohen (2003: 478); Littera (2016: II, 110).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 291-292); Braga (1878: 160); Machado & Machado (1956: V, 357-358); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 70-71); Celeiro Álvarez (2021:105).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 87-88); Nemésio (1961 [1949]: 159); Álvarez Blázquez (1975: 73); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 168).

Variants manuscrites


5 fremosas] fremosa B   7 oraçon] orazō V   17 fremosa] fremosas V

Variants editorials


4 oje i] oj’i Nunes

Paràfrasi


(I) Por Deus, que vos non pese, miña nai e miña señora, ir eu a San Salvador, porque, se hoxe alí van tres fermosas, eu serei a primeira (en beleza), ben o sei.

(II) Para facer oración quero ir eu hoxe alá, e, con certeza, se hoxe alí hai dúas fermosas, eu serei a primeira (en beleza), ben o sei.

(III) Alí está o meu amigo, ai madre, e ireino ver por lle facer pracer! Se hoxe alí vai unha fermosa, eu serei a primeira (en beleza), ben o sei.

Mètrica


Esquema métrico: 6a 6b 6b 6a 6C 6C (= RM 160:466)

Encontros vocálicos: 4 ojei; 14 -lo͜-ei

Notes


Text
  • 3

    San Salvador de Valongo talvez se refira a unha ermida do lugar de Valongo, na parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima tamén á igrexa de San Salvador da Lama, en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).

  • 6

    Obsérvese que o determinante no insólito sintagma a ũa fai con que ũa adquiva o valor de ‘primeira’ (a primeira en fermosura das tres amigas).

  • 9

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. Véxase nota a 25.19, 92.6, 113.16.

  • 13

    É sen dúbida inusual o emprego do adverbio i en posición inicial absoluta, con poucas mostras no corpus, onde achamos algúns contextos en que o adverbio ocupa a posición inicial de estrofa1 :

    I logo, senhor, que vos vi,
    vi eu que fazia mal sén
    d’ir osmar de vos querer ben (905.1).

    ​​​​​​I vai o meu amigo,
    ​​​​​​quer-me levar consigo (1163.13).

    I vai o meu amado,
    ​​​​​​quer-me levar de grado (1163.16).

    Neste sentido, ao longo da produción medieval pódese certificar a presenza de i nunha posición moi similar; por exemplo, na Estória do Santo Graal:

    Eu me irei e te deixarei nesta pena. I morrerás de fame e de lazeira (Miranda 2016: 220).

  • 17

    Non obstante a lección de V (fremosas), debe emendarse o texto, atendendo á sintaxe e ao sentido (I [tres] fremosas; II [duas] fremosas; III [ũa] fremosa), –o que implica a existencia de variatio no refrán–, tal como acontece nalgunha outra composición, como, por exemplo, as cantigas 1290 ou 1539.

  1. ^

    En posición inicial de verso, tras pausa forte, tamén existen algúns usos: ... direi-vos ũa ren: / i me faredes aquel maior ben / daqueste mund’e que máis desejei / des que vos vi (260.15); de pran Deus lhi mostrou aquel logar: / i pode ben remiir seu pecado (1643.14).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat